A
Asociación de Pescadores Amigos do Iso de Arzúa comezou as Xornadas
de limpeza do río Iso. Nesta ocasión axudados por un pequeno tractor
fixemos desbroces e tamén retiramos o lixo atopado no cauce e
ribeiras.
Coa colaboración de 15 voluntarios, retiramos troncos que
entorpecían o discorrer do río, evitando así posibles desbordamentos
no inverno.
O traxecto limpado foi dende a Ponte de Lema ata O Muiño de Rendal,
no que se retiraron 100 kilos de lixo, 1 roda, plásticos e latas de
refrescos.
Na segunda fin de semana limpamos dende O Muiño de Rendal ata Os
Pasos da Caneira.
O presidente da asociación quere agradecer personalmente xunto coa
Directiva a todos os voluntarios e colaboradores o seu labor e
animar a participación para a recuperación do río.
Arzúa, setembro de 2016
Asdo: Manuel Villamor Ríos
Presidente da Asociación de Pescadores Amigos do Iso |