Amigo Baleato

Nestes momentos tan tristes e de profunda dor, dende o Club Londra de Rois queremos facernos partícipes e enviarlle as nosas condolencias a toda a súa familia, especialmente á súa dona Rosario e aos seus dous fillos Juan e Roberto así como a todos os dubreses e compoñentes de O Ranqueiro.
Foi a través da Asociación O Ranqueiro, do seu Presidente Chema García, quen me brindou a honra de coñecer a Baleato, pronto me decatei de que estaba ante unha gran persoa, non en vano o avalaba a súa longa traxectoria como máximo rexedor de Val do Dubra.
Durante todo este tempo tiven oportunidade de coñecelo máis en profundidade. Desprendia amabilidade, confianza. Unha persoa que se mesturaba co seu pobo e que acollía a todos os que se achegaban a él coa máxima hospitalidade; hospitalidade que sempre lle brindou ao Club Londra de Rois, cando todos os anos polo mes de xuño e invitados pola Asociación O Ranqueiro, nos achegabamos a Val do Dubra a pasar unha xornada inesquecibre, inesquecibre sobre todo para os máis cativos do club participando en Pescadubra. Unha xornada na que colaboraba como un máis, deixando a un lado a política e gozando da presenza de tantos nenos cheos de ilusión; ilusión que a Baleato se lle reflectía no brilo dos seus ollos, cando un neno pescaba unha troita, quizais a primeira troita da súa vida.
Baleato non era pescador, pero tiña os mesmos sentimentos e preocupacións que calquera de nós: a contaminació, o furtivismo, etc, etc.
Sempre a carón dos que traballan por ter un río en condicións.
Aí queda o seu legado, quen mellor que os Dubreses para valoralo, quen mellor que O Ranqueiro para coidalo, agardamos que o seu sucesor lle dea continuidade ao labor que Baleato comezou, aínda que comprensiblemente o listón quedou moi alto.
Os pescadores de Rois, o botaremos de menos, quedaranos na memoria e na retina, sobre todo dos máis cativos, os bos momentos que vivimos con él a carón do río Dubra, en Pescadubra, cos nosos amigos e compañeiros de O Ranqueiro.
Perdemos un gran amigo e unha mellor persoa.
Que descanses en paz, Juan Manuel Baleato.
Antonio Gestoso, Presidente do Club Londra.

Son, estes, momentos difíciles e tristes para Val do Dubra e para Pescadubra.
Á marxe de discrepancias políticas e de enfrontamentos partidistas, Baleato foi unha persoa que será recordada por todos os dubreses.
Por se o tempo é esquecemento, quixera nestes momentos de profunda dor enviarlle un berro de ánimo a familiares e amigos porque o labor e os soños de Baleato están en marcha aínda que perdamos un gran amigo, un gran veciño e un gran político, deses que se volcan no ámbito local e que non teñen outra pretensión que servir ao seu pobo.
Non por tempo, senon por intensidade, Xoán Manuel vai permanecer na memoria colectiva da nosa Vila e da comarca que lle quedan agradecidas polo seu labor en favor do desenvolvemento dun recuncho de Galicia que precisa de homes e mulleres como Baleato.
Puxemos em marcha Pescadubra con moitísimos atrancos, sen financiamento, sen moitos apoios e hoxe Pescadubra é todo un referente a nivel de Galicia.
Gustabas da pesca, do ambiente da pesca, dos pescadores e do río. Sempre estabas aí, cando un vertido, cando se necesitaba unha axuda para O Ranqueiro, cando abria a temporada de pesca; sempre.
Por todo iso, ata sempre, amigo.
Chema García.

Coincidí con él en la Facultad en aquellos revolucionarios y revolucionados finales de los setenta.
Una vez matriculados, llegamos ambos al equipo de fútbol universitario con el que incluso habíamos conseguido un título,
del que ya no me acuerdo, y la última vez que hablé con él, tampoco lo tenía fresco en la memoria.
Mucho tiempo después, me lo encontré siendo ya Alcalde de Val do Dubra y recobramos el contacto que acabó de nuevo en gran amistad como la tuvimos de aquella; bien es cierto, que en esta ocasión medió un interlocutor de lo más atinado como fue Chema García.
El motivo de volver a vernos fue Pescadubra, evento singular donde los haya, en el que más de 500 personas aúnan sentimientos s través de la pesca. Y dentro de Pescadubra, mención especial para la jornada de personas discapacitadas, todo un logro de la Asociación Ranqueiro de Val de Dubra y su equipo de colaboradores.
Chema García, al que me une una entrañable y duradera amistad, me contó con todo lujo de detalles cómo nació Pescadubra y cómo Juan Manuel Baleato se había erigido en máximo defensor de la causa.
En julio de este año, estuvimos juntos –y por última vez- los tres, con otros muchos amigos que sienten Pescadubra como un latido propio como es el caso de Julio Gigirei.
Baleato malamente lanzaba una caña pero el mundo de la pesca le atraía y le llamó tanto la atención la cola de rata que se marcó unos lances y con notable éxito.
Le echaremos de menos y esperamos que su falta no marque negativamente Pescadubra, que está por encima de las personas.
Hasta siempre, amigo Baleato.
Miguel Piñeiro.

volver a indice de especiales