ACTA DO COMITÉ DE PESCA FLUVIAL DE A CORUÑA

24 DE OUTUBRO DE 2011


ASISTENTES:

VICEPRESIDENTE
D. Carlos G. Muñoz Martinez  Xefe do Servicio de Conservación da Natureza

SECRETARIO
D. Manuel Rodríguez Solórzano (Xefe de Sección de Caza e Pesca)

VOCALES:
D. J. Gonzalo Mosquera Tallón (Delegación Territ. Consellería de Pesca)
D. José A. Casal Fernández  (Xefatura Territorial Consellería Presidencia, Deportes)
D. José Luis Puerta Villegas (Xefatura Territorial Medio Rural. Sanidade Animal)
D. Luis García Alonso (Aguas de Galicia,  Xefe da Demarcación Galicia Norte)
D. Jesús Bolaño García (Delegación Provincial Federación Pesca)
D. Felix Rodil Alvarez, (Representante de Sociedade Federada)
D. Carlos Gesto García(Representante de Sociedade Federada)
D. Xavier Pazo Blanco (Representante de Sociedade Colaboradora no federada))
D. José Manuel García Noya (Representante de Sociedade Colaboradora no federada)
D. Miguel Piñeiro Moure (Designación  como Asesor da Dirección Xeral)
D. José Luis Saavedra Villar (Axente Territorial Distrito IV)

REPRESENTATES  DA ADMINSITRACION DO ESTADO
Dª Ricardo Terceiro Sangiao  (Oficina Técnica do Seprona)

Da comienzo a sesión sendo as 11, 30 horas do 24 de outubro de 2011 coa asistencia dos convocados relacionados ó inicio da acta , e co  seguinte orden do día:
1º.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior
2º.- Períodos hábiles de pesca para a tempada 2011
3º.- Rogos e preguntas

Abre a sesión o Vicepresidente  do Comité, D. Carlos G. Muñoz dando  a benvida ós asistentes, disculpando a ausencia do Presidente do Comité e pasando a continuación a facer unha ronda de presentacións dos membros presentes do comité con indicación da representación que ostentan.

O Sr. Carlos Muñoz interviene  resaltando a importancia dos comités como Órganos consultivos da Administración e da unha visión da temporada de pesca 2010 en cifras (permisos ofrecidos, vendidos, ocupación, capturas, denuncias, vertidos etc..)

A continuación o Sr. Carlos Muñoz inicia la lectura do 1º punto da orde do día

1º punto : Lectura e aprobación se procede do acta da sesión anterior

O Sr. Carlos Muñoz,  pregunta ós asistentes se están de acordo co contido da acta da reunión anterior, manifestando o Sr. Miguel Piñeiro a disconformidade xa que entende que hai un erro de trascripción na mesma, porque él  non deixou o seu malestar polas declaracións na prensa do Presidente da Federación Galega de Pesca contra a súa persoa como así se recolle na acta do Comité do 2010.  O Sr. Carlos Muñoz  dice que se retira este párrafo da acta, aprobandose  acto seguido a mesma polos asistentes.
O Sr. Miguel Piñeiro, a  efectos de que non se malinterpreten as súas propostas solicita que recollan integramente  na acta, pasandolas por escrito .
Achéganse como anexo I á acta. Tamén solicita ter acceso as actas doutros Comités provinciais para coñecer o orixe das propostas do Comité Galego.

PROPOSTAS  PARA A VINDEIRA TEMPADA DE PESCA

A continuación  o  Sr. Carlos Muñoz   da unha  visión xeral sobre os distintos puntos da proposta do Servizo Provincial para a vindeira tempada, para a continuación pasar a discutir con mais detalle cada un dos mesmos.

