Bases do XXXIX Concurso Internacional del Salmón del Ulla

A XUNTA DIRECTIVA DA SOCIEDADE DEPORTIVA RIO ULLA CELEBRARÁ A XXXIX EDICIÓN DO CONCURSO INTERNACIONAL DE PESCA DO SALMÓN NO RÍO ULLA OS DÍAS 9 E 10 DE MAIO DE 2.015.
BASES E NORMATIVA
-O ESCENARIO DA COMPETICIÓN SERÁN OS COUTOS FLUVIALES DE PESCA DEPORTIVA QUE O RÍO ULLA TEN ESTABLECIDOS COA DENOMINACIÓN DE: SINDE, SANTELES E XIMONDE, QUEDANDO RESERVADOS ÚNICAMENTE PARA A REALIZACIÓN DO CONCURSO DITOS DÍAS.
-OS APARELLOS E CEBOS SERÁN OS AUTORIZADOS PARA A PESCA DE SALMÓN, SEGUNDO A NORMATIVA DE PESCA FLUVIAL DA XUNTA DE GALICIA.
-O NÚMERO MÁXIMO DE CAPTURAS POR CONCURSANTE SERÁ DE DOUS SALMÓNS DURANTE TODO O CAMPIONATO (UN POR XORNADA), DEIXANDO DE PESCAR NO MOMENTO, DE SE PRODUCIR ESTE FEITO.
-OS SALMÓNS CAPTURADOS NO CAMPIONATO SERÁN PROPIEDADE DOS SEUS CAPTORES, PERO DEBERÁN DE SER GUIADOS AO MOMENTO, E PASAR A FORMAR PARTE DA EXPOSICIÓN DO CONCURSO ATA A ENTREGA DE TROFEOS, QUE TERÁ LUGAR NO ACTO DE CLAUSURA.
-NO CASO DE CAPTURAR A COTA ASIGNADA AO CONCURSO ANTES DA SÚA CLAUSURA, DARESE POR FINALIZADO O CAMPIONATO NESE MOMENTO, NON PODENDO REALIZAR OUTRA MODALIDADE DE PESCA.
-A COTA PARA O SÁBADO SERÁ DA METADE DOS SALMÓNS ASINADOS PARA O CONCURSO.
-PARA A PUNTUACIÓN DO CONCURSO TERANSE EN CONTA O NÚMERO DE PEZAS, PESO E DIMENSIÓN DOS EXEMPLARES CAPTURADOS. NON SERÁN VÁLIDOS OS SALMÓNS QUE NO REBASEN OS 40 cms., QUE DEBERÁN SER DEVOLTOS AO RÍO.
-O NÚMERO DE PRAZAS PREVISTO PARA O CONCURSO É DE 48. NON ENTANTO ESTÁ SUPEDITADO A CALQUERA CAMBIO QUE REALICE A AUTORIZACIÓN DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE.
-O CONCURSO REALIZARASE MEDIANTE MANGAS DEPORTIVAS DE MAÑÁ E TARDE, CON ROTACIÓN POR SORTEO, TANTO DE COUTOS COMA DE POSTOS, AMBOS DÍAS
-AS MANGAS TERÁN UNHA DURACIÓN DE 2,30 HORAS CADA UNHA:
MAÑÁ: 8:00 hs,ás 10:30 hs E 10:30hs ás 13:00hs.
TARDE: 16:00hs ás 18:30 hs E 18:30hs. ás 21:00hs.
-AS POSTURAS IRANSE INTERCAMBIANDO NUN LAPSO DE TEMPO NON SUPERIOR A 15 MINUTOS, QUE A ORGANIZACIÓN CONFIRMARÁ OPORTUNAMENTE, PARA QUE TODOS OS PARTICIPANTES POIDAN TER AS MESMAS OPORTUNIDADES DE CAPTURA DE SALMÓNS.
CAUSAS DE DESCUALIFICACIÓNS:
1.- EMPEZAR A PESCAR OU TERMINAR ANTES OU DESPOIS DA HORA ESTABLECIDA
2.-NEGARSE A ROTACIÓN DAS POSTURAS DE PESCA NO TEMPO ESTABLECIDO
3.-NEGARSE A SEGUIR AS INSTRUCCIÓNS DA GARDERÍA AUTORIZADA, OU DA ORGANIZACIÓN DO CONCURSO.
4.- QUEBRANTAR CALQUERA BASE OU NORMA DAS ESTABLECIDAS PARA A REALIZACIÓN DE DITO CONCURSO.
AS DATAS PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES DE INSCRIPCIÓN SON DO 23 DE MARZO AO 7 DE ABRIL/15.
-PARA TER DEREITO A SER ASPIRANTE AO CONCURSO, É CONDICIÓN INDISPENSABLE SER MAIOR DE IDADE.
-PODERÁN PARTICIPAR NO CONCURSO TANTO SOCIOS, COMO FORÁNEOS, NACIONAIS E ESTRANXEIROS.
-TODAS AS SOLICITUDES SERÁN REVISADAS POLA ORGANIZACIÓN BAIXO EXAME MUNICIOSO DAS MESMAS, RESERVÁNDOSE O DEREITO DE ADMISIÓN DE TODAS ELAS.
-
RESERVARASE O 10% DAS CANAS QUE ASIGNE A XUNTA Ó CONCURSO, PARA ESTRANXEIROS NON RESIDENTES NO TERRIRORIO ESPAÑOL. NO CASO DE QUE NON SE CUBRA O 10%, PASARA A COMPLETARSE COAS RESERVAS DO SORTEO, E DE SE REBASAR, PROCEDERASE A REALIZAR O SORTEO PERTINENTE.
