“A Pesca do Reo en Galicia.
 Tradición e Actualidade”

Miguel Piñeiro
Miño, 9 de abril de 2005

Bos días.
Quero agradece-la invitación da Delegación Provincial de Medio Ambiente e celebrar que o brazo político do sector da pesca continental tamén teña sensibilidade para analizar, estudiar e debatir sen ruborizarse e sen mirarse o embigo como adoitan facer noutros casos semellantes a estas xornadas.
A pesca continental é unha afición que se desenvolve ó abeiro da propia personalidade de cada un, e, coxunturalmente, a sociedade benefíciase do noso colectivo sen contraprestacións aparentes. Ó estarmos á beira dun río estamos adquirindo benestar pero contribuimos ó coidado do noso patrimonio natural e axudamos á conservación dos recursos medio ambientais.
Lamentablemente, ser pescador, non está de moda, ainda que esta ancestral actividade hexemonize tres fascinantes virtudes: sabedoría, xustiza e temperanza.
Repararemos en varios factores da pesca en Galicia.
- A fortaleza que non utilizamos de sermos cáseque cen mil galegos
- A situación alarmante dos salmónidos en Galicia que se resume en:
* Regresión nas capturas de troita
* Salmón en cotas mínimas de capturas a pesar do esperanzador repunte experimentado desde o ano 2000
* Estabilidade das poboacións de reo

- O poderío social e turístico da pesca:
* A Galicia veñen moitos pescadores, non só de Asturias e Castela-León
* Os galegos imos a pescar salmón a Asturias pero moi poucos asturianos veñen a Galicia
* Cada vez hai mais galegos que van ó extranxeiro a pescar. Descoñezo se á inversa tamén é unha realidade pero moito me temo que non
* A cultura Reeira prácticamente é exclusiva de Galicia. En Asturias tamén se pesca pero non se pode comparar a Galicia

A PESCA DO REO

Cando se fala de pesca continental en Galicia ninguén cuestiona o seu potencial pero se falamos da pesca do reo en concreto topámonos co simple pero grave problema de que non vale calquera río. É certo que onde hai troitas hay reos pero para pescar reos non é o mesmo o Xallas que o Tambre estando á beira un do outro.
En Galicia temos, pois, 10 grandes ríos con tramo acoutado. Son dez puntos referentes para pescar reo en calidade pero apelando ás capturas, en cantidade, poderiamos quedarnos só con 5 deles: Sor, Eume, Grande, Tambre e Ulla. Os outros cinco teñen moi baixo o cálculo de probabilidades.
E sen embargo, as posibilidades de capturar reos é moito máis ampla se temos en conta ós ríos que non teñen tramo acoutado nos que tamén habería que ampliar ata finais de setembro a temporada de pesca.
Non é de recibo que se pesque onde hai coutos un mes mais ca nos demais ríos galegos.
Técnicamente, a pesca do reo en Galicia é merecente dunha atención sobranceira.
O Salmo trutta trutta soubo gaña-la mañas de mañosos artesáns e de hábiles pescadores para facer da súa captura unha autentica liturxia enxébrica.
O reo concita paixóns. É un pez misterioso, desconfiado e caprichoso. Capturar un animal con estas características non podía ser nada doado.
Imos coa parte positiva
As sensaciones que produce a pesca do reo son únicas. Ademais da simboloxía e os rituais está o exercicio práctico da pesca.
As picadas do reo son poderosas e van seguidas de loitas tremendas, na maioría dos casos pelexas nada nobres xa que o reo non é nada nobre e busca sempre liberarse do señuelo en pedras, correntes, fondos ou ramallos. As cabriolas que adoita dar fóra da auga son espectaculares, retórcese con brío e fortaleza. Toda unha tentación para o pescador, así a “reomanía” cobra senso.
En setembro, cuando a temporada de troita xa está pechada, os coutos de reo son codiciados ata o punto de no atopar permisos dispoñibles, xa expedidos na súa totalidade, nalgúns casos desde meses antes.
Nos meses de verán, moitos afeccionados cambian canas, sedais, trebellos e aparellos para volcarse na captura do reo, esquecendo por completo á amiga pintona. Se non se vive de preto o ritual da súa pesca ou non se conoce, difícilmente se entenderá que estamos ante toda una simboloxía propia dentro da xeralidade da pesca fluvial.
E agora, as dificultades de pesca
Poucos coutos. En Galicia temos só 14 coutos de reo, algúns dos cales tamén son de salmón. Esta escasez propicia o acaparamento de permisos.
Os traslados. Unha persoa do sur de Galicia non se pode prantexar ir ó Sor a pescar sen planificar quedar a durmir. Mesmo de Santiago a Ponte do Porto son moitos kilómetros. A autopista lévanos a un par de coutos, para ir ós restantes temos pistas e corredoiras na gran moiría dos casos.
Os horarios. Hai ríos onde podemos capturar un reo durante o día pero a noite ofrece moitas máis posibilidades de éxito. O tempo de pesca redúcese a unha estadía a primeira hora e outra mais pequena pola noite.
Hábitos nocturnos do reo. De noite non temos visibilidade, debemos extrema-los sentidos do tacto e do oido. Nudos, enganches e outras vicisitudes toman presenza no propio exercicio de pesca.
Ademais encontrámo-la dificultade dos grandes pozos. Por se fose pouco estes maravillosos animais métense en lugares de difícil acceso mesmo onde o curso fluvial representa perigo para a integridade do pescador.
Por se as dificultades anteriores fosen poucas, fálase de que a pesca do salmón é cara. Boten contas aproximadas no caso do reo. Pagamos 6 Euros por un couto no que imos pescar unha media hora. Analicemos, falando en pesetas, pagar 1.000 pesetas por media hora de pesca significa que, pescando, cada minuto sae a 30 pts. Se esas cifras as volcamos a unha actividade remunerada, un traballador que gañase 30 pts por minuto acumularía un soldo mensual de 430.000 pts.
Ainda así, o reo non é un peixe máis das nosas concas e, sen rabuñar ningún merecemento a troitas e salmóns, a súa pesca estase convertendo en epicentro neurálxico dunha actividade lúdica e deportiva que pode palia-la desazón troiteira e salmoeira.

