|
O Salón de Ámbito Cultural de El Corte Inglés de
Santiago acolleu a presentación de “Artesáns da Pesca”, grupo de
dezaseis montadores de moscas e productores de artigos e
complementos de pesca.
Por iniciativa do Grupo MiguelPesca, estes artistas do torno, da
creación e da montaxe de todo tipo de complementos de pesca acadaron
a CARTA DE ARTESÁN da XUNTA DE GALICIA e quedaron inscritos no
Rexistro Xeral de Artesáns da administración autonómica.
En representación do Presidente da Xunta de Galicia, entregaron as
“Cartas de Artesán” a Directora Xeral de Comercio, Dª Nava Castro,O Director Xeral de Conservación da
Natureza, D. Ricardo García-Borregón Millán e a Xerente da Fundación
Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Dª Elena Fabeiro.
Asistíu, así mesmo, o Presidente da Asociación Galega de Artesáns
Tradicionais, D. Albino Quinteiro, que foi un dos impulsores e verdadeiro
artífice do proceso.
O
acto foi presentado polo Director de Relacións Externas de El Corte
Inglés, José Manuel Blanco
que deu paso a que Miguel Piñeiro fixese un percorrido pola memoria
que os artesáns presentaron á Comisión Galega de Artesanía.
Os Artesáns que recibiron as credenciais son:
|
JULIO SEIJAS
ANDRÉS TOUCEDA
OSCAR GAYOSO
SUSO VILAR
FERNANDO COMBA
FRANCISCO PORTO
XAQUÍN L. MUÍÑOS
MIGUEL SEOANE
JORGE RODRÍGUEZ MADERAL
MANUEL GARCIA
ELOY SAAVEDRA
NOELIA GAYOSO
LUIS PIÑEIRO
ALBERTO MERA
JOSE MANUEL BALDONEDO
JUAN JOSE GAYOSO |
PRINCIPIOS E OBXECTIVOS de “ARTESÁNS”:
- Divulgar a artesanía da montaxe fóra de Galicia
- A defensa do mundo da pesca como actividade lúdico-deportiva
- A dignificación e potenciación da montaxe artesanal de moscas,
señuelos e complementos de pesca
- A organización e desenvolvemento de cursos de montaxe em
colaboración côa Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con
- A dinamización do sector da montaxe e da creación
- A defensa do producto autóctono fronte as intromisións de mercados
foráneos
- Estipular un código profesional para a comercialización de
complementos de pesca
O grupo de artesáns estará dirixido por un Comité Directivo que
estará coordinado por Julio Seijas. A función de
Secretario-Tesoureiro correrá a cargo de Eloi Saavedra. As vocalías
son para os restantes integrantes do grupo.
Ademáis quedou constituida a Comisión de Admisión que deberá
analizar e estudiar as novas altas e incorporacións que previamemte
deberán realizar un curso na Estación de Hidrobioloxía Encoro do
Con.
A Comisión de Admisión está formada por Fernando
Cobo (Coordinador), Alberto Mera, Fernando Comba e Xaquín L. Muíños. |