XXII TROFEO CIDADE DE NARON-LETRAS GALEGAS

Hai 22 anos que comezou a súa andaina o TROFEO CIDADE DE NARON DE PESCA. A data de celebración ao igual que en edicións anteriores será o día 17 de maio, Día das Letras Galegas, no couto que esta sociedade xestiona xunto co Servizo de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente: O couto troiteiro de Xubia.
O programa de actividades é o seguinte:
-07:30 h.- Xuntanza no Bar Os Rubios (Volta do Poulo-Neda)
-09:00 h.- Inicio do campionato
-13:30 h.- Fin da competición
-14:00 h.- Entrega de capturas e pesaxe no local social de Cerdeiras
A actividade rematará cunha comida de confraternidade que terá lugar no propio local social. Finalizada a mesma procederase á entrega de trofeos.
Lémbrase a tódolos pescadores da comarca a posibilidade de inscribirse coma participante e de acudir con acompañante.
Dado que as prazas son limitadas aos 30 pescadores que ten de aforo o couto troiteiro, pregamos que se poñan en contacto connosco o antes posible para tramitar a súa inscrición, que coma todos os anos será preferente para os socios, aínda que aberta ao resto de pescantíns .
As inscricións pódense facer a través do correo electrónico
arrotreba@gmail.com e tamén se pode contactar coa organización nos móbiles: 615 055 041 e 618 766 262
Atentamente, o presidente,
ELOI SAAVEDRA VIDAL

volver a índice de especiales