Comportamento
Os reos entran nos ríos e se estacionan en lugares cómodos que lles proporcionen comida e protección. Sen dúbida hai movementos, pero debemos xusficalos coas entradas de reos novos e á súa búsqueda de lugares de tránsito ata a remontada final ós frezaderos.
Co cambio substancial do mar ó río e froito da súa fina desconfianza, os grandes exemplares buscarán a súa aclimatación -tanto na alimentación coma no entorno- en grandes pozos, lugares profundos, beiras horadadas, pedras, rochas, brizos ou algas, troncos ou grandes raíces e ramallos. Toda precaución antóxase pouca. Os ejemplares pequenos, habitualmente adoitan frecuenta-las correntes e son máis proclives ós señuelos.
Os reos son marcadamente territoriais e xerárquicos. Determinados indivíduos ostentan unha supremacía que lles permite, por exemplo, ocupa-las mellores posturas de caza, que defenden con sutiles sinais intraespecíficos fácilmente comprensibles polos demáis exemplares.
A diferencia do salmón, o reo, cuando entra no río, continúa alimentándose normalmente. O seu comportamento alimentario diurno transcorre con evidentes momentos de total inactividade, xa que, a medida que avanza o veran, faise máis de hábitos nocturnos.
Unha vez que se desencadena o comportamiento reproductor, os individuos modifican a súa respuesta ós estímulos, polo que a sua captura con métodos convencionais e ortodoxos na pesca deportiva convértese nunha tarefa case imposible.

