|
La financiación se logró a través de fondos FEDER de la Unión
Europea.
Por
resolución rectoral con fecha 18/07/2002, se adjudicó el expediente
relativo a la obra de las instalaciones para la Estación a la empresa
INDEZA S.L. La Comisión Municipal de Gobierno del Concello de Vilagarcía
de Arousa acordó, el 2 de septiembre de 2002, nombrar Arquitecto
Director a D. Eugenio Jimenez Passolas, y Arquitecto Técnico Director y
Coordinador de Seguridad y Salud a D. Emilio Pumar Durán.
La EHEC de Hidrobiología de la USC se creó con el fin de propiciar,
fomentar y desarrollar la investigación en Biología de las Aguas
Continentales, facilitando a los investigadores sus instalaciones y
medios disponibles para el desarrollo de trabajos científicos,
proyectos de investigación, tesis doctorales, reuniones científicas,
el asesoramiento y colaboración en materia de investigación con
entidades publicas y privadas y el establecimiento y coordinación de
relaciones de intercambio científico con otras Universidades e
instituciones científicas de España y de otros países.
La
potencialidad de la estación hidrobiológica para el desarrollo de la
docencia es casi ilimitada, puede abarcar la formación práctica de
estudiantes Universitarios de 1º y 2º ciclo; el desarrollo de cursos
de Postgrado en contacto directo con el medio acuático; la educación
medioambiental en niveles no universitarios (Enseñanza Secundaria,
Formación Profesional, etc.) y cursos de capacitación para
profesionales relacionados con las aguas dulces (Titulados Medios,
personal del Seprona, Guardas jurados, etc.)
Esta realidad pretende, en el apartado divulgativo,
proyectar
a la sociedad el avance científico como vía para solicitar a los
ciudadanos su cooperación en la conservación del medio acuático a
través de diversas actividades como visitas, exposiciones temáticas,
conferencias divulgativas, elaboración de textos informativos,
asesoramiento a federaciones y asociaciones relacionadas con la pesca
fluvial, etc.
Se
contempla, además, la posibilidad de crear un coto de pesca “sin
muerte” y una escuela infantil de pesca deportiva.
Equipamiento:
La
estación cuenta con dos laboratorios de experimentación -uno de los
cuales está dotado con un circuito cerrado que permite la observación
de los organismos vivos-, un aula para conferencias y cursos, una
biblioteca, una sala de informática, el correspondiente departamento
administrativo y una pequeña residencia para investigadores y alumnos
que desarrollen cursos de larga duración.
En la planta baja están las bombas
y calefacción, el almacén de materiales y los laboratorios.
En la primera planta, la dirección, la administración, la biblioteca,
el aula y la sala de ordenadores.
La
planta bajo cubierta es la dedicada al descanso; alberga 4 dormitorios,
cocina y sala de estar.
El
equipamiento de la Estación incluye un aula, biblioteca y sala de
ordenadores, almacén de material de muestreo y un laboratorio húmedo
con acuarios independientes y dos ríos artificiales.
El
laboratorio seco cuenta con numeroso material óptico y un complejo
equipamiento para el análisis físico-químico y microbiológico.
La
dotación se completa con una lancha de fibra de vidrio de 4 m de
eslora, dos arcones congeladores de gran capacidad y redes y dragas de
distintos tipos.
Discurso
de Fernando Cobo, Director de la Estación, en la inauguración.
Excmo.
e Magfco. Sr. Reitor, Ilmo. Sr. Alcalde, Excmos. Vicerreitores, Señoras
e Señores, benqueridos compañeiros e amigos.
Din os que pouco saben de Bioloxía e moito ignoran de Evolución que
“a necesidade crea o órgano”, sabemos ben que esta visión
lamarkista do feito evolutivo é incorrecta, pero do que xa non estou
tan certo é de que non se poda extrapolar ao caso que nos ocupa, pois
este edificio, que hoxe inauguramos, é resultado directo de unha
necesidade acuidante. En efecto, van xa alá cinco anos dende que,
despois de moito cismar sobre a necesidade dunha estación de campo, que
permitira aos hidrobiólogos galegos desenvolver estudios a longo prazo,
tiven a fortuna de que o meus colegas o Prof. Marcos González, e o
Prof. Alejo Carballeira se fixeran partícipes desta preocupación, e
coa súa brillante filosofía e axeitado xuízo diante dos problemas,
comezamos algo que por entón non sabíamos que o cabo nada tería que
envexar ás epopeas de Homero.
Moitos
de nós sabemos das renuncias que supón a actividade científica, para
que as veces, quede como único resultado unha hipótese dubidosa por
mor de imponderables alonxados da nosa vontade. Daquela, unha
oportunidade de paliar esta situación no eido da Hidrobioloxía, como a
que agora brinda a existencia de este centro, e impagable.
