Xornada de Limpeza do Club Londra

O 18 de febreiro realizamos as xornadas de limpeza dos ríos de Rois.
Estas xornadas son organizadas todos os anos polo Club de Pesca Londra como requisito de renovación de sociedade colaboradora coa Consellería de Medio Ambiente.
Así, déronse cita socios do Club de Pesca Londra (Rois), membros do club de pesca W. Latorre (Padrón) e outros voluntarios concienciados co medio natural e o deporte da pesca.
A concentración tivo lugar ás 4 da tarde na Ponte de Basa, un lugar moi sinalado no río Baleirón.
Os 30 participantes, repartidos por parellas, foron escudriñando ambas marxes do Baleirón retirando todo tipo de lixo.
Plásticos, tubos, sacos e outros refugallos foron retirados do río ata recoller un total de 102 kg de lixo.
Para rematar a xornada, os asistentes foron convidados a unha pequena pinchada na Taberna o Pemento de Rois.
A Clube Londra agradece a participación de todos e o seu compromiso cos ríos de Rois.
Clube Londra. Gabinete de Comunicación.

volver a índice de especiales