ORIXE E EVOLUCIÓN DO RISCO

O paso do tempo foi forzando ó pescador galego a unha evolución obrigada. Froito desa aprendizaje apareceu o risco.
Se a pesca do reo é única, o risco é un trebello sen par, sen parangón, indíxena e aínda un tanto descoñecido.
A pesar de se-lo señuelo mais recoñecido entre os pescadores de reo, o risco é tan misterioso como o propio pez.
O risco é un trebello que imita a un animal na superficie da auga. Debemos reparar na alta efectividade do risco nos ríos onde nas ribeiras hai campos de millo e neles, á súa vez, ratos.
Co risco péscase de noite en pozos e augas lentas, endexamais nas correntes.
É unha arte ou modalidade de pesca autóctono ainda que en Francia e Inglaterra teñen trebellos semellantes pero con distinta función.
Está fundamentado, por transmisión oral, que o risco popularizóuse no Couto de Betanzos ou Chelo, no río Mandeo, nos anos cinconta. Eran tiempos nos que o reo xa era moi apreciado, mentres que noutros ríos galegos se confundían con salmóns e incluso en algúns nin se sabía da súa existencia.
A orixe do risco galego non ten certificado de autentificación histórica pero a investigación que realizamos durante varios anos levóunos a duas fontes. Unha, a lenda do traballador do ferrocarril, sin verosimilitude algunha, nin remota e a segunda a máis contrastada a que ten toda-las garantías, a de Sito de Cambre.
Xosé Fernández, Sito, empezóu os seus primeiros experimentos co risco en 1940. O primer risco, con forma de verme e anzol simple, fíxoo cun nervio ou tendón de vaca tallado a modo de brinca.
Posteriormente probóu cun rolliño de carne envolto en fíos e plumas, oso de vaca, corteza de árbore, corno de touro, algodón e o popular touciño de porco, pasando por último ó caucho ou goma, das molduras de escayola.
Hacia fináis dos cincuenta, estando Sito pescando no Mandeo, tres rapaces engancharon o seu trebello de noite coa finalidade de descubrir con qué artefacto aquel pescador sacaba tantos peixes da auga. Días despois, Augusto Lomba pescador afincado en Betanzos, sabedor da anécdota, púxose en contacto con Xosé Mayo, pescador betanceiro, perruqueiro, mañoso e habilidoso no arranxo de bicicletas e fabricante artesanal de canas de pesca, que fue á postre o primeiro artesano en serie do risco, entendendo por tal que vertebróu a primeira “fábrica” artesanal de riscos de Galicia.
Lomba pedíulle que intentase un artiluxio semellante ó que lle describiran os tres rapaces e insinuou modela-lo corpo con touciño pero Mayo utilizou un simple toxino, mantendo a proporción na cabeza e afilándo progresivamente o resto do corpo.
Os riscos de Mayo comezaron a ser moi populares no Mandeo, polo que outros pescadores tamén lle fixeron diversos pedidos.
Pasado un tempo, pescadores de ríos cercanos al Mandeo, escoitando os rumores, tamén se achegaron a Betanzos a mercar algúns riscos de Xosé, e deste xeito, o risco iniciou a expansión a outros ríos ata popularizarse en toda Galicia.
Do Mandeo saíron dúas líneas xerais de expansión do risco, unha hacia o norte de Galicia (ríos Masma, Xubia, Landro, Eume e Sor) e outra hacia o oeste (ríos Anllóns e Grande) de onde, a súa vez, se exportou ós ríos do sur.
No Grande localicei uns híbridos entre risco e rato, os da dereita, que incluso aportan a singularidade de riscar invertidos, na pretensión do pescador de que o reo vise a cara do rato e non o bandullo.
No río Sor, o risco popularízase nos anos sesenta.
Os primeros riscos do Sor fixéronse cunha pasta semellante ó sebo que había que gardala no frigorífico para que espesasea e mantivese certa dureza na auga. A colocación da pluma era coma na actualidade: mechóns no pescozo, preto da anilla superior e outra mata de pelo na zona inferior preto da anilla do triple.
No aspecto externo, poucas ou moi poucas variacións sufriron os riscos neste curso; o que sí cambiou é o material. Aquela pasta deu paso á goma, plásticos ríxidos, madeira, corcho e mesmo cinta aislante envolvida. A silicona acabou aunando criterios.
Nos ríos Umia e Lérez importaron a técnica de Ponte do Porto, no río Grande, a fináis dos setenta. Os primeiros riscos facíanse con goma de crepé utilizada para as suelas e tapas del calzado. Cortábase de forma circular e, unha vez tallada, presentaba unha forma cónica. As plumas de pomba torcaz e pelos de brocha de afeitar eran os adornos máis utilizados.
Ata que a silicona fixo acto de presenza, utilizáronse múltiples e variados materiais para facer riscos: a goma da xunta das portas dos camións, o caucho, a goma de cafetera, os zuros de espigas de millo y o pau de sámago, entre outros coñecidos. Máis tarde estes materiais foron relegados por unha goma que entonces utilizaba un estamento militar e ésta, á súa vez, xa cedeu o protagonismo á silicona. Na actualidade amáis da silicona, a espuma, o látex e el foam son os materiais máis socorridos.

