TRUEIRO V ANO, "LOS SALMONES DEL ULLA" E COUSAS DA MOSCA

Trueiro, 5º Ano.
Tiña que ser precisamente na véspera do arranque da temporada troiteira, cando a Dirección do Xornal de Pesca Deportiva Trueiro congregase a máis de cen persoas no Salón de Ámbito Cultural de El Corte Inglés de Santiago, arredor dunha data e dunha significación: Trueiro entra no seu quinto ano de vida.
Todos saben, e en especial os profesionais do xornalismo e a comunicación, das profundas dificultades que ten o sector pola situación económica global.
Isto non é un condicionante para Trueiro, máis ben é un acicate, un revulsivo, un punto de inflexión.
Trueiro mete sacadeira ao seu primeiro quinquenio e o fai con novas ideas e con novos proxectos que foron presentados neste acto, xunto co documental "Los salmones del Ulla" e o libro "Cousas  mosca. Dicionario do mosqueiro".

INTERVENCIÓN DE ALBERTO TORRES
Trueiro, 5º Aniversario
Boas tardes a todos e graciñas por acompañarnos neste acto.
A pesar de que todos sabedes qué é Trueiro, hoxe debo dar explicacións.
Trueiro foi e é unha necesidade. Naceu nunhas circunstancias especiais, publícase baixo circunstancias concretas e suxeitas a mercado, e ten o mesmo futuro que o sector, se isto non cambia Trueiro irase a pique como vai a pesca continental en Galicia desde hai vinte anos, e por extensión, como van as firmas comerciais galegas do sector.
Ainda así, paradoxalmente, o presente non pode ser mellor. Entramos no quinto ano e iso xa é de por si un motivo de fonda satisfacción.
Trueiro naceu como unha necesidade. Os pescadores galegos acababamos de sufrir a maior agresión da historia recente, a infamia do Xallas, e a prensa xeralista non foi quen de pór en valor ao colectivo de pescadores e trasladar a nosa indignación á opinión pública.
En menos de dous meses realizamos as tramitacións oportunas e metemos en rotativa o primeiro número.
Fixémo-la presentación do xornal na Coruña con asistencia de numerosas sociedades e clubes de pesca, pescadores, xornalistas e amigos.
Os 15 números, xa 16 co que acabamos de publicar este mes, son obra dun esforzo común, dunha ilusión, dun compromiso.
Un compromiso coa pesca, cos pescadores e co sector, que tivo un alto prezo. Pedro Romarís sendo presidente da Federación Galega nos denunciou por inxurias. O custe económico desa denuncia e da apelación foi pagada con fondos da propia FGP mentres que nós tivemos que facer fronte aos nosos gastos do peto propio. A sentenza do Xulgado de Primeira Instancia de Lugo foi absolutoria para nós e a apelación posterior do ente federativo á Audiencia Provincial foi igualmente desestimada.
Pero lonxe de asumir a crítica, á saída do Xulgado, os directivos de Romarís increparon e insultaron a un profesional de Trueiro que estaba cumprindo co seu traballo.
E, claro, acabaron como acabaron…
Non foron capaces de teimar da presión xornalística e acabaron cedendo o mando a outra directiva, pero fiéis ao seu estilo, fixérono a través dun pucheirazo impresentable e dun proceso indigno e indignante. Pecharon un colexio electoral antes de tempo e foron de viños…
As agresións sufridas polos ríos galegos son obxecto dunha atención especial en Trueiro. Os vertidos sempre están presentes no xornal. É un dos obxectivos que nos marcamos.
Trueiro presume de ter unhas páxinas de opinión de auténtico luxo.
Moralejo, Cobo, Casal, España… e outros menos habituais coma Delibes e Pérez Henares.
Ademáis, organizamos a Xornada e Foro de Debate de Padrón e Rois. As circunstancias económicas actuais obrigan a deixalas en stand by, pero agardamos volver a realizalas dado o éxito de público na convocatoria.
Trueiro estivo presente co seu stand en numerosas feiras e eventos, entre os que destacamos a Feira Sidenatur, Expordes, a Feira do Salmón da Estrada, o Concurso de Montaxe e outros actos de El Corte Inglés e nunca falla a outras exhibicións e talleres de montaxe como Waldemar, Cibeira, Náutica Pérez, a Escola de Alonso, Salmo, etc.
Por suposto apoiamos decididamente e con documentación a tramitación da Carta de Artesán para 16 montadores galegos e non podemos deixar de citar ao campionato por excelencia en Galicia, o prestixioso Máster de Campións MiguelPesca que patrocinamos e co-organizamos.
Dentro do apartado feiral, merece unha mención preferente a Feira do Salmón de Cornellana. Hoxe precisamente teriamos que estar ali pero este ano non pode ser. Hai un par de anos tiramos un número especial dedicado a ela, temos o stand máis espacioso e interactivo da feira e, como se observa, nos distinguen coa súa consideración.
Por iso non é de estrañar que teñamos tantos e tantos amigos que ademáis son fundamentais na consecución de obxectivos. Gracias a algúns deles fomos quen de chegar a lugares tan lonxanos como a Fosa Atlántica -no Hespérides-, a Alaska, a Panamá ou a Punta Cana, por citar algúns exemplos.
Todo este traballo víuse recompensado con moitos recoñecementos. Algún francamente importante para nós por estar concedido pólos nosos compañeiros de profesión, o Premio da Federación Galega de Xornalismo Deportivo.
E nós tamén sabemos agradecer o traballo de persoas, clubes, sociedades, gardas, pescadores e firmas, cos Premios Trueiro.
