Xornada de limpeza no río Toxa

A Sociedade de Caza e Pesca de Silleda non contaba co temporal de frío e neve pero ainda así, os socios máis atrevidos e concienciados non faltaron á cita.
Coa roupa adecuada para o frío e a choiva, unha ducia de socios procederon á limpeza das marxes do río das que retiraron uns 200 quilos de lixo, sobre todo plásticos. O que mais chamou a atención foi unha porta dun choche e unha persiana de gran tamaño.
A xornada estivo supervisada por persoal da Consellería de Medio Ambiente.
A sociedade agasallou aos participantes cun xantar a pe de lume no confortable local do Campo de Tiro

volver a índice de especiales