PARTICULARIDADES e RAREZAS

Riscos, ratos e peixes artificiais

Os riscos mellor experimentados consígueos Dionisio Beltrán, pescador do Sor, que durante anos os confeccionou coa técnica chamada “a cera perdida” aprendida de xoieiros e protésicos: facíase o corpo en cera; introducíase nun molde de escayola deixando abertos dous pequenos orificios; cando a escayola estaba seca introducíase en auga fervendo; polo efecto do calor, derretíase a cera saíndo do interior e deixando un hoco; posteriormente rellenábase esa cavidade con silicona; unha vez seca rompíase o molde e se extraía o cuerpo do risco. Hoxe, Dionisio traballa cun molde dobre que permite confecciona-los cuerpos sen que haxa que rompelo ó final do proceso.
Outra particularidade nos engados para o reo é a que aportou Xaime Taboada.
Este xenial artesano coruñés falecido hai días atrás experimentou na fabricación de señuelos por encargo. Chegou a comercializar unhas 125 pezas ó ano. Pezas numeradas particularmente e con certificado de 50 características exclusivas, polo que non fixo dúas iguais.
Taboada tamén desenvolveu un risco. O trebello debía responder a unhas condicións: flotabilidade, dous triples para aumenta-la porcentaxe de cravados, que tivese vida propia para estimula-la provocación e que a oscilación conseguise que as ondas fosen máis semellantes ás dun rato auténtico.
O risco RT1, das que poucas peza hai no mercado está baseado na análise da natación dun rato de laboratorio que deu 1.500 manotadas por minuto na auga. Ten paleta coma un popper; mantén a oscilación das 1.500 vibracións por minuto; ten microprismas; puede ser de varios tamaños; a súa gran aportación é a velocidade de natación; a paleta xera unha zona de depresión na zona posterior e introduce augas por cavitación como as hélices dun barco. Se un risco tradicional produce ondas difusas, as do Risco de Taboada nacen todas da paleta polo que o ataque del reo é unidireccional.
Taboada estaba experimentando co RT2, un modelo de nova xeración con dobre acción programable en base a dous puntos de tracción diferentes. Lamentablemente, xa non poderemos saber si acadou perfeccionar este modelo.
Outro dos peixes de Taboada específicos para a pesca nocturna do reo é o PROREO2UV (Prototipo Reo 2º xeración ultravioleta). É un peixe artificial con microprismas insertados nos laterais que descomponen a luz en lonxitudes de ondas que van dende o infrarroxo ó ultravioleta, ten escamas de alta densidade e leva un filtro violeta tenue, idéntico ó dos reos recén pescados. Con estas características, xunto a unha acción moi forte e unha velocidad de funcionamento moi baixa, este señuelo é absolutamente visible de noite.
Outro señuelo peculiar é o rato. A decir verdade, o rato e o risco en concepto son o mesmo pero non así en modelo ou formato xa que o rato como señuelo é unha derivación do risco.
Evaristo Lamas, pescador de Coristanco, habitual do Mandeo, Eume e sobre todo do Grande, foi o primeiro, a inicios dos oitenta, en desenvolver unha metamorfose dun risco a un rato. Lamas inspiróuse nun artículo de entroido exposto no escaparate dun establecemento coruñés. O prototipo fíxoo con goma e plumas de León e o triple ía montado en sedal.
Na actualidade, os tamaños varían ostensiblemente e os corpos tamén poden ser máis redondeados ou máis estilizados. Os materiais máis socorridos son a goma, espuma e látex.
Hay artesanos tan perfeccionistas que chegan a simula-las patas, os ollos, as orellas, os bigotes, etc, ata o más mínimo detalle, obviando que a precisión milimétrica na reproducción ou simulacro do rato poden ser elementos secundarios se non risca convenientemente.
E despois das particularidades, imos coas rarezas. Chegamos ó punto onde a pesca entronca co surrealismo; o risco “diseño fantasía” de Fuciños.
O meu peculiar amigo Luís, persegue reos e salmóns por medio mundo. Hai anos cuando coñeceu o río Xubia, concebíu o risco máis espectacular, abstracto e chamativo de cántos se coñecen.
Unha derivación do "diseño fantasía" é o “fantasía festa”. A súa estructura está feita cun corcho recheo de pequenos chumbos e recuberto de microfibras porosas de Alaska. Complétase con tres triples, dous pequenos laterais e un grande traseiro.
E como epílogo de rarezas, o “autoratón” e o “fodón” de Máiz.
O meu amigo Ricardo por culpa dunha tertulia de pesca no Tambre tallou un “Citroën dous cabalos” en miniatura, habilitoulle unha guía e un triple, e pescou.
A raíz deste prototipo, desenvolveu o “fodón”, mestizaxe entre risco e rato cunha altísima flotabilidade e unha vibración traseira que aporta contrastados resultados.

