Declaracións de Javier Rois a “Caza e Pesca na Galega”

Non sólo é  a nosa postura, é a de varios clubes que abandonaron a Federación por este motivo e tamén a de distintos pescadores dos provinciais que van abandonar á Federación para vir á Festa da Troita.
Póñote en antecedentes. A Festa da Troita celébrase dende o ano 1978 e sempre, sempre, sempre, se fixo o 1 de maio. Levamos 38 anos.
Está declarada Festa de Interese Turístico e tamén está declarada Festa de Interese Deportivo Nacional. É dicir, que temos os nosos méritos.
Chamáronos uns deportistas de mosca para dicirnos que a Federación puxera os seus provinciais de mosca coincidindo coa festa da Pontenova entonces non poderían acudir á cita da Pontenova.
Puxénme en contacto co Secretario da Federación Galega e díxome que eso era cuestión do calendario da Española que dependían do calendario da Española, cousa que é mentira, cada unha ten o seu calendario.
Despois, tamén falei co Sr. Bolaño e díxome que a culpa era del, que se equivocara e que iba tratar de solucionalo por todos os medios. Ata o dia de hoxe non tiven mais constancia do Sr. Bolaño, non me chamou nin volvin saber máis nada del.
Con todo esto, creemos que algo tan sencillo como unha permuta, solo era unha permuta, un cambio de fechas do 24 de abril que son os de salmónidos lance e o 1 de maio que son os de mosca; tan sólo pedíamos esa permuta coa diferencia de sete días, solamente. Porque o perjuicio que nos iban a causar sería moi grande porque teríamos que deixar de facer o concurso de mosca na Pontenova porque os participantes de mosca acudían practicamente todos aos provinciais para poder seguir competindo.
Vistos os feitos e que non había maneira de facelos entrar en razón, mandei correos, intenteino por todos os médios e non houbo maneira. Creo que a incompetencia da Federación neste tema é palpable.
Despois, escúdanse nunha Asamblea, será para que non lles chova moito, pero bueno, chover estalles a chover igual.
Na Asamblea dinnos que non, que non cambian as datas, que había algúns pescadores de lance que tamén querían acudir á Festa da Troita. Estamos moi orgullosos de que queiran vir todos á Festa da Troita a diferencia doutros calendarios deportivos.
Este é o panorama que temos. A nosa intención era promocionar a pesca sen morte, de feito xa tiñamos a dous Campións do Mundo que ían acudir ao Concurso de Mosca da Pontenova, co cal un deles xa non acude, e o campión do ano pasado tampouco pode acudir por ese motivo porque son competidores, e eu o entendo perfectamente, van acudir aos provinciais.
Pero bueno, tamén estamos moi orgullosos deses pescadores que tamén van abandonar a Federación para vir á Pontenova.
Creemos que a Federación non fixo o que tiña que facer, non fixo o seu traballo. Se algún ten autoridade para poñer unhas datas nun calendario tamén creemos que a debe ter para cambialas, Eso foi unha xustificación que non entendemos.
Pouco máis que dicir, para min son uns incompetentes.
Está claro que non nos axudan, tampouco pedimos que nos axuden pero que non nos perjudiquen.
A Federación deixa moito que desexar. Eu, pola miña parte, a min gustaríame que dimitiran. Eu xa non estou na Federación, enton, deséxolle sorte de aquí en adiante.
O Concurso de Mosca vaise celebrar coa Federación ou sen ela, penso que sen ela, porque é así, uns estamos a traballar e a facer cousas pola pesca para que outros nos queiran impedir facela.
A pesar da Federación, sairá ben.

volver a índice de especiales