Xornada de limpeza no río Toxa

Continuando na liña de anos anteriores, a Sociedade de Caza, Pesca e Tiro de Silleda programou para o sábado 24 de febreiro una Xornada de Limpeza no río Toxa que temos consorciado.
Os socios, colaboradores e voluntarios levaron a cabo a limpeza do tramo que vai dende Ponte Medelo ata Ponte de Chapa, uns 3,5 quilómetros.
A xornada comenzou coa xuntanza dos participantes ás 10 da mañá e rematou case catro horas despois.
Neste tempo recollemos un remolque completo de todo tipo de lixo, especialmente plásticos de silos agrícolas, restos de todo tipo de ferralla, aramios, cascos de bebidas e rodas de turismo e camión.
Tódolos refugallos foron levados ao punto limpo de recollida de Silleda.
Como colofón da xornada, tódolos participantes gozaron dun xantar no albergue do campo de tiro da sociedade.

volver a índice de especiales