TROITA
Inicio o 18 de marzo e peche da tempada con morte o 31 de xullo, prórroga sen morte en coutos ata o 30 de setembro.
O Sr. José Casal,  entende que moi perigoso deixar os tramos libres sen pescadores nin  guardería dende o 31 de xullo,polo que en estas zonas tamén debería seguir a pesca sen morte. Esta medida a apoian os Sres .Jesús Bolaño, Xavier Pazo e José M. García. O Sr.  Félix Rodil di que en agosto veñen mohitos pescadores aos pobos a pasar vacacións  e non sabe se esta medida pode resultar  ou non positiva. O Sr. Carlos Gesto  entende que a medida é correcta xa que a morte de troitas liberadas en acción de “pesca sen morte” se compensa coa restricción da pesca con morte dende o 31 de xullo.
O Sr. Carlos Muñoz entende entonces que a proposta mais consensuada é a de que a pesca con morte remate o 31 de xullo e se prorrogue sen morte  en coutos e zonas libres ata o 30 de setembro.

Dias inhábiles para a pesca
Se abre un debate sobre a proposta da Consellería de que os xoves tamén sexan inhábiles nas zonas libres. O Sr. Jesús Bolaño, propón que os xoves sexan días de pesca sen morte, tanto en coutos como en zonas libres, sendo así unha maneira tamén de promover este tipo de pesca.
O Sr. Miguel Piñeiro di que non está dacordo en suprimir a pesca os xoves en zonas libres se non existe un estudio científico que avale dita prohibición. Apoia a postura do Sr. Jesús Bolaño.  Finalizado o debate se consensúa que se a proposta que se leve ao Galego sexa: Luns día inhábil en coutos e zonas libres, xoves día de pesca sen morte en coutos e zonas libres.

Cupos de captura e talla mínima
Se abre un debate sobre a posibilidade de reducir os cupos de captura. O Sr. Miguel Piñeiro que aún siendo partidario de rebaixalo se un estudio lo avala, sería mais interesante establecer vedas por concas e ver a evolución xa que pode ser que o poder de rexeneración dos ríos estea mermado. O Sr. Félix Rodil indica que o problema está en que os cupos non se respetan, polo que o establecer mais ou menos troitas  nos cupos é irrelevante. O Sr. José Casal en este tema non é partidario de as vedas xa que os ríos sen pescadores atraen o furtivismo.

Se abre outro debate sobre as tallas mínimas de captura, no que o Sr.  Félix Rodil opina que non ten sentido limitar a talla se hai cupos e estos se cumplen xa que se están a pescar os mellores peixes reproductores. O Sr José M. García é partidario de suprimir tallas para que ao chegar as dez troitas a xente marche do río, se non as pequenas metense no bolsillo e se segue a pescar. O Sr. Miguel Piñeiro  solicita que se supriman as tallas de 17-19-21 actuais por non ter sustento científico que o avale e mentras non se presenten os resultados desta norma que leva pidiendo mais de catro anos. O Sr. Carlos Gesto  opina que se non hai talla mínima estaríase a fomentar os viaxes sucesivos ao coche ou a casa para descargar cupos por la facilidade da pesca do peixe pequeno; que a xente debe ir ao río consciente dunha talla mínima , e a actual está posta en base a que unha troita de 19 cm desova polo menos unha vez. Que de ser unha talla única debería estar en 20 e un cupo de 8 troitas. O Sr. Félix Rodil entende que non hai medida que sexa a panacea, que os regatos se deben vedar xa que non hai troita da medida, que debe haber unha medida mínima para a troita, non vale calquera talla, e que se están a coller os mellores reproductores coa talla actual. O Sr.  José Casal  é partidario dunha talla única para a troita en toda Galicia (excepto encoros) e non é partidario da rebaixa de cupos.
O Sr. Carlos Muñoz  visto o debate parece que non hai consenso se ben se valora positivamente  a proposta de revisar os cupos de captura.

Engados

O Sr. Jesús Bolaño, solicita que se estudie a limitación de uso de cebo natural para a pesca da troita a partir do 30 de xuño como noutras provincias.
A esta prohibición de adhiere o Sr. Xavier Pazo xa que no couto do Furelos leva dende hai anos imposta esta prohibición

