Paulo Busto gaña o I Concurso de Montaxe de Moscas de Silleda

Gañador: PAULO BUSTO
Segundo: JAVIER LÓPEZ
Terceiro: LUIS SANDAMIL

A xornada comezou coa participación dos montadores (fora de concurso) Alicia e Alfonso que non poideron participar oficialmente por idade.
A continuación tivo lugar o Concurso de Montaxes.
Posteriormente, o Campión do Mundo de Salmónidos-Mosca, David Arcay impartíu unha clase maxistral de montaxe de moscas e un Clinic de Lance no amplio aparcamento do Hostal Casas Novas.
Veda Abierta de Vila de Cruces agasallou cuns detalles ao Director Técnico da Xornada, Julio Seijas, ao Presidente da Sociedade de Silleda, Jesús Pérez, e ao Presidente do Clube de Pesca Ulla-Castillo-Deza, José Antonio Calveiro.
Durante toda a mañá Armería Mago de Chantada e Veda Abierta de Vila de Cruces expuxeron o seu material de pesca.
Veda Abierta sorteou unha cana de mosca Baetis que lle tocou a Marcos Gayoso.
O acto de Entrega de Premios e Clausura do acto estivo presidido por Ana Luisa González, Concelleira de Deportes, e Jesús Taboada, Concelleiro de Medio Ambiente de Silleda.
As sociedades organizadoras entregaron un agasallo ao Concello pola súa implicación na organización deste concurso.
Ao igual que o día anterior na Xornada de Montaxe, máis de 100 persoas pasaron polo Hostal Casas Novas.

volver a índice de especiales