ZONA DE ADESTRAMENTO DE LANCE NO COUTO DE COUSO (RIO ULLA)

DOG do 1 de febrero de 2018
ANEXO XIV
Normas da zona de adestramento no couto de Couso.
Á zona de adestramento de lance no couto de Couso poderán acudir todas aquelas persoas que teñan a licenza de pesca en vigor. So poderán adestrarse na zona habilitada e terán dereito ao adestramento por orde de chegada a cada postura.
Unha vez finalizada a tempada de pesca, o día 30 de setembro, poderase acceder á zona de adestramento de lance situada dentro do couto de Couso, no río Ulla, coas seguintes restricións:
A) Período de adestramento.
Días permitidos para o adestramento: de martes a domingo, quedando polo tanto os luns como único día da semana inhábil para o adestramento.
Períodos de adestramento: establécense dous períodos para o adestramento.
-Primeiro período: do 1 de outubro ao 30 de novembro, ambos incluídos.
-Segundo período: do 1 de febreiro ao 30 de abril, ambos incluídos.
Período de parada técnica: con obxecto de preservar a reprodución dos salmónidos, queda prohibido o adestramento no período comprendido entre o 1 de decembro e o 31 de xaneiro.
B) Horario: das 10.00 horas ás 18.00 horas no primeiro período e das 8.30 horas ás 19.30 horas no segundo período.
C) Límites da zona:
-Augas arriba: a pasarela colgante do Xirimbao.
Coordenadas UTM Fuso 29 Datum ETRS89, X= 536.290,43 Y= 4.732.687,85.
-Augas abaixo: 250 metros augas abaixo da pasarela ata pasar polo quinto posto de pesca en ambas as marxes.
Coordenadas UTM Fuso 29 Datum ETRS89, X= 536.052,154 Y= 4.732.746,97.
D) Limitación de engados.
Só se autoriza o emprego de mosca sen anzois enteiros; deberá estar habilitada só a tixa plana para o pelo ou pluma da mosca e o anzol deberá estar seccionado no inicio da curvatura traseira.
E) Outras limitacións.
1. Non poderá haber máis de 10 persoas en acción á vez, na zona na que están habilitados os 10 postos (5 en cada marxe).
2. Cada persoa non poderá exceder o tempo de 30 minutos na postura se outra persoa a solicita.
Comunícase que durante ese período están autorizados algúns descensos de embarcacións que poderán interferir a actividade de adestramento de lance.

volver a índice de especiales