TÉCNICAS de PESCA e OUTROS CEBOS

Además do risco, hai outros cebos.
A miñoca é a técnica galaica por excelencia. Sin embargo, tendo en conta os hábitos nocturnos do reo, a miñoca non goza da popularidade preferente dos pescadores, ainda que no Sor amose contrastada eficacia.
As Culleriñas adoitan seren efectivas só nas primeiras horas do día, pero hai ríos nos que non moven nin ó reo máis ousado. Prevalecen as preferencias da pala oliva prateada sobre as demais
No canto ás Moscas é onde as preferencias e os gustos particulares se poñen de manifesto.
En Asturias confeccionan unhas moscas moi pequenas ás que o reo entra con gañas. No Baixo Ulla, en correntes e a pleno sol, son moi efectivas as moscas montadas en Mustad 540 do 16, con pelo pardo. Os tonos son verde oliva e rosa, ambas con brinca amarela, naranxa e amarela, ambas con brinca negra, amarela con brinca roxa e roxa con brinca negra.
Para o amencer e para o sereo, a mosca que mellores resultados pode dar é a montada nun anzol Mustad 540 do 9, montaxe de orixe española; os tonos, en seda o sedón, e o pelo son prácticamente os mesmos que os relatados na mosca anterior.
Para a noite non hai discusión, o señuelo máis universal en Galicia é a pluma con duas moscas. Van montadas en anzol para Estrimer 4-XL con sedón amarelo ou naranxa, ambas con brinca negra. Os anzois Kamasan B-820 están cobrando unha gran popularidad por te-la pata mais longa e presentar una curvatura do anzol óptima para garanti-la picada e evita-las falsas cravadas.
Ainda que a pluma tradicional ten dúas moscas e buldo, desde hai tempo as preferencias van por sustitui-lo buldo por un risco ou rato e sacar unha das moscas.
Para eses días especiais de forte calor, bochorno e treboada cando saen as formigas voadoras, ésta imitación é demoledora.
O tradicional tricóptero ben utilizado non nos vai a defraudar.
Non debemos esquece-lo escarabello e o saltón.
Con abundante caudal os peixes artificiais poden provocar un bo ataque por seren señuelos con moitas garantías se os utilizamos nas zonas dos ríos próximas ó mar.
Os artificiais van moi bien para o reo de recente entrada. Teñen dous inconvenientes, que hai que saber manexa-los con certa destreza e que se debe coñece-lo fondo do río para busca-los reos nos lugares naturais de parada preto de pedras ou obstáculos que porán en perigo o señuelo.
Os artificiais máis utilizados son os de 5 cm imitación de troita e escalo. Se o río vai tomado optaremos por artificiales máis vistosos con bandullos chamativos como naranxas, amarelos e verdes fosforiños.
A anguía articulada foi de sempre un dos mellores cebos, pero encontraremos múltiples dificultades para poder adquiri-las no mercado porque se deixaron de fabricar; os que ainda teñen algunhas consérvanas con mimo e agarimo sen arriscarse a perdelas.
Un apunte final neste capítulo. O mundo da “cola de rata” é un sector que avanzou colateralmente ó mundo do risco ainda que é moito máis recente e esixente.
A habilidade de mañosos artesanos experimentou en profundidade para poder sacar todo o partido posible ás súas experiencias de pesca, de ahí que se ideasen engados para a cola de rata que posibilitasen o raiado. Así naceron as moscas-risco, híbridos que non son nin moscas nin riscos propiamente.
En Santiago, a inicios dos noventa, comercializáronse as primeiras imitacións de ratos en pelo de ciervo que algúns pescadores situaban diante do buldo mentres que outros as colocaban detrás, de rastro.