Hoxe estamos celebrando a entrada no noso primeiro lustro de vida profesional e facémolo coa mesma ilusión, co mesmo espíritu de traballo, co mesmo compromiso e coas mesmas gañas de reclamar auga limpa e sentidiño á hora de xestionar a pesca continental.
Por iso, abrimos novos camiños profesionais noutros campos da comunicación.
Hoxe, queridos amigos de Trueiro, presentamos dous novos proxectos: o audiovisual e o editorial.
Non nos preguntedes cómo o facemos, porque é unha milagre, pero o facemos.
Para nós, e dentro da nosa modestia, é un auténtico orgullo presentar o primeiro libro de Trueiro Edicións e o primeiro documental de Trueiro Audiovisual.
Por estes anos e polos que virán, queremos agradecer a fidelidade e lealdade de lectores, anunciantes, fotógrafos, articulistas, colaboradores, maquetación, impresión, etc.
A todos vos, en definitiva, e en especial a El Corte Inglés polo fundamental papel que xoga na pesca continental e polo agarimo co que nos trata, graciñas e boas noites.

INTERVENCIÓN DE JOAQUÍN ESPAÑA
Membro do Consello de Administración do Xornal Trueiro.
Boas noites.
Permítanme que pida a súa comprensión para que o meu 25% de sangue galego poida expresarse na lingua da terra e pido perdón anticipado polo atrevemento.
O Xornal de Pesca Deportiva Trueiro é un medio de comunicación que aúna o sentir de milleiros e milleiros de pescadores, firmas comerciais, gardería, técnicos, e outros puntos estratéxicos do sector da pesca continental galega.
Tal como explicou o noso Director, Trueiro é un pequeno milagre xa que estamos moi lonxe das axudas oficiais da Xunta. O Secretario Xeral de Comunicación, Cabaleiro, debe estar moi ocupado que non ten nin a cortesía de contestar ás nosas chamadas...
Pero mais que comentar a dura realidade trueira, vou facer unha refelexión.
En tempos de tecnoloxía avanzada e medios técnicos impensables hai poucos anos, resulta curioso o peso da man humana. Por moi grande que sexa o avance, todas e cada unha das grandes iniciativas están baseadas na impronta persoal. Ás maiores dificultades hai que antepoñer imaxinación, esforzo e rigor profesional.
Ten Trueiro unha Dirección bicéfala.
Hai catro anos puxemos toda a nosa confianza nun xornalista de raza, agresivo, directo, paixonal...
Alberto Torres acadou co Trueiro cotas impensables para un medio tan humilde como é este xornal. Torres batalla en cada número pola pureza da auga e pola vertebración dun sector que está en caída libre.
Agora cando entramos no quinto ano de vida, o Consello de Dirección do Xornal Trueiro non só renova a confianza que no seu día depositamos en Alberto senon que a ampliamos pois ten demostrado amplamente a sua capacitación, o seu talento e a súa profesionalidade.
Díxen antes que a dirección do Xornal Trueiro é cousa de duas persoas. Realmente, se analizamos estes catro anos, sería impensable chegar a hoxe se non fose polo talento e a capacidade de liderazgo e movilización que ten o alter ego de Torres, que é Miguel Piñeiro.
Miguel comprometeuse co proxecto, como fundador qué é, e eu que o coñezo desde cando éramos mozos, sei da súa capacitación profesional e persoal. Miguel, hoxe é de xustiza recoñecer a tua aportación, sen dúbida fundamental para o éxito acadado. A proxección do Trueiro leva o teu selo persoal e ademais debemos recordar que ser Director Editorial dun xornal libre e o teu talento xornalístico foron perseguidos desde o poder político por destapar chanchuchos e por contar a verdade. Os que estamos preto de ti sabemos da baixeza que intentaron.
E falando de intentos, debo referirme á denuncia que a Federación Galega de Pesca interpuxo por inxurias ao noso Director, que é o mesmo que denunciarnos a todos os que facemos Trueiro. Somos respetuosos co Presidente da Federación que interpuxo a denuncia, como debe ser nun estado democrático, pero denostamos as formas e os medios. A denuncia foi un intento intimidatorio de tapar bocas, unha venganza persoal pagada cós fondos de todos os pescadores galegos que pertencen á Federación. Lamentable que na actualidade se siga atentando contra a liberdade de expresión e a liberdade de prensa.
E ademais, como o primeiro fallo non lle deu a razón, apelaron... máis gastos a costa dos pescadores, e o fallo final tamén lle deu a razón ó Trueiro.
Consecuencia, que Trueiro conseguiu a dimisión de toda a directiva da Federación Galega de Pesca.
Por último quixera remontarme a decembro de `dous mil oito´. Naquel mesmo instante no que se pronunciou a palabra xornal sabía que a idea non sería unha mais. En Galícia, nos últimos anos, houbo varias revistas, houbo programas de televisión e de radio, houbo moitas iniciativas no mundo da caza e dfa pesca, pero todas ían encamiñadas a meterlle un pau á administración e sair correndo. Por iso non pasaron da simple anécdota, pero subvencionados. Trueiro é diferente. Por iso, desde o Consello de Dirección, queremos agradecer o compromiso profesional dos directores, e e especial, do amplísimo equipo que os rodea: redacción, fotografia, infografía, maquetación, impresión, publicidade, marketing. A todos o noso agredecemento pola vosa profesionalidade.
Por último, graciñas ás firmas comerciais que confían en nós e o agradecemento mais sentido aos lectores que fan posible cada un dos números de Trueiro.