Hai pouco, aínda que agora semelle estraño dabondo, a Bioloxía tíñase
arredada das políticas científicas pola súa escasa transcendencia práctica
na vida dos pobos. Pero a situación mudou de súpeto gracias aos logros
espectaculares acadados nos últimos anos e á pertinaz e apaixonada
actividade dos investigadores.
Na Europa de finais do século XIX comezan se instalar laboratorios
fixos as beiras de lagos ou encoros para a realización de estudios
hidrobiolóxicos. O primeiro deles, xa desaparecido, instalouse en 1891
en Plön (no Holstein, na chaira do Norte de Alemaña). A este seguíronlle
outros moitos en diversos países: Austria, Suíza, Bélxica, Holanda,
Grande Bretaña, Dinamarca, Suecia, Finlandia, Francia, Italia, etc.; así,
no ano 1935 existían ao redor dun centenar de estacións hidrobiolóxicas,
moitas delas continúan hoxe en día a súa fructífera actividade.
É mágoa que en España, máis polo escaso interese das culturas locais
polas cuestións científicas que pola escaseza de augas naturais, tan só
podemos citar o "Laboratorio de Hidrobiología Española" da
albufeira de Valencia, de efémera existencia, fundado no ano 1912 e que
estaría en funcionamento ate o ano 1924.
Así
pois, non era sen tempo que a Universidade de Santiago, na súa crecente
contribución ao sistema de investigación e desenvolvemento da nosa
comunidade, promovera a construcción de este centro para que contribúa
aos fins que lle son propios: a investigación, o ensino superior e a
extensión cultural. Pero permítanme que dedique tan só uns poucos
minutos a salientar a importancia científica, académica e social de
esta única estación de campo de Hidrobioloxía que temos en
funcionamento en España.
Xa sabemos que a auga é o producto máis consumido do mundo, pero a
auga non é só un recurso limitado, se non que se trata do compoñente
básico da biosfera. Un río ou un lago non son simples masas de auga ou
canais por onde discorre un fluído senón que son, principalmente,
ecosistemas de incalculable valor por se mesmos, formados por multitude
de organismos froito dunha longa evolución. A auga é o medio onde se
desenvolve cadansúa biocenose dos diferentes ecosistemas acuáticos
continentais.
E
aínda máis, a auga e a forza dinámica formadora dos hábitats e
responsable da supervivencia dos organismos ao longo dos seus complexos
ciclos vitais Confundir os
ríos ou lagos coa auga que conteñen é como valorar a creación
literaria en función da calidade do papel sobre o que se imprime a
obra.
En
Galicia, a ampla diversidade de hábitats acuáticos, caracterizados por
comunidades singulares, posibilita a existencia dun grande número de
organismos de indubidable interese, e así, numerosas especies de
vertebrados, vinculadas ás augas continentais galegas e que están en
clara regresión, gozan actualmente de protección legal. Pero, con
todo, o descoñecemento existente sobre moitos grupos faunísticos de
invertebrados e a representación case anecdótica destes organismos na
lexislación de protección internacional, subministran unha visión moi
parcial da diversidade biolóxica no ámbito da nosa Comunidade.
A pesar do intenso labor investigador que se ven realizando en Galicia
no ámbito da Hidrobioloxía, e sen perigo de seren esaxerados, podemos
afirmar que temos inventariado tan só o 30% das especies animais que
constitúen o poboamento total dos nosos cursos fluviais.
A
información dispoñible indícanos que en Galicia existe non só unha
grande biodiversidade, se non tamén unha grande porcentaxe de
endemismos, o que outorga á nosa fauna doceacuícola un valor
excepcional. A título orientativo abonde sinalar que nos ríos galegos
viven perto de 400 especies endémicas de invertebrados e que tan só
nos últimos 30 anos describíronse, das augas galegas, ao redor de 80
especies novas para a Ciencia, pertencentes a diferentes grupos de
invertebrados acuáticos (fundamentalmente insectos e vermes).
E como paradoxo inexplicáble, mentres que 38 especies de
vertebrados ligados aos medios fluviais galegos se consideran ameazados
e son merecedoras de protección legal, unicamente seis invertebrados
gozan de semellante consideración.
A
vexetación reflicte as mesmas características especiais, Galicia conta
con unha representación tamén moi diversa e con especies exclusivas do
noroeste peninsular, algunhas de grande vulnerabilidade.
