Xornada de limpeza do Club Castillo Ulla Deza

Un numeroso e entusiasta grupo de socios do Clube Castillo Ulla Deza déronse cita no Teleclube de Cira para levar a cabo unha xornada de limpeza no río Ulla.
Logo de varias horas de moito traballo, chegando a percorrer un tramo de máis de 2 kms de río, retirouse das marxes unha tonelada de lixo. Rodas, plásticos, botellas e ata electrodomésticos.
Ao remate, todos gozaron dun máis que merecido xantar no local social da entidade.

volver a índice de especiales