O sábado 4 de Marzo, en Rois, levamos
a cabo a última das xornadas de limpeza dos ríos de Rois.
Estas xornadas son organizadas todos os anos polo Club de Pesca
Londra como requisito de renovación de sociedade colaboradora coa
Consellería de Medio Ambiente.
Un nutrido grupo de socios do Club de Pesca Londra, socios do club
de pesca W. Latorre e outras persoas alleas aos clubes, pero ás
cales lles gusta o medio ambiente e o deporte da pesca, reuníuse ás
catro da tarde na Praia Fluvial de Seira, pertencente ao couto de
Rois.
Foron un total de 20 persoas durante dúas horas as que axudaron
nestas tarefas, repartíndose por parellas ao longo das marxes do río
para recoller todo aquelo alleo ao medio como plásticos, tubos,
sacos e outros refugallos que deposita o caudal nas marxes coas
echentas.
Ao remate da xornada recolléronse un total de 100 kg de lixo.
Para rematar o día, os asistentes foron invitados a unha pequena
pinchada na Taberna o Pemento de Rois por xentileza do Club Londra,
co afán de agradecer dalgunha maneira o labor desinteresadamente
realizado.
Club Londra Comunicación.
Clube Londra. Gabinete de Comunicación. |