O Centro de Iniciativas e Turismo de A Pontenova adiantou a gran
distinción da Festa da Troita de 2017.
A Troita de Ouro será para a Selección Española de Pesca a Mosca que
se proclamou Campioa do Mundo este ano en Colorado (EEUU). O equipo
está formado por David Arcay, Pablo Castro, Jordi Oliveras, Ivan
Verge, Francisco Javier Llamas e Manuel Alvarez.
Javier Rois, Presidente do CIT pontenovés afirma que a organización
quere destacar os valores deportivos e humanos destes cinco
competidores en favor da pesca sostible por iso os distinguen co
máximo galardón da Festa da Troita da Pontenova 2017.
Dase a curiosa circunstancia de que este ano Pablo Castro “O
Bombeiro” e anteriormente David Arcay xa foran distinguidos coa
insignia a nivel individual polo que serán os primeiros e ter dúas.
Sen dúbida, moi merecido en ambos casos.
O CIT de A Pontenova da por feita a presenza no seu concurso de case
todos os campións da selección pois catro deles xa teñen confirmada
a súa participación no Open do Xallas organizado por Salmo. Quen si
xa confirmou a súa presenza é o Capitán da Selección, Vicente
Aranda, sen dúbida motor principal do equipo. E postos a confirmar
participantes, David García Ferreras tamén estará na Pontenova.
A falta de confirmación oficial, o Open do Xallas terá lugar o xoves
27, venres 28 e sábado 29 de abril de 2017 e a Festa da Troita da
Pontenova será o domingo 30 de abril e o luns 1 de maio (o 30 terá
lugar o acto de entrega da insignia e a lectura do Pregón, e o
domingo 1 de maio disputarase o concurso de pesca).
Estamos ante una oportunidade histórica. Ademáis doutros campións
que tamén participan no Xallas, ter á Selección Campioa do Mundo de
Pesca a Mosca no Open de Salmo e acto seguido telos competindo no
río Eo no Concurso de Pesca a Mosca e recibindo a Insignia de Ouro
da Festa da Troita será un aliciente máis para ambos concursos e
seguro que movilizará a moitos pescadores galegos a seguilas
evolucións destes campións. |