Xornada de Limpeza no río Toxa

A Sociedade de Caza, Pesca e Tiro de Silleda convocou a un grupo de socios e pescadores para levar a cabo a limpeza no couto de pesca do río Toxa. O tramo no que se levaron a cabo as tarefas de limpeza é duns 3 quilómetros.
En tres horas recolléronse 500 quilos de lixo chamando a atención a aparición de mobiliario do fogar como unha cómoda de dormitorio co seu espello intacto. Tamén se retiraron lixos metálicos e sobre todo plásticos e outros materiais utilizados preferentemente na agriculutra e na gandeiría.
Despois de transportar o material recollido ao punto limpo de Silleda a directiva da sociedade agasallou a todos a un xantar de confraternidade no local social do clube na Área Recrativa Campo O Picoto.

volver a índice de especiales