REO
O Sr. Carlos Muñoz explica a proposta de baixar a talla do reo de 35 a 30 cm en base ao acordado na reunión celebrada en Santiago para coordinar as medidas propostas pola Administración. O representantes das sociedades federadas, Félix Rodil e Carlos Gesto  así como el representante da Federación Sr. Jesús Bolaño  entienden que polo menos habería que manterla un ciclo para ver os resultados desta medida.  O Sr. Miguel Piñeiro expón que non existe criterio técnico para a o incremento da tempada pasada de 30 a 35, pero que en cambio o técnico Pablo Caballero opina que esta medida ata pode ser contraproducente como o expresa nun artículo publicado no xornal “Trueiro” , e que na súa opinión se debería seguir este criterio. O Sr. José Casal opina que a realidade é que se pescaron menos reos que o ano pasado quedando mais peixes no río para desovar polo que a medida pode ser eficaz. O Sr. Carlos Muñoz entende que hai discrepancia entre as opinións dos membros do Comité

SALMON
Sobre os cupos establecidos para el salmón, en xeral, o Sr. José Casal  opina que estos se deben establecer en función das cifras que dan os contadores, non en función de estimas de retorno en base a conteo de pintos que son as que están utilizando os técnicos. Non debería existir problema en rectificar (ampliar ou reducir cupo) sobre a mesma tempada como se fai en outros paises con nivel de explotación piscícola mais desenrolado. O Sr. Miguel Piñeiro explica que no Ulla nunca ocasión ampliouse o cupo durante a tempada en dez ejemplares polo que non debería haber problema nestas modificacións. O Sr. Carlos Muñoz  considera interesante la propuesta si bien el contador del Mandeo aún está en período de prueba, pero en el futuro será de ter en conta

Sobre a protección del salmón mediante declaración de novas zonas de augas salmoneiras, o Sr. Félix Rodil  indica que se deberían declarar augas salmoneiras as zonas donde se detecten poblaciones importantes de pintos. O Sr Carlos Gesto, dice que se detectaron salmones en el río Grande, Ponte do Porto e no Xubia. O Sr. José Casal , a este respecto opina que realmente hai entradas esporádicas de salmón en moitos cauces, incluso en cauces de pequena entidade e que non deberían declararse augas salmoneiras todas as masas nas que se atopen pintos; hai que tener estudios mais profundos , motivados, e acompañados dun plan real de recuperación da especie para realizar esta declaración, e o que hai que esixir é que a xente que accidentalmente pesque un salmón o devolva á auga. O Sr. Carlos Muñoz  entiende esta posición e considera prioritario realizar estos estudios mais detallados antes de que os pescadores doutras especies salgan perxudicados.

Sobre a maneira de liberar salmones cando se capturan de forma accidental ou pescando sen morte, o Sr. Félix Rodil opina que a norma galega é cando menos confusa, e que se debería redactar doutro xeito ou aplicar a norma asturiana, mais sinxela: “ A devolución das capturas realizarase con rapidez, mantendo e suxeitando o salmón na auga mentras se libera o señuelo. Nunca debe ser suspendido verticalmente pola cola”.

O Sr. Miguel Piñeiro tamén pide que se derogue a norma establecida no 2010 e que se permita llevar o salmón ata a beira e meterlo na sacadeira para desanzuelarlo . O Sr. Carlos Muñoz  di que si a norma asturiana está clara e é realmente a que se quere aplicar aos salmóns non debería existir problema en adaptala á normativa galega e se redactará no comité galego

Sobre a posibilidade de establecer zonas libres para a pesca do salmón, o Sr. Miguel Piñeiro, expón que ninguén lle sabe explicar o porqué de que non exista un só tramo libre en toda Galicia para a pesca desta especie.  Parécelle  que non é constitucional dita prohibición e mais cando paga unha licencia con recargo que lle posibilita dito dereito. Solicita tramo libre para el salmón con e sen morte. O Sr. Carlos Muñoz lle responde  que a licencia é unha taxa que se paga por un servizo , para manter o seu funcionamiento.

Sobre os coutos de salmón, o Sr. Miguel Piñeiro solicita que se trameen os ríos por lotes con nº de cañas especial para a pesca sen morte, xa que entiende que é un sinsenso o dos coutos do  Ulla, pero tamén pódese aplicar ao Mandeo.

Sobre a manipulación de salmóns o Sr. Miguel Piñeiro  solicita que só manexen salmóns persoal cualificado, para evitar que peóns marquen salmóns.