BALANZO DA TEMPORADA DE REO 2004

REOS GUIADOS en GALICIA 1995-2004

Ríos/Años

1995

1996

1997

1998

1999

2000

2001

2002

2003

2004

EO

9

9

9

10

9

12

10

4

9

5

MASMA

26

19

30

79

42

56

23

31

46

38

OURO

4

3

 

2

2

4

 

 

 

 

LANDRO

28

88

101

52

41

61

103

113

112

94

Lugo

67

119

140

143

94

133

136

148

167

137

SOR

437

546

527

91

90

213

643

607

628

303

XUBIA

10

12

11

29

21

140

158

115

128

53

EUME

1.405

530

548

392

486

494

646

537

616

862

BELELLE

1

 

 

 

 

 

 

 

 

 

LAMBRE

 

 

 

 

1

 

 

 

 

4

MANDEO

278

351

399

165

218

344

391

479

255

97

ANLLÓNS

20

12

 

6

13

17

23

10

26

32

GRANDE

203

127

52

64

124

186

158

189

262

159

TAMBRE

501

432

379

223

437

342

450

356

274

434

SOÑORA

5

1

 

 

 

 

 

 

 

 

OTROS

 

 

 

 

 

 

 

1

 

1

A Coruña

2.860

2.011

1.916

970

1.390

1.736

2.469

2.294

2.189

1916

ULLA

75

71

57

19

124

237

232

351

213

296

UMIA

3

24

33

15

22

21

65

46

18

71

LÉREZ

1

3

 

2

5

14

8

6

16

5

GAFOS

 

4

5

4

1

 

 

 

 

 

VERDUGO

 

16

53

2

12

3

3

1

4

3

MIÑOR

 

11

35

1

13

5

5

5

5

6

TEA

 

 

1

 

 

 

 

 

1

 

Pontevedra

79

129

184

43

177

280

313

409

257

381

TOTAL GALICIA

3.006

2.259

2.240

1.156

1.661

2.149

2.918

2.851

2.613

2.463

Permítanme, a continuación, que extraia algunhas consideracións da táboa de capturas de reo da temporada pasada.
Guiáronse 2.463 ejemplares (fronte ós 2.613 do ano anterior, é dicir 250 exemplares menos).
O río Eume, con 862 pezas, recuperou o liderato que perdera en favor do Sor nos últimos dous anos.
Na provincia de Lugo guiáronse 137 ejemplares.
En Pontevedra 381, dos cales 296 pertencen ó Ulla.
Na provincia da Coruña guiáronse 1.945 ejemplares: 862 no Eume, 434 no Tambre, 303 no Sor, 159 no río Grande, 97 no Mandeo, 53 no Xubia, 32 no Anllóns e 4 no Lambre.
A caída en capturas del Sor é máis que preocupante.
A temporada podemos catalogala de atípica ou irregular.
Compróbase unha baixada considerable de capturas, 250 exemplares menos que no año anterior. Entroques, a opinión dos técnicos apunta á regularidade e que faría falla un muestreo máis amplio, de máis anos, para poder evaluar debidamente estas cifras.
As queixas máis frecuentes do colectivo de pescadores xiran arredor de que se debe intensifica-la vixilancia nos esteiros dos ríos onde as redes dos furtivos e outro tipo de artes non exclúen ós reos; o incumprimento dos caudais ecolóxicos por moitas eléctricas e o impacto negativo nas poblacións de salmónidos por parte de especies altamente predadoras como é o caso das nutrias.
A hiperpoblación e colonización do cormorán e do visón americano tamén son causas a tener moi en conta no descenso de capturas.
En todo caso con estes datos todos debemos facer crítica e autocrítica.
¿Creémonos que no Eo e no Masma só se capturan 40 exemplares?
¿Creémonos que na provincia de Pontevedra, excluindo ó Ulla, só se pescan 80 reos?
¿Aceptamos que, agás na provincia coruñesa, a pesca do reo non ten relevancia nin implantación?
Se a culpa de que non se guíen reos é do pescador haberá que artellar un mecanismo operativo que nos exima de ter que percorrer máis de 30 kms e perder máis dunha hora de tempo para cumprir coa lei. Ademais en moitos casos chegas a guiar e a gardería xa marchou.
Postos a analizar debemos reparar nas curvas destes gráficos.
O Eume prácticamente repunta á alza ano tras ano, o Tambre subíu en capturas rachando coa dinámica dos últimos anos pero teremos en conta a retida de caudal da presa para reparar O Marcazo, do Sor agardamos que a devandita baixada sexa puntual, o Grande mais ou menos mantense e o Mandeo, o Xubia e o Sor -en Segade- acusan unha caída evidente nas últimas campañas.
E xa que estamos cos problemas imos deternos no principal deles.