-PARA FORMALIZAR AS SOLICITUDES DEBERÁN ESTAR DEBIDAMENTE CUBERTAS COS DATOS PERSOAIS, Nº DE TELÉFONO DE CONTACTO E ACOMPAÑADAS DUNHA FOTOCOPIA DA LICENZA DE PESCA COA RECARGA DE PESCA DO SALMÓN, E OUTRA DA LICENZA FEDERATIVA DE PESCA, AMBAS EN VIGOR. OS PESCADORES QUE NON ESTEAN EN POSESIÓN DA LICENZA FEDERATIVA DE PESCA, PODERÁN SOLICITALA NA S.D. RIO ULLA, PREVIO ABONO DO PREZO DA MESMA.
-AS SOLICITUDES QUE NON PRESENTEN TODA A DOCUMENTACIÓN SOLICITADA A DATA LÍMITE 7 DE ABRIL ÁS 22:00 HS., NON SERÁN ADMITIDAS.
-PARA LEVAR A CABO O SORTEO, AS SOLICITUDES SERÁN NUMERADAS CORRELATIVAMENTE, SEGUNDO A ORDE DE ENTRADA NAS OFICINAS DA SOCIEDADE.
-AS SOLICITUDES PODERÁN ENTREGARSE DIRECTAMENTE NAS OFICINAS DA SOCIEDADE, ENVIALAS POR CORREO POSTAL, OU POR CORREO ELECTRÓNICO, NESTE ÚLTIMO CASO A SEGUINTE DIRECCIÓN:
sdrioulla@hotmail.com
-NO CASO DE QUE ALGUNHA SOLICITUDE NON SEXA ADMITIDA, SERÁ COMUNICADO OPORTUNAMENTE POLA ORGANIZACIÓN AO INTERESADO.
-UNHA VEZ REMATADO O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES, E SE OS INSCRITOS PASASEN A COTA DE CANAS AUTORIZADAS PARA O CONCURSO, PROCEDERASE Á REALIZACIÓN DO SORTEO, QUE TERÁ LUGAR O DÍA 13 DE ABRIL DO 2.015, ÁS 20:30 HS. NAS OFICINAS DA SOCIEDADE, (AVDA. DE PONTEVEDRA, Nº 31-1º - A ESTRADA)
-O CITADO SORTEO SERÁ PÚBLICO E IRÁN AO BOMBO TANTOS NÚMEROS COMO INSCRICIÓNS HAXA. NO CITADO SORTEO ASIGNARANSE OS HORARIOS E COUTOS DE PESCA QUE LLES CORRESPONDA A CADA CONCURSANTE.
-O RESULTADO DO SORTEO COMUNICARÁSELLE AOS SOLICITANTES QUE CONSEGUIRAN PRAZA PARA O CONCURSO, ASI MESMO, SE SORTEARÁN 10 PRAZAS DE RESERVA.
-REALIZADO O SORTEO, OS SOLICITANTES QUE OBTIVESEN PRAZA, DEBERÁN ABONAR A COTA DE INSCRIPCIÓN ANTES DO DÍA 21 DE ABRIL. REMATADO ESTE PRAZO, NO CASO DE QUE ALGÚN SOLICITANTE NON FIXESE EFECTIVO O IMPORTE DA INSCRICIÓN, PERDERÁ OS DEREITOS PASANDO A SÚA PRAZA AO PRIMEIRO DA LISTA DE RESERVA.
-PREZO DA INSCRICIÓN: 50 EUROS PARA OS PESCADORES PERTENCENTES A S.D. RIO ULLA e 1
50 EUROS PARA O RESTO DOS PESCADORES.
O PREZO INCLÚE O ALMORZO DO DÍA DA ENTREGA DAS TARXETAS, A COMIDA DE CONFRATERNIDADE DO DOMINGO A MEDIODÍA, E OS VIÑOS E PINCHOS DO ACTO DE CLAUSURA DO CONCURSO NA QUE SE PROCEDERÁ Á ENTREGA DE PREMIOS AOS GANADORES DO EVENTO.
-A ORGANIZACIÓN RESÉRVASE O DEREITO DE ALTERAR TANTO A HORA DE COMEZO COMO O FINAL DE CADA MANGA, O TEMPO QUE DEBEN ROTAR AS POSTURAS, E DE AUMENTAR OU SUPRIMIR ALGUNHA DAS BASES PARA A REALIZACIÓN DO CONCURSO. TODO ISTO SERÁ COMUNICADO PREVIAMENTE A TODOS OS PARTICIPANTES.
-
TODAS ESTAS NORMAS E BASES ESTÁN SUPEDITADAS A SUPERVISIÓN POLAS AUTORIDADES COMPETENTES.

O Presidente de S. D. Rio Ulla,                                                                                                                    O Secretario,
               Asdo.: Miguel de la Calle Amaro                                                                                                   Asdo.: Manuel A. Durán Amboage

Jesús Carbia (Louzao), ganador en 2014

volver a índice de especiales