Graciñas e boas noites.

Documental “Los salmones del Ulla”
Tal como anticipou o Director de Trueiro, presentóuse a primeira produción da nova división do Xornal Trueiro, Trueiro Audiovisual.
“Los salmones del Ulla” é un documental baseado na beleza, na importancia e na excepcionalidade das imaxes da freza.
Fixo a presentación o Director Editorial do Xornal Trueiro e director do documental, Miguel Piñeiro.

INTERVENCIÓN DE PIÑEIRO
Boas noites.
En Galicia, só podemos presenciar a freza salmoneira, o desove de Salmo salar, cando se dan unha serie de circunstancias verdadeiramente excepcionais. Precísase estiaxe en decembro, auga limpa, e o mais importante, localizar os salmóns en plena actividade.
A freza ten lugar a finais de ano e o habitual é que os ríos galegos baixen con moito caudal e auga moi loda polas escorrentías dos prados e das leiras polo que non é nada doado que este espectacular acontecemento natural se poida ver a simple vista.
As condicións climatolóxicas deste ano permitiron a gravación que hoxe lles imos presentar. Trátase pois, de aunar, sorte, paciencia, non imos negar certa habilidade e que se dean unhas condicións hidrolóxicas nada habituais no noso País.
Este documental foi producido, pois, en circunstancias moi concretas e adversas para a estética do produto audiovisual, polo que debemos reparar na significación que ten para as poboacións de salmo salar no río Ulla máis que na vistosidade do propio documental.
Somos conscientes da importancia destas imaxes e do feito histórico de poder documentar gráficamente este extraordinario suceso.
Estamos afeitos a ver documentais da freza en Alaska, Islandia a outras latitudes do planeta onde o desove do salmón é tan coxuntural aos ríos como habitual para os lugareños, pero aquí, neste recuncho europeo onde o salmón está en perigo, a gravación das imaxes que hoxe presentamos resulta, permítannos que digamos, tremendamente meritorio.
Como director do documental, e en nome de Trueiro División Audiovisual, quero agradecer as achegas de Pórtico e Zetra, e o traballo dos cámaras e do equipo de edición, produción e realización. Estamos moi orgullosos deste traballo.
Sabemos que vostedes tamén saberán valorar a importancia e a excepcionalidade do documental e agardamos que o disfruten tanto ou máis que nós cando o fixemos.
Graciñas.

Libro “Cousas da Mosca. Dicionario do Mosqueiro”
E na última parte do acto, Trueiro presentou o primeiro traballo doutra nova división do grupo, Trueiro Ediciones.
“Cousas da mosca, Dicionario do Mosqueiro” é o primeiro libro que saca ao mercado e foron os propios autores quenes o presentaron.

INTERVENCIÓN DE ALBERTO TORRES
Querida familia, queridos amigos:
Gracias por estar hoxe con n
ós nun momento moi importante da nosa historia vital. Historia personal a miña, neste caso pequeniña, que vou contar.
Meus pais d
éronme sempre a oportunidade de facer o que máis me gusta. Profesionalmente eles axudáronme a escoller o meu camiño pero, ademáis, compráronme a miña primeira cana de pescar, tería eu seis ou sete anos, os que ahora ten o meu fillo, para que comezase a miña desatada e permanente paixón.
Na radio, na prensa escrita, amosei algun
ha vez as miñas inquedanzas xornalísticas para co mundo da pesca a través de páxinas e algún programiña ou intervención esporádica. Con moita ilusión e pouca continuidade, xa que sempre falei máis de goles que de lances.
Os primeiros premios da Federación Galega de Periodismo Deportivo,
hai uns anos, recaeron, entre outros, no meu xornal, DXT Campeón de A Coruña, no apartado de prensa escrita, e en Miguelpesca.Com no de prensa en Internet.
O meu director, ent
ón, fíxome un bo agasallo invitándome a asistir á entrega de premios. Un dos mellores agasallos da miña vida, sen dúbida, porque coñecín a Miguel Piñeiro.
Eu sabía del, porque tiña dous dos seus libros e me gustaran moitísimo.
¡Eu tiña que coñecer a Piñeiro y
esa era a miña oportunidade!
O que non sabía
era qué ‘tipo de tipo’ me iba a atopar, así que fun, e hoxe, nunca mellor dito, ‘polo libro’.
Tarxeta de presentación como xefe de sección do D
XT na man e lle dixen: “Señor Piñeiro, noraboa polo premio e polos seus libros, eu son fulano de tal, escribo de pesca pero me gustaría escribir máis, bla, bla…”.
Miguel contestou: “¡
Colloudo, meu! Chámote a semana que ven para que veñas a pescar a Vilagudín”.
O de Catoira, que é de palabra, chamoume en tempo e forma e alí me fun, a un Consello
Asesor do Encontro de Prensa que se facía no embalse. Ademáis para conocer a Moralejo, Cobo, Casal, Zulueta, Hernández…
Logo chegaron os España, Seijas, Gayoso, Mera…
Dende entonces
dedico unha parte da miña actividade profesional ao mundo da pesca deportiva e non entendo a miña vida sen este importantísimo anaco dela.
Alí fun con Miguel e aquí estou con él o con todos os antes citados.
Curiosamente, anos desp
ois, os dous, xuntos, recollemos ese mesmo premio polo Xornal Trueiro.
Pensamos un día nun libriño e na posibilidade de facelo cun gran equipo.
Puxémonos, e o resultado está aquí. No proceso aprendemos, cometemos os erros propios da primeira vez, e contamos cunha axuda fundamental de moitas persoas que hoxe celebrades este día connosco e que, persoalmente, nunca esqueceréi.