O PROBLEMÁTICO HORARIO LEGAL

Na actualidade poucos pescamos con risco, xa que o inadecuado horario legal apenas faculta un cuarto de hora para utilizalo. O horario de pesca debe ser formateado con profesionalidade e rigor e non só con criterios administrativos. É necesario modifica-la Lei de Pesca. Débese ampliar un tempo máis pola noite para pescar exclusivamente con risco. Se nos ríos hai pescadores evitaremos que entren os que pescan fóra da lei. Esta teima debátese nun momento no que está en entredito cómo nortea-la pesca continental.
Como xa comentamos anteriormente, con luz solar o risco non funciona, nin siquera ó sereo. Para pescar reos con risco debe ser noite pechada absoluta. Nos últimos años, en agosto e setembro, pescábase ata as once da noite. A normativa oficial da temporada 2003 reducíu o horario legal de pesca ás dez da noite e o ano pasado aplicóuse “dende unha hora antes da saída do sol ata unha hora despois da posta”, medidas máis que discutibles xa que no se lle ven outras intencións que non sexan as de sacar ós pescadores legais dos ríos ou que se capturen menos pezas.
Nos últimos días de setembro aínda podemos efectuar uns lances con risco pero na primeira quincena apenas temos uns escasos minutos para pescar coa técnica más extendida.
Éste é o gran problema e a gran discusión. A opinión de case a totalidade dos pescadores galegos é que se debe amplia-lo horario para a pesca específica con risco exercendo as vixilancias oportunas.
A cultura da pesca do reo, por particular, debe ter outra normativa, un tratamento especial, polo que a ampliación do horario nocturno de pesca é unha demanda colectiva xeralizada.
Anoitece nove minutos antes en Ribadeo que en Cabo Vilán e amence outros tantos minutos antes. No couto de Ponte do Porto no río Grande a pesca con risco cínguese a un simple e insuficiente cuarto de hora.En tempos de globalización debemos adecuar este horario a outros países europeos onde a pesca do reo ten un tratamento adecuado.
Eu teño a miña propia opinión sobre cómo se chegou ó actual horario de pesca. Cheguei á conclusión de que certos colectivos mobilízanse só en función das medidas que se tomen e non das consecuencias que poidan carrexar. Se non é así non se entende que se constrúa unha escala onde non se necesita co único propósito de que os salmónidos no estean ó alcance das cañas, non se entende a voadura da presa de Sinde e a do muro do Tambre (muro que fora construido polo Servicio Nacional de Caza y Pesca cunha finalidade mais que xustificada), e pregúntome por qué non hai unanimidade na aseveración de que o verdadeiro problema dos salmónidos é a Presa de Portodemouros, a Presa Barrié de la Maza, a Presa de Frieira, a Presa do Umia, a Presa do Eume, etc.
E posto que o horario de pesca tan só contenta a uns poucos que ademais considero que están moi lonxe das inquedanzas dos pescadores debo facer alusión a un iluminado que hai case cen años derribou aviesamente un bo cacho da Pesqueira de Pedreira, patrimonio cultural e milenario do Tambre, para, coa excusa do remonte dos peixes, facer dano ó seu propietario; e tanto dano fixo que Carlos Soto de Velasco Armesto pechou a pesquería.
Así é e está a cuestión. Por iso non acabo de entender ó conservacionismo ou ó ecologismo extremo. Haberá que buscar un común denominador a través do diálogo e do entendemento.
Pero que non se diga que só traio ou expoño problemas, tamén aporto solucións.