Sobre os engados para el salmón, o Servizo Provincial expón que quere a opinión dos membros do comité sobre a prohibición de anzois triples nos engados xa a partir di inicio da tempada a excepción do risco.
A este respecto o Sr. Miguel Piñeiro entende que coa política de cupos non ten sentido a prohibición di triple dende o inicio da tempada. Solicita que se pesque sen restriccións de  anzois ata acadar o cupo que marque a Administración.

Sobre a  prohibición total de engados naturais para a pesca doutras especies distintas do salmón en augas salmoneiras non hai manifestación en contra dos membros do Comité.

COUTOS DE PESCA
Se presenta a solicitude da Sociedade de Caza e Pesca Halcón de Mazaricos para a creación dun couto no río Beba. O Sr. Félix Rodil, entende que é positiva pero sempre que a sociedade Salmo estea dacordo xa que parte do Beba pertenece ao couto do Xallas sen morte. O Sr. Jesús Bolaño di que a prate baixa do Beba é o frezadeiro do Xallas S.M. e que se debería deixar así. Podería estudiar dita sociedade o tramo do Xallas por debaixo do encoro. O Sr. José Casal, opina igualmente que non hai frezadeiros no Xallas, e ademais en todo caso a sociedade debería cambiar os estatutos  xa que se rixe polos de caza e esixe para ser socio ter terreos de propiedade  no concello. O Sr. Carlos Muñoz  dice que habería que buscar unha solución  consensuada para atender a demanda de dita sociedade.

Se presenta a solicitude da Asociación de pescadores “Amigos do Iso” para disminuir o nº de permisos/día no acoutado. A oferta actual supera nun 50% á demanda polo que se da o visto boa unha rebaixa

O Sr. Jesús Bolaño e carlos Gesto solicitan que se establezca un tramo libre sen morte no río Tambre. O Sr. Carlos Muñoz  di que presenten unha solicitude concretando o tramo  para realizar as oportunas xestións e ver a viabilidade do mesmo

VEDADOS
Vista a proposta do Servizo provincial, O Sr. Miguel Piñeiro expresa a súa oposición  a que se abran 40 Km de río (rego do Busto, Rego da Illa, Rego Sta. Cristina, Río Xora, Río Berdeogas, e Río Cruz de Canle (Sta. Comba, Vimianzo e Dumbría)  á pesca en xeral, con todo tipo de cebos, xa que os regatos son os grandes frezadeiros.  O Sr. Carlos Gesto indica que ata ahora é unha práctica habitual da guardería do Distrito V o vedar varios regatos do distrito durante dous anos para después abrilos á pesca.

ROGOS E PREGUNTAS

Sobre responsabilidades e representatividades  nos Comités
Neste capítulo o Sr. Miguel Piñeiro celebra a introducción feita por o Sr. Carlos Muñoz na que explicou e realizou consideracións sobre as funcións  de deliberación  e análises da realidade da pesca así como  da representatividade dos  mebros do Comité Provincial ,  xa que entende que o Comité Galego da temporada pasada estivo condicionado por unha minoría dos seus membros, algún deles sen representatividade legal. Solicita que se identifiquen previamente todas as persoas que asistan ao Comité Galego e a quén representan e que a administración vele polo cumprimento da legislación neste aspecto.  Solicita que se pidan responsabilidades pola participación destas persoas.  O Sr. José Casal , a este respecto deixa constancia de que entende que non é correcto que no Comité Provincial do ano pasado  se vete o voto (que non a presencia)   do Sr. Mark Atkinson por carecer da representatividade legal oportuna e que no Comité Galego se permita a súa presencia con voz e voto. O Sr. Carlos Muñoz, explica detalladamente os motivos que levaron ao Comité provincial do ano pasado a non aceptar a representatividade que amosou o Sr. Mark Atkinson.

Sobre a lei de Pesca
O Sr. Félix Rodil indica a necesidade de modificar a Lei de Pesca de Galicia, moción á que se unen os restantes membros representantes das sociedades de pesca, representante do deporte e o asesor da Dirección Xeral. O Sr. Carlos Muñoz,  di que esta é unha cuestión reiterada en todos os Comités  e que ata que non se acade a modificación da lei de Caza, que rematará o ano que ven non se inciará a reforma de la de pesca. A este respecto o Sr. Miguel Piñeiro, recorda o compromiso do actual goberno autonómico  cos pescadores de modificarla nesta legislatura.

