TROITAS 2012

Juan J. MORALEJO
Licenciado en Truchología, Universidad del Deva
Doctorado en Reología, Universidad del Tambre
Académico Correspondiente de la
Real Academia de Truchografía y Reoscopia de Leningrado
Medalla de Paciencia y Cero de Honor
en Teoría Básica del Salmón

Aí vos vai a miña felicitación de Troitas 2012. E tampouco non sobra que a felicitación sexa Reos 2012. E diredes ¿e por qué non Salmón 2012? Pois ¡veña, tamén Salmón 2012!, inda que, para min e para moitos mais, o salmón é cousa do que Karina chamaba “el baúl de los recuerdos”, ou de Harry Potter, Indiana Jones, Matrix...
Pero, aínda así, a miña felicitación de pescador a pescador para o 2012 vai ser que o salmón, o rei salmón, vai romper as previsións e as estadísticas mais optimistas e os plans de recuperación vanse lucir a esgalla. Esto non é un presentimento nin un desexo, é anuncio de cousa certa e, cando falo de que desexo salmóns no río, falo tamén de que non quero abrir nin a man nin os cupos, porque a riqueza ten que estar onde ten que estar. No salmón e nas outras especies a pesca sen morte e urxencia sen volta atrás, pero tamén sen talibáns...
Tivemos un 2011 facareño de mais, de moita seca, de cabróns e cabritos químicos, físicos e mediopensionistas a eito. Tamén no meu TRoitas e REOS 2012 quixera ser profeta na melloría total do clima, das chuvias.... e, sobre todo, na total extinción de cabróns e cabritos: quixera ser profeta en que as actividades industriais, gandeiras, etc. de todo tipo van ter conciencia da riqueza que están obrigadas a respeitar. E sobre todo quero desexar a todos os peixes, a todos os ríos, a todos os pescadores que sentencias como a recente da Fervenza do Xallas sexan un precedente, que moi millorado na contía das sancións e indemnizacións, abra época do que lle pode cair enrriba ás actividades que non queiran ter conciencia da riqueza que están obrigadas a respeitar.
E remato co máis importante: non é que pesques moito, con ou sen morte, senón que pesques con amigos, facendo amigos... O peor capote que podes facer é non ter amigos no río e nas canas. Se ademais tes inimigos, xa me dirás qué carallo pintas no río...

volver al índice del doctor