OUTRA VEZ NUNCA MÁIS

Por Senén Campos Maceiras, armeiro

Aló prenden lume
os galegos cativos
os de miolos  primitivos
algún que de apagalo presume.

Aló prenden lume
os que asasinan os nosos montes
os que secan as nosas fontes
os que enchen as paisaxes de fume.

E a nosa terra queda sen vida
desparece o verdor
Galicia queda sin côr
e ábrese na xente unha ferida.

Todo o outarelo que se queimou
acabou cas ilusions de moitos galegos
e deixou a alguns políticos cegos
porque dixeron que a seca e o vento os amolou.

Nin Fraga antes... nin agora Quintana nin Touriño
foron capaces de parar este lumeiro
que sempre queima o monte galego enteiro
matando as lapas tamén a algún veciño.

Nin con cen... nin con dezmil bombeiros
nin cos discursos dos paliqueiros
o lume apágase limpando montes e outeiros
e encadeando os pirómanos louqueiros.

O chapapote foi primeiro
e despois viñeron moitas promesas de mellora
e resulta que cun novo goberno agora
aparece o lume coordinado con chisqueiro.

Da Mancha foi Don Quixote
e a brétema escura que se mirou en Galicia
é dos manda-máis... donos da avaricia
que nos afrontan decote.

Nunca máis estos acontecementos
nunca máis Galicia a chorar
todos os galegos xuntos a berrar
adiante dos fachendosos e noxentos.

Estamos a matar a natureza
polo desprezo e o abandono
parecera que ningunha chaira tivera dono
ou que a ninguén lle importase que faleza.

Que queda da terra a que cantaba Rosalía
que queda da  sua romántica poesía
que queda daqueles rios e daquelas fontes daquel día
senón... penas... tristuras... e agonía.

Os rumorosos xa non din nada
na costa berdecente
e o raio xa non é transparente
no prácido luar da terra chamuscada.

MAIS NON NOS ASOBALLARÁN
GRORIOSA NAZÓN DE BREOGÁN

volver a índice de colaboraciones