Sobre os caudais ecolóxicos
O Sr. José Casal  explica a necesidade que hai de revisar os caudais ecolóxicos de determinados cauces, como el del Mandeo, por ser insuficiente ou o del Tambre por ser excesivo , turbinar ilegalmente a pé de presa o caudal ecolóxico , e por turbinar augas  con excesivo arrastre de limos cando o caudal do encoro está baixo o que tapona os frezadeiros do Tambre. O Sr. Luis García Alonso, di que trasmitirá a queixa á persoa indicada xa que a nivel periférico nan hai competencias sobre minicentrais , presas, caudais, porque está centralizado en Santiago.

Sobre sinalización  de prohibida a pesca  a pé de presa
O Sr. Miguel Piñeiro, sobre este tema di que a sinalización dos tramos vedados a pe das presas, deben seren revisados todos en toda Galicia pois hai “diferentes medidas nos vedados” . Solicita que se aplique a Lei de Pesca: 50 metros lineais por igual a todas as presas de Galicia. Pon o exemplo dos coutos de Betanzos, Ximonde, Sinde e Couso, que teñen distancias vedadas diferentes sin que estea contemplado na Lei de Pesca

Sobre a contaminación do Sar
O Sr. Miguel Piñeiro da conta da noticia dun diario no que un ribereño que rescatou no último vertido no Sar  varias anguias e as tiña vivas nun estanque,  e que o Seprona non supo darlle destino a ditos peixes. O Sr. Ricardo Terceiro, di que hai un protocolo establecido e que entende que é extraña dita noticia. O Sr. Carlos Muñoz defiende a boa xestión que fai o Seprona en calquera situación ambiental polo que tamén lle extraña dita noticia.

Sobre o escrito de peticións da Sociedade de Caza e Pesca Xubia
Os Sres. Félix Rodil e Miguel Piñeiro presentan un escrito da  Sociedade de Caza e Pesca Xubia con varias peticións e/o consideracións para estudio, moitas das cales xa foron tratadas nesta sesión. Sobre a de revisar os criterios de corta de vexetación arbórea de ribeira, o Sr. Luis García Alonso di que lle extraña xa que o seu departamento, Galicia Norte,  ten fama de moi restrictivo á hora de autorizar talas. Achégase como anexo II á acta o escrito da Sociedade.

Sen mais asuntos que tratar se levanta a sesión sendo as 14,30 horas do 24 de outubro de 2011.

O SECRETARIO DO COMITÉ
Manuel Rodríguez Solórzano

O VICEPRESIDENTE DO COMITÉ
Carlos G. Muñoz Martínez


RESUME  DOS   ACORDOS:

TROITA/ REO
Temporada: A proposta mais consensuada é a de que a pesca con morte remate o 31 de xullo e se prorrogue sen morte  en coutos e zonas libres ata o 30 de setembro.
En días hábiles :  Luns día inhábil en coutos e zonas libres, xoves día de pesca sen morte en coutos e zonas libres
En cupos e tallas de troita : non hai consenso se ben se valora positivamente  a proposta de revisar os cupos de captura.
Na talla do reo: hai discrepancia entre as opinións dos membros do Comité

SALMON
Sobre a maneira de soltar os salmóns  se a norma asturiana está clara e é realmente a que se quere aplicar aos salmóns non debería existir problema en adaptala á normativa galega
Sobre os engados para el salmón, non se acepta a restricción de pesca sen triples dende o inicio da tempada. Triples en risco dende inicio da tempada ata o final do período habil del reo.
Sobre a  prohibición total de engados naturais para a pesca doutras especies distintas do salmón en augas salmoneiras non hai manifestación en contra dos membros do Comité.
Posibilidade de habilitar tramos libres e novos lotes en coutos (Ulla, Mandeo)

OUTROS TEMAS TRATADOS
Uniformidade na señalización da prohibición de pesca a pé de presa
Modificación da Lei de Pesca
Revisión de caudais ecolóxicos (Mandeo, Tambre)
Apertura de determinados  encoros á pesca sen morte todo o ano
Control de depredadores: visón e cormorán
Modificación nº permisos couto de Arzúa

volver a índice de especiales