Este libro, que é o primeiro no que eu firmo, é tamén unha conclusión, pequeniña, humilde, pero moi certa, de todos estes anos nos que, sempre da man de Piñeiro traballamos no mundo do xornalismo. Nas nosas empresas, pero tamén creando os nosos propios medios. Medios galegos. Queremos leer máis de troitas, reos e salmóns que de lucios, carpas e siluros. Así de claro.
Cousas da mosca é para min un orgullo, como o traballo antes visionado, como o propio Trueiro
e, ainda que é pequeno, custou facelo. Pero tamén se fixo con moita ilusión e iso compensa todo.
Cando tiña 12 anos
xenme socio, en Ferrol, da Sociedade Galega de Historia Natural. Uns anos antes, na lagoa de Valdoviño, xa me fixera pescador cun vello que se chamaba Pancho e vivía na máis fermosa das casiñas ilegais da lagoa. Nin Pancho nin as casiñas ilegais están xa na Frouxeira pero aquel neno segue aquí, e dou grazas a Deus porque así sexa.
Cada vez teño máis claro que a verdadeira patria dun home é a súa infancia e todo o que aprendín nela continuou guiándome
. Eu era un neno naturalista, entre botes con rás e picos de parrulos desecados e, evidentemente, pescador. Sempre co meu irmán pequeno, Marcos, metidos entre peixes, cobras, paxaros, ríos e montes… e eu, ademáis pescando, sempre pescando.
Non lembro a miña vida s
en a cana.
Estos pequeniños recordos van sempre conmigo e os defendo, son humildes recordos, pero son meus, como defender
ei precisamente por todo o proceso, este traballo que hoxe presentamos.
Estou agradecido a todos vos, por aguantarme, porque sei que non son un tipo fácil, pero, como reza no epitafio de John Wayne, sí que son Feo, Forte e Formal.
¡Éche o que hai!
Ha
i dúas personas que non figuran no reparto do guión pero son unha parte fundamental desta película da vida, a miña dona e meu fillo. Eles son aos que realmente amolo co traballo xornalístico de pesca, porque lles quito horas, pero sempre teñen o sorriso posto nos beizos xa que saben todo o que significa para min, ademáis os tres somos pescadores e iso é importántísimo.
Querido Albertiño, querida Juani, sen vos esto non se pode facer, n
in tan sequera se pode soñar. Mañá, no río, porque evidentemente imos de pesca, afondarei na miña gratitude.
Gracias, Julio, por ser meu noble amigo e meu incombustible conselleiro de pesca a mosca. É un pracer asinar un libro contigo. Eres un bo profesor, didáctico, ameno, pero ademáis un dos mellores pescadores que eu coñecín nestes anos e unha moi boa persoa.
Gracias, Miguel, por invitarme aquel día a Vilagudín.
É unha honra figurar ao teu carón. Contigo atopei moitas cousas pero, por enriba de todo, ao irmán maior que nunca tiven e agora teño. Gracias a ti, meu querido mestre, pescar non é o fin, senon o camiño.
Graciñas e boas noites.

INTERVENCIÓN DE JULIO SEIJAS
Hola. Boas noites.
Hai sete anos Miguel propúxome facer unha colaboración no programa da radio, Ríos e Montes. Tratábase de montar unha mosca axudando ou iniciando aos oíntes no mundo do torno. Xa levábamos un par de programas montando unhas moscas moi sinxelas, cando un día dóuseme por facer unha mosca en cul de canard e cando dixen cul de canard Miguel saltou rápidamente: ¡Julio, será cu de parrullo! Eu quedei calado por un instante xa que nunca reparara en que en galego o cul de canard é cu de parrulo.
Non podía nin imaxinar que aquelo iba a acabar neste libro...
Efectivamente, a terminoloxía que usamos en Galicia é preferentemente anglosaxona por ausencia dun léxico autóctono. Eu podo comprender que teñamos que asumir moitos términos foráneos pero temos outros, como o cu de parrulo, que debemos usar e potenciar.
Esto non é unha xustificación á miña aportación neste libro. Como responsable do dicionario do mosqueiro agardo que deixemos de utilizar palabras raras e comencemos a falar para entendernos.
Galicia, como sabedes moitos de vós, está marcando unha época. Somos auténticos privilexiados, cos campeonatos, con alguns competidores, cos Artesáns da Pesca, cos talleres e escolas e pesca. Xa quixeran noutras autonomías ter a forza que hai aquí.
Ata hai pouco tempo tiñámos que ir nós afora a aprender, hoxe veñen os de fora a aquí e iso di moito do noso nivel da pesca a mosca.
Pero, ao igual que no caso de Alberto, este é o meu primeiro libro e chegar aquí non foi nada fácil.
Cando meu pai tiña vacacións voltábamos a Galicia, eu tiña uns 8 ou 9 anos e me dedicaba a andar en bici, sair coa miña carabina de aire comprimido e ir polas tardes coa miña cana de bambú que gardaba debaixo das uralitas que cubrían o forno donde se cocía o pan.
Xa contaba cunha cana de carrete pero aquel río ao que me deixaban ir a pescar era pequeno e estreito e non tiña sentido usar cana con carrete.
Despois de moitos anos fóra da terra, meus pais axudáronme a establecerme en Galicia.
