Nova directiva da Sociedade de Pescadores da Ulloa

Dende a Sociedade de Pescadores da Ulloa queremos informar do cambio de directiva, quedando da seguinte maneira:

Presidente: Oscar Gayoso.
Vicepresidente: Francisco Javier García Prado.
Tesorero: José Montalbán de la Torre.
Secretario: José Antonio Vila Ramos.
Vogais: Rodrigo Vázquez Rodríguez, Paulo Álvarez Busto, José Manuel García Seoane e Rodrigo Vázquez Besteiro.
Queremos agradecer todo o traballo realizado pola anterior directiva ao longo destes últimos anos, que é ben sabido, non foi pouco!
Iremos publicando pouco a pouco os novos traballos que se irán realizando como a construcción e colocación de pasarelas e escaleiras, limpeza das marxes e mantemento xeral dos tramos para a mellora do acceso aos cotos de Antas, Monterroso, Intensivo e couto sen morte.
Como sempre, realizarase cada semana unha solta de troitas no Couto Intensivo comprendido entre a Ponte Pedriña e a Presa de Parteme.
Para apoiar á sociedade temos aberta a todo o mundo a cuota de socio anual, así que todos os interesados poden contactar con nós mediante mensaxe privada.
Os beneficios de ser socioda Ulloa son: os permisos a un 50% menos do importe da Xunta, quedando os de Monterroso e Antas de Ulla a 2€ e o do Intensivo a 3€. E para rematar todos os cotos do sen morte serán de balde (0€).
Acollémosvos cos brazos abertos e para calquera dúbida que vos xurda non dubidedes en contactar con nós.

Un cordial saúdo.
A directiva da Ulloa.

volver a índice de especiales