PROPOSTAS PARA A MELLORA DA XESTIÓN DA PESCA

1.- Fixar un criterio técnico para as repoboacións. E ademais, débese repoboar para que críen, non para que se pesquen.
2.- Solución ó negativo impacto ambiental nas poboacións de salmónidos por parte de especies altamente predadoras como a nutria e o visón americano. Estudio da hiperpoblación do cormorán e tratamento de choque da colonización de zonas altas dos ríos.
3.- Fomento da instalación de canles de alevinaxe con substratos artificiais (biotopos) que posibiliten a alimentación alternativa (natural e artificial) conseguíndo deste xeito unha mellor aclimatación e integración das troitas unha vez soltas no río.
4.- Estudios e analíticas serias, fiables, rigorosas e independentes da calidade das augas nos ríos máis afectados pola contaminación.
5.- Intensificación da vixilancia en tramos de ríos onde o furtivismo profesionalizado é de coñecemento público. Persecución sistemátiva e endurecemento das multas a furtivos e contaminantes.Vixilancia nocturna nos tramos acoutados.
6.- Débense tomar medidas serias e contundentes sobre soltas incontroladas, control de caudais ecolóxicos e ausencia de escalas nas grandes presas, verdadeiro expolio dos ríos galegos. Ver informe do Consello de Contas sobre o particular e o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre a sinalización acústica e luminosa nas zonas afectadas polas riadas.
Creación dun Comité de Seguimiento que vele polo cumprimento da normativa dos caudais ecolóxicos, que normalmente non se cumpre posto que se aproveita este caudal para turbinar cando o artigo 74 da Lei de Pesca Fluvial de Galicia di textualmente “estes caudais ecolóxicos non poderán ser obxecto de aproveitamento hidráulico”.
7.- Rentabilizar instalacións como as do Sor e o Tambre.
8.- Que se estudie la aplicación de medida mínima legal en función de cada curso. Establecer tallas e cupos de capturas por concas. Non medra igual a troita do Navia que a do Sar.
9.- Creación de coutos ou zonas de pesca sen morte. Estes coutos poderían ser rotatorios en períodos anuais ou bi-anuais, o que teóricamente obtería o mesmo efecto de recuperación que unha veda.
10- Crear unidades de vixilancia nas entradas das rías. A Consellería de Pesca nas vixía debidamente ben por falla de efectivos ou por centrarse máis na costa e no marisco.
11.- Mellora da vexetación das ribeiras con especies autóctonas e acondicionamento e vixilancia dos frezadeiros naturais.
12.- Aplicación experimental dun horario específico para a pesca con risco.
13.- Aplicación experimental de guiado polo día, Percorridos da gardería polos coutos.
14.- Potenciación da pesca de reo. Incentivar a formalización de novos clubes de reo. Ampliación de tramos acoutados e estudio da ampliación do número de canas por couto.
15.- Volta á figura do “Gardarríos”, fundamental para a eficacia na vixilancia e para a puntual información e orientación ó pescador, fomento do turismo, etc.
Debemos recoñecer que os novos que entran nas garderías están moi lonxe da talla de Donato e a xente de idade, como Donato, estase xubilando sen que se aproveite o seu saber.
16.- Concienciación do pescador a través de encontros, xornadas e charlas instructivas, operativas e prácticas.
17.-. Dotación presupostaria acorde á necesidade. Sen dúbida dá máis votos unha estrada que un río cheo de peixes.
18.- Aproveitamento turístico especial de coutos como Couso onde a única maneira de tomar un refresco no verán é un remolque móvil sen garantías sanitarias nin comodidade.
19.- Rectificación ou reconducción de iniciativas negativas como o Plan Life no Tambre.
20.- Que se explique convenientemente a toma de decisións polémicas ou impopulares como a negativa á instala-las comportas de Couso a temporada pasada, decisión que non se xustifica baixo ningún concepto, nin biolóxico, nin conservacionista, nin científico, e moito menos deportivo.
Por último permítanme que remate cunhas simples conclusións.

CONCLUSIÓNS
Considero que a pesca do reo é unha forma de expresión deportiva e social que se diferencia en moitos enteiros das demáis.
Supoño que o tempo e o estudio das capturas nos revelarán interesantes datos sobre as poboacións de reos en Galicia e en consecuencia sobre o futuro desta actividade. A día de hoxe non se pode dicir que sexamos moitos os pescadores de reo en Galicia. Sen dúbida o salmón e sobre todo a troita teñen moitos máis seguidores pero a merma das poboacións poden levar a moitos canistas ó reo que segúndo parece non está tan ameazado.
Lamentablemente, conseguir exemplares de trofeo cada vez é máis difícil e recupera-lo esplendor de tempos aíndan non tan lonxanos é pouco menos que imposible.
A miña derradeira consideración debo facela en favor da concienciación xeral sobre este peixe. Os pescadores debemos pór máis da nosa parte e a Administración debería ter unha sensibilidade máis próxima ás nosas demandas.
Se o reo ten problemas, considero que non é por culpa das canas dos pescadores que en definitiva somos os que sufrímo-las restriccións e a normativa.
Agardo e desexo, por ben de todos, que os problemas se solucionen e que la Pesca do Reo ocupe o lugar preferente do que en verdade é merecente.
Moitas grazas.

Parte do auditorio Xosé Manuel Socastro y Dionisio Beltrán Con D. Beltrán, Pepe Casal y Xosé Mayo