Na miña perruquería, en Lugo, empezamos a impartir cursos de montaxe de moscas. Éramos catro amigos que se xuntaban os venres pola noite. E foron moitos aficionados á pesca os que se achegaban desde as catro provincias galegas. Cada venres sempre tiñamos alguén novo. Todos coa mesma inquedanza: aprender a pescar a mosca. Por certo, Oscar Gayoso sae en todas as fotos. Qué gratos recordos temos daquelas xuntanzas e quen nos ía dicir que hoxe seguimos sendo parella... pero nos campionatos de pesca. Tempo despois viaxamos xunto con Alberto Mera, o noso profesor no río, a Estados Unidos, unha experiencia única que nos aportou moitísimos coñecementos de montaxe de moscas e utilización de todo tipo de materiais.
Un tempo antes, nun curso de montaxe que impartín con LuisPi, coñecín a Miguel, cando ainda estaban nacendo ou collendo corpo os proxectos que hoxe xá son realidade.
Daquela era un home moi comedido. Escoitaba todo o que alí dicíamos. Sempre de pe e ao fondo da aula. A mín me extrañaba moito aquel comportamento, pero como era amigo de LuisPi… Eu seguía ao meu. Co tempo, Miguel me demostrou que é o que se dí un amigo, desinteresado, e digo isto porque logo me invitou a compartir xornadas de pesca cos profesionais dos medios de comunicación de toda España e conseguía que eu me sentise un mais entre eles. Así coñecín a grandes amigos como Joaquin España, Juan Delibes, Pérez Henares, Guy Roques, Paco Redondo, Pepe Casal... un montón de xornalistas e colaboradores dos medios de comunicación nacionais e incluso internacionais.
Froito desa amizade brindáronme a oportunidade de sentarme na mesa da súas casas e puiden compartir xornadas irrepetibles con Moralejo, Cobo, Alberto... e te demostran que es un amigo mais. Iso para min é o que mais me enche de orgullo. De todos estes anos gardo lembranzas de por vida, como a Feira do Salmón de Cornellana, a consecución da Carta de Artesán, a nosa casa Waldemar, o nacemento do Xornal Trueiro, o Encontro de Prensa de Vilagudin e moitos mais eventos que vives intensamente pensando sempre no próximo ano.
Miguel e Alberto. Eles son parte fundamental dos éxitos e dos logros. Miguel encauzou o rumbo hai moitos anos e agora con Alberto xa non hai distancias, non hai impedimentos, non hai fronteiras.
Hai dificultades pero eles aportan solucións. Gracias por permitirme acompañarvos neste libro. Para min é todo un luxo figurar a carón de vós. Grazas por confiar en min todos estes anos e grazas por escollerme coma compañeiro no que é o meu primeiro libro.
Grazas tamén a Juan José Moralejo por facerme participe do teu bo humor, da tua finísima ironía, do teu saber estar, do teu talento. Aínda que te molles os pés no río Ulla en Monterroso…
Grazas a Fernando Cobo por regalarme parte da súa valiosa sabeduría.
Tamén debo agradecer a Manuel Guitián e ao Corte Inglés a atención que sempre nos brindan.
Son tantos e tantos os compañeiros de viaxe que seguro que me esquezo dalgún polo que lle pido disculpas. Graciñas á familia Gayoso, Estrada, Nitas, Saavedra, Papito,
Natas, Caballo, Manel, aos Mera, Muras, Montalbán (De La Torre, por su madre), LuisPi, Cibeira, Juan Gayoso, Manolo de Foz, o home do saco (Cándido Aguiar, o meu grande amigo), a Comba o Marqués e Mestre das Afogadas, a Castrillejo, aos Arcay, Seoane, Merayo, Vázquez Regueiro, Caballero, Porto, Muíños, Fonticoba, Delmiro, Escarcha, Longo, Verdes, Alberto López...
Non podo esquecer a todos aqueles outros que desde hai tantos anos me acompañan fielmente nesta singladura da mosca en cursos, feiras e talleres. A todos, os que están desde o primeiro día e aos que se veñen sumando últimamente, quero agradecer o apoio que me brindastes. Graciñas por axudarme a vadear con firmeza o río da superación persoal porque coa vosa forza e alento hoxe acado un dos meus soños.
Por último, debo agradecer a comprensión da miña familia cos que estou en débeda de por vida, por entenderme e respetarme. Aos meus pais Pepe e Alicia e, en especial, á miña muller Elena e á miña filla Laura. Este é un logro que quero compartir con vos. Meu pai dóume a miña primeira cana nun río de Segovia hai corenta anos e agora vós sodes o meu osíxeno todos os dias.
Quérovos.
Graciñas e boas noites.

INTERVENCIÓN DE MIGUEL PIÑEIRO
Queridos amigos, boas tardes.
Hoxe pola mañá, falando con Pepín, meu pai, comentamos que vou camiño dos cincuenta anos pescando e que lembro vaga pero sentidamente aqueles días cando de cativo lle levaba as canas para pescar no peirao de San Lois de Cesures, nas daquela augas limpas do meu limpo Ulla. E digo do meu Ulla porque, en efecto, doctor, se non tes un río que che faga perder a compostura é que tes a alma en secano e mentalidade de deserto. Pero non serei eu quen cante as excelencias dun río de reclinatorio, faino de seu. O Ulla endexamáis será un curso Low cost, se acaso High flight, e se tiverámos tres, tan só tres ríos coma o Ulla, a prima de risco baixaría ata chegar a confundila co colesterol malo.
