De pesca nas illas afortunadas
Por Eloi Saavedra

A miña parella e mais eu viaxamos en compaña de outros dous amigos á zona de Playa Blanca, no Sur da illa de Lanzarote.
Se ben era en principio unha viaxe de descanso, organizada a medida das mozas, era máis que evidente que tanto Jose coma eu, tiñamos en mente algo mais que descanso, vulcanismo e praia.
No meu caso xa estivera hai anos en Gran Canaria, e tiña unha idea bastante cabal do que a pesca de mar no litoral canario podía ofrecernos.
Desta maneira as equipaxes, a diferenza dos das rapazas, estaban mais cargados de trebellos de pesca e de ilusións que de roupa.
Concretamente ámbo-los dous embarcamos equipos de mosca de artillería pesada, con canas #10 e carretes con abundante backing.
No caso das moscas levabamos unha mostra das moscas coas que habitualmente pescamos en Galicia, pero tamén grandes moscas para enfrontar os carángidos varios e pequenos túnidos tan abondosos naquelas latitudes.
O caso foi que iamos un pouco á aventura. Non fixemos reserva de ningún tipo en canto a embarcación e no caso de terra levabamos un pouco mais currada a información, pero sen excesos.
O primeiro obxectivo foi a pesca dende terra.
Desbotado o tema da pesca desde peirao, que en Canarias está estrictamente prohibida (en canto montedes a cana xa teredes un vixiante coa libreta sancionadora á man), había que empezar a explorar os arredores da zona turística.
Desta maneira procedimos a madrugar o segundo día da estancia, co gallo de prospectar os arredores do hotel, nos que había unha serie de estruturas artificiais (rompeolas) nas que era posible practicar a pesca a mosca a primeira hora da mañá antes da chegada dos bañistas.
Chegamos ás 7:00 h, aínda de noite. En principio non parecía haber movemento, pero en canto apareceu a primeira luz, uffff... carreiras e peixe pequeño a brincos por todos os lados.
Para tolear. En poucas ocasións vin cousa tal na costa galega. O caso foi que o intentamos todo: poppers (evidentemente), slidders, gurgles... e nada ¡Nin caso!. Algunha persecución, pero non conseguiamos ver a cara dos grandotes. En cambio os pequenos munxes facían delfineadas sen fin.
Logo do fracaso do primeiro día e como bos galegos (turróns por suposto) voltamos ao día seguinte. O espectáculo, se ben menos escandaloso que o día anterior, tal cual, show must go on. Carreiras, saltos, pero ningunha picada…
Pola cabeciña tamén pasou o intento na Graciosa, pero no día que pasamos na illa as condicións meteorolóxicas non eran as mais adecuadas.para a pesca a mosca.
Ondas duns 3 m. e vento de NE forza 6, fixéronnos desistir. A travesía desde Orzola a Caleta del Sebo foi movidiña e confirmounos que a opción de coñecer o pobo e o sur da illa sería o mais acertado. Nada de pesca nun dos destinos míticos da pesca en España. As cousas son así.
Mosqueiros galegos 0, carángidos canarios 2. Tocaba cambiar de tornas.
Así, asesorándonos na illa decidimos que era hora de darlle paso aos túnidos. Non viaxaramos dúas horas en avión para quedarnos sen carreiras no blue water.
E na illa todo o mundo coincidía en que a xente mais profesional era Tino García e o equipo do Mizu.
O Mizu é un braco de pesca de altura de 17 metros de eslora, totalmente equipado para a pesca de altura. Ten base en Puerto Calero, unha das mariñas do sur da illa.
O seu patrón , Tino, aparte de ser un tipo simpático e boa xente, é dos poucos canarios que levan en activo como skipper de pesca de altura mais de vinte anos.
E ese caudal de coñecemento o aplica cada día igual que o seu segundo de a bordo, Mariano.
Boa mostra foi a xornada que compartimos con eles.
Tino xa nos comentara que pola escasa temperatura das augas (21-22º C) a pesca grande non estaba arrimando á terra. De feito, él que era un dos gañadores habituais do campionato de Marina Rubicón, este ano non participaba neste torneo pola comentada falla de peixes. Durante a nosa singladura poidemos ver como os participantes neste torneo corrían como tolos cara ao norte da illa na busca dalgún dos escasos exemplares presentes, que posiblemente darían o triunfo no torneo deste ano.
Así pois, e aínda facendo unha cacea no camiño cara os caladoiros do Papagayo, que nunca se sabe, estivemos de acordo con Tino que o mellor sería adicar esforzos e tempo ós listados (Katsuwonus Pelamis) e ós medregales (Seriola Dumerilli).
Chegando ao caladoiro e fondeados en 25 m. puidemos comprobar que o mar que había era mais do que parecía e que intentar a pesca a mosca dende a proa non era nada doado. De feito Jose, que ten a cadeira danada, non foi capaz de estar en pé na mesma. Eu fun mais turrón e aguantei unha media hora pero sen resultados.
O resto da xente quedou na bañeira de popa intentando conseguir cebo vivo para a pesca grande.
Pili foi a primeira en puntuar e rápidamente as mans expertas de Mariano anzolaron o peixiño (unha chepa) nun gran anzol que foi soltado á rosa e asegurado na superficie cun globo de látex.
Pouco tempo despois o globo empezou a moverse e Mariano cravou a peza cun xesto enérxico e rápido.
A cana, por orde de sorteo, foi adxudicada a un dos ingleses. A loita foi importante e a decir de Tino, posiblemente se tratara dunha mantaraia. A impericia do pescador fixo que o peixe encontrara acobillo no fondo. Pouco mais tarde fixemos manobra para ceibar o peixe do enrronche. No medio da mesma, novo erro do pescador, que non recupera a tempo sedal, e o enrronche foi definitivo. Mala sorte.
Pouco despois, e cun novo peixe vivo, entra outro peixe. E o turno de María, que cede o equipo a Jose. A cousa non é de broma. Parece que hai un pucho no outro extremo da liña. Non obstante e a pesar dos problemas, Jose templa e manda, e o peixe en poucos minutos aboia ao costado do barco. Un certeiro gancheado de Mariano e para a bañeira. Ledicia xeral pola captura e mais cando lle digo ao pescador que parte da pelexa foi inmortalizada en video.
O medregal pesou uns 25 kg e case era tan grande como o sorriso de Jose cando se fotografou con el.
Pouco despois tamén foi collida unha chova (Pomatomus saltatrix), novamente a cebo, iso si, bastante mais pequena, uns 6-7 kg.
Un rato mais tarde e ante a ausencia de mais picadas, retornamos a porto logo de ir dando conta dun xantar que me soubo a gloria logo das emocións vividas. Polo estado do mar somente xantamos a tripulación e máis eu. O resto da pasaxe tiña as mollejas demasiado movidas polo estado do mar.
A verdade que foi un luxo pescar coa xente do Mizu e agardamos voltar canto antes para saldar a conta pendente cos listados.
Aparte da pesca en si, en Lanzarote podedes matar o tempo contemplando a fauna mariña. Concretamente estivemos buceando tanto nas praias mais cercanas ao hotel como nas do Papagayo.
Estas últimas quizais por estar dentro dun parque teñen unha poboación de peixes variada e abondosa. Aquí podedes ver fotos subacuáticas dos seus habitantes, entre os que se contan varios peixes tropicais moi vistosos como o peixe verde (thalasoma pavo).
A Tino García podedes atopalo:
Tlfo: 00 34 636474000
tinogarcia@lanzarotefishingclub.net