XXXVII Festa da Troita de A Pontenova

Troita de Ouro da Pontenova aos “Artesáns da Pesca" e a Juan Delibes
En A Pontenova, a 8 de abril de 2015.
Reunida a Xunta Directiva do Centro de Iniciativas Turísticas para nomear a Troita de Ouro deste ano, a persoas ou colectivos que se distingan pola defensa, investigación, divulgación e deporte da pesca fluvial; decídese conceder a Troita de Ouro ao colectivo “Artesáns da pesca”.
No mesmo acto, terá lugar a lectura do Pregón a cargo do pescador e xornalista Juan Delibes a quen tamén se lle imporá a Troita de Ouro da XXXVII Festa da Troita.
A gala de entrega terá lugar o vindeiro día 30 de abril, ás 8 da tarde, no Salón de Actos da Casa da Cultura de A Pontenova.
Posteriormente terá lugar a inauguración do Aula de Interpretación da Pesca (Museo da Pesca) sita no edificio da Oficina de Turismo de A Pontenova.
Xunta Directiva CIT A Pontenova.

“ARTESANS DA PESCA”
Este grupo de artistas do torno, da creación e da montaxe de todo tipo de complementos de pesca acadaron a CARTA DE ARTESÁN da XUNTA DE GALICIA en 2010 e quedaron inscritos no Rexistro Xeral de Artesáns da administración autonómica.
JULIO SEIJAS, OSCAR GAYOSO, FERNANDO COMBA, FRANCISCO PORTO, SUSO VILAR, ALBERTO MERA, ANDRÉS TOUCEDA, MANUEL GARCIA, ELOY SAAVEDRA, NOELIA GAYOSO, XAQUÍN L. MUÍÑOS, MIGUEL SEOANE, LUIS PIÑEIRO, JUAN JOSE GAYOSO, JORGE RODRÍGUEZ MADERAL e JOSE MANUEL BALDONEDO.

INAUGURACIÓN DA AULA DE INTERPRETACIÓN DA PESCA (MUSEO DA PESCA)
Peixes artificiais de Jaime Taboada
Moscas de Belarmino Martínez
Creacións de Vicente Longo
Moscas de Rafael del Pozo
Moscas de Angel Cancelo
Moscas de Juan Ventura Guimarey
Moscas e creacións dos “Artesáns da Pesca”: Julio Seijas, Oscar Gayoso, Fernando Comba, Paco Porto, Suso Vilar, Alberto Mera, Andrés Touceda, Manuel García, Eloy Saavedra, Noelia Gayoso, Xaquín Lorenzo Muíños, Miguel Seoane, Luis Piñeiro, Juan Gayoso, Jorge Rodríguez Maderal e José Manuel Baldonedo.
Moscas de Paco Redondo
Moldes para riscos de Dionisio Beltrán
Carretes de madeira de 1900
Cana de bambú de 1910
Cana Carswell de 3 tramos
Canas de bambú artesanais de 1930
Cana Abu Svangsta, modelo Atlantic 403
Carretes Sagarra
Carretes Crack Contact 440
Sacadeira artesanal de Julio Gallego
Colección de 500 Riscos
Creacións de Santi Nitas, Ricardo Máiz, Moncho Feros, Arturo Alonso e outros montadores galegos
Debuxos de pesca, Libros, etc.