Dicía que, aquelando con Pepín, cabilaba, mesmo me sorprendía, da tranquilidade que me envolvía a menos de vintecatro horas da desveda. Teño sobradas razóns para poder aparcar ese manoxo de nervos para logo deste acto que será cando de verdade comece a conta atrás para o arranque troiteiro de mañá que oficiarei no Tambre, no idílico entorno de Pontemaceira cos meus inseparables Juan, Juanjo e Alberto.
Comentáballe ao Cronista do Ullán que o meu querido e lembrado amigo Rafael del Pozo sempre me dicía que un río con salmónidos é sinónimo de calidade de vida. Rafael, que pescou onde e como quixo, nunca fixo ascos a barbos e carpas, a siluros e bases, pero tiña unha fixación con Galicia porque nós temos troitas, reos e salmóns. E estou plenamente convencido que é por eles, polos salmónidos, que vivimos no mellor País deste mundo ainda que xestionados por un corpo técnico no que está algún incompetente que non acerta a distinguir unha troita dun coello.
Galicia, potencialmente, en temática de pesca continental non debería ter rivais pero a pesca social está en declive por mor das agresións que a cotío sofren os nosos ríos e pola devandita inepcia dalgún responsable na xestión, e, a nivel de competición, certamente estamos mellorando moito pero a propia Federación Galega de Pesca é unha lousa -por non dicir unha lápida- no chaleco dos nosos deportistas.
Nos últimos anos, aos tradicionais miñoqueiros, aos precisos lances co trallo e co buldo, á milimétrica precisión da culleriña e a outras modalidades ou técnicas de pesca, algunha delas tan atávica coma ancestral, hai que sumar a emerxente pesca a mosca. E aplicamos emerxencia ou cebada, que non eclosión para tranquilidade de científicos e puristas.
A pesca con cola de rata agromou en Galicia grazas ao traballo de persoas como Julio e hoxe posúe unha senlleira fortaleza de seu. Pero o mundo da pesca a mosca, a realidade do mosqueiro, é algo mais que marear un peixe. Galicia foi pioneira na expedición das Cartas de Artesán outorgadas pola administración e fomos algo tardíos na competición oficiosa a mosca pero hoxe somos exemplo e modelo a seguir a nivel estatal. Debo citar, e o fago fachendoso, a Waldemar, o gran santuario da mosca, ao Cidade de Narón, Cibeira, Santiaguiño, Ribeira Sacra, Escola de Alonso, o Open do Xallas e o do Mandeo, e permítanme a inmodestia de pechar o relatorio co Master de Campións MiguelPesca de Pesca a Mosca, campionato que teño o inmenso pracer de organizar e que por algo é o único concurso en toda España que como primeiro premio ten unha viaxe de pesca a Alaska; ainda que este ano, en aceno solidario con aqueles que peor o están pasando, o primeiro premio será unha simple bolsa de gominolas.
E estando onde estamos arestora, cómpre subliñar unha vez máis o compromiso de Manuel Guitián e El Corte Inglés co mundo da pesca e da pesca a mosca en concreto.
Froito das ilusións que emanan deste mundillo, hoxe presentamos un traballo humilde, nado das inquedanzas de tres mosqueiros que non renegamos doutras técnicas de pesca coas que somos especialmente respetuosos posto que as seguimos rendibilizando a nivel cardio-piscatorio, un statu quo sen parangóns só ao alcance dos pescadores de élite, dos privilexiados, coma nós sen ir máis lonxe.
Desde a tolerancia, os talibanismos e as polarizacións non son nada boas para o sector por iso este traballo nace do respecto e da comprensión. A pesca só se pode entender desde unha postura condescendente. Iso si, desde a tolerancia, despachámonos a gusto coa intolerancia.
Este libriño, certamente, non será trending topic, non nos vai sacar da recesión, non sumará ningún touchdown a pesar de ser ensaio, nin sequera encherá os minutos da palla nun telexornal, pero vai feito coa mellor das intencións. Como dícía
Winston Churchill, “as actitudes son máis importantes que as aptitudes”, e á marxe da nimia valía ou do escaso talento que poidamos atesourar un artesán e dous compoñedores de palabras coma nós, sen dúbida, a nosa actitude levounos a formatear unha idea, darlle volume, realizar unha sibarita escolleita fotográfica, buscar financiación e mesmo aprender a maquetar, para chegar a este gozoso momento. E todo isto sen sermos amigos nin de Jauma Matas nin de Pepiño Blanco.
Durante anos, a publicación de moitos libros estaba supeditada única e exclusivamente á dependencia do abeiro da administración. Publicaba calquera que tivese un amigo nun despacho.
Hoxe publicar non está ao alcance de calquera e, nestas extremadamente duras condicións, facelo non deixa de ser milagreiro.
A miña participación neste libro éncheme de alborozo. Para chegar a este momento, tiven o inmenso gozo de traballar -e mesmo teimar- con Alberto e Julio aos que quero pola súa maneira de ver a pesca, polo seu denodado esforzo e traballo a prol da dinamización do sector e pola moderna visión que teñen desta actividade. Amigos, Alberto e Julio, permitídeme que non oculte a miña profunda satisfacción porque me teñades entre os vosos amigos e por poder compartir esta experiencia que foi inmensamente gratificante persoal e profesionalmente. Alberto, quédoche agradecido por permitíresme aquelar este libro aprendendo a carón de ti. En efecto hai familia de sangue e familiares que che vai dando a vida. E Julio, celebro e agradézoche que sexas un dos mellores montadores do mundo, con sumo respecto para o único que non só non te iguala senon que te supera nas moscas de reo. Pero, hoxe e aquí, para non restarche méritos non diremos quen é. Só que de segundo é Moure e que é de Catoira.
