A Asociación de Troiteiros Río Furelos rematou as XII Xornadas de
Limpeza do río Furelos e afluentes.
Na primeira xornada limpamos dende A Ponte de Fraga no concello de
Toques ata a Ponte Romana de Furelos, no concello de Melide. En
total 11,5 kilómetros.
Continuando co programado, o sábado 3 de setembro seguiron as
Xornadas de limpeza. Nestas labores participaron directamente 23
persoas, veciños de Melide, Sobrado, A Coruña e Madrid.
A cantidade de lixo atopada foi similar a do sábado anterior, sobre
180 kilos, entre Os Pasales de Os Pereiros e a Ponte de A Bragaña.
Pola súa abundancia destacan metros e metros de cordel, latas,
plásticos de silos e bolsas, prendas de roupa, arames, un colchón de
espuma, restos de uralita e latas de bidóns xunto cos restos da
traseira dunha lavadora e, causando o asombro dos voluntarios, un
pequeno cabalo de xoguete.
O sábado 10 de setembro rematamos coas Xornadas limpando dende A
Ponte da Bragaña a Ponte de Fraga (Toques) e dende A Ponte Romana de
Furelos ata Os Pasos de Petos (Melide), dando así por rematadas as
XII Xornadas de Limpeza do río Furelos deste ano.
Nesta ocasión os voluntarios participantes foron 25 persoas, veciños
de Melide, Arzúa, Toques e Madrid.
O lixo retirado aproxímase ao dos anteriores días, e foron uns 150
kilos de todo tipo de materiais.
En total, nas xornadas de limpeza deste ano sacamos do río un total
de 510 quilos de lixo.
A destacar a presenza de cordeis cordeis, pastores peches de fincas,
un rulo de herba (o ano paso no mesmo sitio), plásticos de silos e
bolsas, latas, botellas, prendas de roupa, calzado, arames, balóns
de futbol…
Notamos que cada ano vai a menos o lixo, aínda que queda moito por
facer pois as xornadas de concienciación que realizamos todos os
anos axudan a responsabilizar ás persoas e o respecto polo río e o
medio ambiente vai medrando.
Unha vez xuntado todo o lixo xunto a traída de augas de Melide e
Ponte Mazaira (que seguimos reivindicando que se constrúa), o
Concello de Melide será o encargado de retiralo para darlle o
tratamento axeitado.
Somos conscientes de que existe unha minoria que “todo lle vale”, da
igual… non pasa nada. Nós imos seguir respectando, coidando e
mimando o río Furelos.
A todos os veciños, voluntarios, casas colaboradoras, Concello de
Melide, Conservación da Natureza, Gardería de Medio Ambiente e
Diputación de A Coruña, Grazas. |