Xornada de Limpeza nos ríos de Rois

O Clube de Pesca Deportiva Londra organizou o sábado 20 de febreiro, coma tódolos anos, a primeira das Xornadas de Limpeza nos ríos de Rois.
Todas as persoas participantes, un total de 22 voluntarios, reuníronse na Praia Fluvial de Seira no río Rois para comezar unha xornada de limpeza por parellas, repartidas ao longo de todo o río.
O día foi moi bo, pois o tempo acompañou, e todos gozaron dunha tarde a carón do río. Recolléronse en total 120 quilos de refugallos.
Logo desta xornada de traballo, o Clube de Pesca Deportiva ofreceu unha merenda a todos os participantes.

volver a índice de especiales