No proceso ata chegar á presentación deste libro, non menos gratificante foi o feito de seguir sumando coñecementos. Algún, francamente sorprendente, cando non insólito. O meu entrañable amigo e filólogo de cabeceira, Paulino Novo, realizou a tradución do libro e me sorprendeu unha vez mais, pois cando levo anos e anos pescando a ballesta, o de Meira púxome a pescar á besta, polo que -cos evidentes riscos para a miña integridade- podo pasar cun simple golpe de corrector ortográfico de estar pescando no apacible Baixo Ulla á ser aloitador no curro de Sabucedo.
Ainda así, a Paulino hai que agradecerlle que traduza para que a xente entenda e non para que a xente teña que entender o que traduce, como fan outros, que non pasan por asesores senon por confusores lingüísticos.
Mais carexas. Adriana e Anxo, de Tórculo, endereitaron algunha que outra cousa e llo agradecemos.
Outras referencias obrigadas nos recoñecementos, que son gratuitos pero sentidos. Ao meu mestre editorial e amigo Emilio Fernández Roman, polo seu acertadísimo prólogo.
Ás aportacións do noso redactor gráfico de cámara, Toño Hernández, capaz de facer poesía en diapositiva ou fotograma, e capaz de compoñer unha foto que che mira aos ollos e mesmo te tutea, como é a portada do libro. Toño é o maxistral Rigoletto da gravación coa luz, e Hernández é á fotografía coma a auga ás troitas.
Mais acenos cómplices para Xaquín Marín, Roca, o meu querido e lembrado Carlos Bóveda, Pablo Capote, a cada un dos Artesáns da Pesca e a todos eles como gremio polas súas montaxes, aos autores doutras aportacións fotográficas, a Joaquin España, Juan Delibes, Alberto Mera e Pepe Casal.
Por último, e por suposto, ao autor do epílogo, o meu “perde trallos” particular. Na vida, todos temos unha penitencia. A miña é un doutor de aula, non de fonendo. Non é galeno, é galaico. Este magnífico cofrade de perversión troiteira, con licenza para pescar, pescantín de Cortegada onde o Miño é un grifo sen dereito a ERE nin a sanidade pública, fillo de Moralejo que atende por Juanjo e que segue buscando o prezado grial troiteiro coa mesma paixón e vehemencia dun principiante ata chegar ao esgotamento absoluto...
Doutor, coñecerte é unha honra, tratarte un luxo, ser o teu compañeiro de pesca un privilexio.
Finito.
Non busquen neste libro a fórmula máxica para pescar máis, nin mellor. As páxinas de “Cousas da mosca. Dicionario do Mosqueiro” sairon, a golpe de manivela, da bobina de tres pescadores que non pretenden mais que seren felices a través da pesca. E que en ocasións ata o conseguimos, como é o dia de hoxe.
A busca do lance perfecto non ten sentido na pesca actual, se acaso a busca do lance que xa é dabondo; a consecución dunha peza de trofeo non se estila, búscase que che abanee a punteira; crear a mosca perfecta tampouco se leva, preténdese que mova unha troita ou que te emocione. Se ademais de todo isto pescamos... non me dirán que a felicidade é careira...
Para aqueles que busquen algo máis no desenleo deste libro... que busquen, que busquen, que nono van atopar. Non hai máis que o sentir emocionado dun feixe de pescantíns ilusionados cunha afición que depara momentos irrepetibles á beira dun río e a carón do torno.
Unha derradeira reflexión, a do pecunio.
Un que chega xustiño a fin de mes, como Iñaki, ten postas moitas espranzas nas vendas deste libro. Agardo que esas vendas, con cifras de ata seis ceros, me retiren e poida instalarme nun enclave cálido e alonxado dalgún político e dos banqueiros deste País, que sí chegan a fin de mes con auténtica solvencia.
Reitero o meu agradecemento a todos en xeral e a vostedes en particular por perderen o seu tempo con nós.
Graciñas.

INTERVENCIÓN DE JUAN JOSÉ MORALEJO
TRUEIRO 2012
El Corte Inglés, Santiago
17.03.2012
¡Muy buenas tardes... y con pocas palabras!, pues diré con el clásico castellano que lo breve, si dura poco, dos veces breve, y hoy tengo, tenemos todos... toda la prisa imaginable: mañana hay que madrugar porque los del orto nos lo han puesto para las ocho menos veinte y nos permiten estar en el río ya una hora antes y no es cosa de desdeñar lo que técnicos y poncios te permitan ¡después de todo lo que les permites tú a ellos! Solamente nos queda ¡una vez más! el temor a que, tras empezar por consultar orto y ocaso, una vez más acabemos la jornada en orto y fracaso...
Tengo que empezar por felicitar a TRUEIRO en su quinto aniversario, pero no deja de ser un acto de grandiosa inmodestia porque ¡yo soy Trueiro! Bueno, no soy todo Trueiro, ni siquiera cuarto y mitad, como dicen las que compran carne para un par de filetes, pero soy Trueiro porque a todos los que están en Trueiro les debo saber y gozar que río y pesca son más, mucho más, muchísimo más que darles a truchas y reos en los morros.
Cuando tenga la ocasión de darle en los morros a un salmón, ya les diré a todos Vdes. qué me mola más: el salmón o esta fabulosa tropa con la que me honro y ¡aínda por riba! tropa generosa porque hace tiempo que no tengo que comprar ni moscas, ni cucharillas, ni rapalas, ni riscos, ni carretes, ni cañas... Todos ellos salen ganando a cambio porque, cuando no rascan bola, siempre tienen a mano el consuelo de quien ni bola tiene ni uñas con que rascarla. ¡Alberto, Miguel y tutti quanti!: un abrazo... un abrazo furibundo... ¿cómo os diría yo? ¡¡con triple y con muerte, a tope!!