Non
sei o por qué da perda de interese cultural polas nosas augas
continentais, nin cando foi acontecendo ese cambio na mentalidade social
de Galicia. Quizais sexa debido a aparente superabundancia local do
recurso porque xa se sabe que o marabilloso, se é frecuente, deixa de
chamar a nosa atención. Recuperar a capacidade de marabilla da
sociedade galega polos seus ríos e a súa biota ten que ser unha das
ideas directoras da actividade da estación que hoxe inauguramos.
Se cadra, o que teño dito non e mais que unha apreciación persoal,
pois no noso folclore a auga é o elemento símbolo por excelencia. Así,
amósanse cheas de carga simbólica as augas das fontes, dos ríos e
lagoas, que se utilizan en rituais purificadores ou que agochan míticas
cidades asolagadas.
Gustaríame pensar que en algures aínda lle contan aos nenos que un
salmón foi o que atopou e gardou o anel abacial de San Rosendo, quen o
guinda ás augas do río Eume por mor de facer penitencia, ou que donas
viradas en troitas enfeitizadas por algún mouro ou por castigo divino
gardan grandes tesouros agachados nas fontes.
A xente non adoita poñer moitos atrancos a hora de aceptaren que os
ecosistemas de auga doce están a ser contaminados e destruídos no
mundo enteiro, pero acostuma afirmarse coa mesma rotundidade que en
Galicia a situación é moi diferente e que os nosos cursos de auga
gozan de moi boa saúde. A realidade está nas antípodas desta visión
idílica que reflicte un claro descoñecemento da singularidade biolóxica
e xeomorfolóxica dos nosos cursos de auga, e os que sosteñen tal
afirmación o fan ben no seu propio beneficio político ou por comparación
con outros ríos ibéricos nos que as características naturais son
radicalmente diferentes dos nosos.
Claro que isto parece que non foi sempre así, e como mostra de cómo os
intereses espurios poden cambiar a percepción das cousas, non podo
resistirme, chegado este punto, e tendo en conta que este que corre sei
que é Ano Santo, a facer referencia a que: no capítulo V do libro V do
Códice Calixtino dedicado a "os bos e malos Riós que no camiño
de Santiago se atopan" se advirte de que "se algunha vez comes
en España e en Galicia o peixe que vulgarmente se chama barbo, ou o que
os do Poitou chaman alosa e os italianos clipia ou anguías ou tencas,
seguro que enfermas ou morres inmediatamente. E se por casualidade houbo
quen os comeu e non enfermo, é porque foi mais san que os outros ou
permaneceu longo tempo naquela terra”. De todos é ben sabido a pouca
afección que o clérigo Picaud tíñalle a España e a Galicia, agás,
claro está, da cidade do Apóstolo.
Os casos máis frecuentes e xeneralizados de contaminación, e que
afectan permanente ou temporalmente ao 90 % da rede hidrográfica galega,
débense ao enriquecemento orgánico procedente dun numeroso conxunto de
actividades humanas. Pero a pesar de todo isto e de a súa frecuencia,
estes casos de deterioro ambiental son os máis facilmente emendábeis e
os que mellor responden ás medidas correctoras. A modificación física
do hábitat en forma de destrucción das brañas e mananciais, e como
consecuencia de inadecuados dragados, canalizacións, e aproveitamentos
hidroeléctricos ou pola construcción de aberrantes paseos ou praias
fluviais é xa tan frecuente nos nosos ríos que pode ser considerada a
principal causa de alteración das nosas comunidades bióticas doceacuícolas.
Así
e todo este magoante panorama, un pequeno esforzo por parte dos axentes
implicados emendaría, de maneira apreciable, moitos dos efectos
negativos que inciden sobre os nosos ríos. Existen técnicas de
rehabilitación, mitigación ou remedio para restaurar e asegurar a
permanencia de ecosistemas sans e compatíbeis co desenvolvemento social
e económico, e deberían contemplarse en todos os proxectos que
impliquen un uso importante de auga, tendo en conta, de forma sistemática,
os riscos ambientais e as incertezas derivadas da utilización do
recurso, especialmente no que concirne ao funcionamento dos ecosistemas
sobre os que se asenta.
Os
que temos a fortuna de formar parte da comunidade universitaria temos
unha prerrogativa de responsabilidade inalienable de promover e
transmitir a sociedade os avances científicos que redunden nunha mais
eficaz protección ou conservación do patrimonio.
Se coa actividade futura de esta estación de Hidrobioloxía, somos quén
de aportar argumentos para facer entender que os plantexamentos
economicistas que comprometen a conservación do noso patrimonio natural
son erróneos e que os ecosistemas acuáticos sans subministran unha
rendibilidade social moi superior á que se pode obter en estado
degradado, terei a esperanza de que, con elo, ata os mais desconfiados
adoptarán unha postura benévola respecto á nosa disciplina e deixarán
de lado certos prexuízos moi estendidos.