Mi segunda felicitación es para el excelente, hermoso, impresionante video sobre la freza del salmón en el Ulla. La pericia, la afición y la paciencia de Miguel Piñeiro y sus técnicos no tienen precio, en especial la paciencia para convencer a un puñado de salmones machos y ganarse su atención para entrenarlos en que se contengan hasta el momento y el lugar oportunos. Yo lo intenté hace años en el Miño, pero, por tener éste diez veces más agua que el Ulla, como bien sabe Piñeiro, los salmones se me distraían.
Vuelven Miguel y Alberto a merecer una felicitación y tantas merecen que yo creo que algo o mucho tendrán que ver Encar y Juani. Por tanto las felicito a ellas por el buen producto que cultivan y exhiben.
Y además es turno de Julio Seijas, cuya mano sabia en “Cousas da mosca. Dicionario do mosqueiro” celebro y agradezco. Pero antes debo lamentar que tan mala incidencia familiar como la muerte de su suegra, le haya impedido a Julio estar hoy aquí para que celebremos sus excelentes manos en pericia pesquera y en maestría artesana, en ser pieza clave de un grupo excelente en dar a Galicia y a su pesca fluvial el buen tono cultural y artesano que merece el buen tono natural que ya tiene... ¡pero dicho sea lo del buen tono natural con permiso, por ejemplo, de los que en el Xallas masacran 15.000 truchas y se pisan el morro con una multa ¡en sentencia judicial! de 4.000 euros, cuando la Ley de Pesca me tiene prevista una sanción mínima de 30.000 euros por una infracción muy grave, por ejemplo, agotar o disminuir notablemente el volumen de agua en embalses, canales y ríos... o pescar con corriente eléctrica. Quedó en muy poco, en nada, que se vació un embalse para producir corriente eléctrica dejándonos sin pesca... Una vez más quiero agradecerle a Fernando Cobo y al Club Salmo que se hayan personado a levantar la voz donde la voz oficial entonces ejecutiva parece que brilló por su absoluta ausencia, inoperancia o ambas cosas a la vez.
Me dice Miguel que dos folios, pero hay otro folio que me urge porque vamos de desfeita aguda en desfeita aguda, además de que no escampe en la desfeita crónica que en los ríos se agrava penosamente con esta puñetera sequía que nos asoballa y que me sugiere que acudamos al clero para que nos organice lo que el excelente pesquis etimológico de nuestros paisanos llamaba unas regativas porque, en efecto, eran rogativas que pedían agua para regar...
Por suerte tengo un montón de amigos y colegas, por ejemplo en el Sar, el Rois, el Furelos y un largo etcétera que no descansan en cuidar su río, en respetarlo y en que se lo respeten... Pero ahí es donde nos duele y todavía mucho: el río, el monte, el campo, los caminos... el medio ambiente entero está sometido en Galicia a una erosión continua y brutal a cargo de gente insensata e insensible.
Quinientos metros más abajo de donde estamos, en las orillas del Sar que tanto y tan bien movieron a Rosalía, puede verse un gigantesco tubo que vomita al río mierda humana ¡sin perdón y sin depurar!, procedente de unas Viviendas Protegidas... ¡protegidas ellas, pero no el río, el medio ambiente, nosotros...! Visto aquel ominoso tubo, ¿por qué la autoridad municipal se permite multarme por orinar en la primera esquina en que me pete?
Alguna vez resumí, tal vez de más, que el sueño de muchos gallegos es cagar de campo y edificar en la cuneta; en todo caso, los gallegos somos escasamente respetuosos con el medio natural, somos virtuosos de la depredación del territorio, y ocasiones como ésta no se pueden desaprovechar por ver si algún día nos entra el propósito de la enmienda respecto de lo común y de lo ajeno, pues respecto de lo propio los gallegos ya tenemos un cuerpo de doctrina que para sí quisieran Justiniano y el tribunal de Estrasburgo.
En fin, amigos, mañana a las siete menos veinte tengo la mosca a remojo en Ponte Maceira. Allí mismo, a las nueve, Trueiro servirá un desayuno frugal –apenas unos percebes, algo de ibéricos, una copa de cava- al que estáis todos invitados.
Juan J. MORALEJO
Licenciado en Truchología, Universidad del Deva
Doctorado en Reología, Universidad del Tambre
Académico Correspondiente de la
Real Academia de Truchografía y Reoscopia de Leningrado
Medalla de Paciencia y Cero de Honor en Teoría Básica del Salmón

"Cosas da mosca. Dicionario do mosqueiro" de Torres, Seijas y Piñeiro
Trueiro Ediciones publica su primer libro. Lo firman Alberto Torres, Julio Seijas y Miguel Piñeiro.
El Prólogo es de Emilio Fernández Román.
La Entrevista es a Guy Roques, el Mosquero Andante.
Los “Lances a Mosca” son de Juan Delibes, Joaquín España, Alberto Mera y Pepe Casal.
Las ilustraciones son de Xaquín Marín y Pablo Capote.
Los óleos son de Carlos Bóveda e Carmen Roca.
Las moscas y montajes son de “Artesáns da Pesca” y otros montadores gallegos.
Destaca la colaboración de montadores foráneos como Longo, Cholo, Redondo, Vigil, y De la Concha.
El Epílogo es de Juan José Moralejo.
volver a principal