A
idea inicial da creación deste centro contou de seguida co apoio
expreso dos Centros de Investigación, Museos, Colexios oficiais,
Sociedades Científicas e colectivos como asociacións ecoloxistas,
federacións de pesca, etc., nacionais e internacionais, máis
directamente implicados no estudio e defensa do noso patrimonio natural,
aos que se somaron, de xeito individual, mais de 50 hidrobiólogos de
diferentes países.
Pero
se o progreso cara un coñecemento mais amplo da Natureza tense que
realizar forzosamente no contexto social, e este semellaba ser todo o
favorable que un podía desexar, demostrouse de súpeto, como, en ocasións,
os científicos sentímonos atrapados na miopía e limitacións dos
nosos contornos políticos, e irrita sobremaneira ver como a ruindade de
estraños ou os ciumes de propios xeran atrancos en case que tódalas
fases do proxecto. Por iso, o entusiasmo e a agudeza de espírito dos
que, dende o primeiro momento, souberon ver a importancia da iniciativa
son merecedores do recoñecemento mais expresivo.
Estoume a referir a:
D. Juan Antonio Garrido, a primeira persoa a quen, por proximidade
afectiva, fixemos partícipe da que, por aquel entón parecía
peregrina, idea da construcción dunha estación de campo para estudiar
a bioloxía dos ríos e humedais continentais de Galicia. El foi quen
propiciou a primeira entrevista co Alcalde Presidente do Concello de
Vilagarcía, D. Javier Gago López que amosou inmediatamente a súa
completa receptividade. Sentímonos gratamente impresionados ao
comprobar como alguén afastado do mundo académico comprendía de xeito
tan intelixente os beneficios sociais e científicos que se derivaban do
proxecto. Dende entón e ata hoxe, fomos afortunados ao contar coa a súa
dispoñibilidade, e mesmo o seu estímulo. Así, foi emocionante
comprobar como a totalidade da corporación municipal aprobaba no pleno
do 16 de maio de 2000 a redacción do convenio de colaboración coa
Universidade e deixaba limpo o camiño para a construcción da Estación.
A eles débese que hoxe poidamos estudiar a auga doce a beira do mar, e
que a Universidade de Santiago teña un novo motivo para lembrar que
Vilagarcía é mar de Compostela, aínda que, eu teño que dicir que o
é pero co permiso de dous río: o Ulla e o Sar; e cando este se
estreita e obriga ao desembarco, a encargada de levar ata Santiago aos
fillos de Arousa, é a fonte da Escravitude, que dende a antigüidade
aliviou a sede e as feridas dos camiñantes que percorrían a calzada
romana de Iria a Compostela.
O
naqueles momentos Reitor, o Prof Darío Villanueva Prieto manifestou de
contado seu desexo de que esta estación xunto coa de Bioloxía Mariña
da Graña, que por entón estábase a construír, e coa Estación de
Bioloxía de montaña de O Courel que todos desexamos estea pronto
rematada, formase un conxunto único e sen comparación na oferta
formativa e investigadora das universidades españolas.
O
Vicerreitor de Investigación de entón Prof. Ramón Leis Fidalgo
dedicounos máis atención do que lle impuña a mera obriga
administrativa e foi testemuña privilexiada do comportamento
refractario dalgún dos nosos políticos.
Colleron o relevo o actual Reitor o Prof. Senén Barro Ameneiro e o
Vicerreitor de Investigación o Prof. Eduardo García-Rodeja Galloso. Ámbolos
dous aceptaron gustosos o desafío de seguir no rego e o compromiso
persoal do novo Reitor supuxo o estímulo definitivo que afastaba toda
incertidume. Dende aquela e ata hoxe, Eduardo ven superando con
paciencia o calvario ao que o someto constantemente, pois non tiven, nin
teño, e moito me temo que non terei, reparo en interromper
constantemente o seu traballo e mesmo o seu tempo libre con mil cousas
pequenas e non tan pequenas que sempre atende con comprensión xenerosa
e tolerancia infinita a pesares do meu caracter as máis das veces
insoportable.
Con dificultade atoparíase a alguén que amosase mais apaixoado
interese que D. Eugenio Jimenez Passolas, arquitecto municipal e
verdadeiro mecenas intelectual do proxecto. Do seu desexo de non
esquecer nin o mais mínimo detalle da construcción que puidese
entorpecer a súa futura actividade investigadora, e o esforzo, a
paciencia e a profesionalidade con que definiu o proxecto e dirixiu as
obras dá conta perfectamente o resultado final que estamos a ver. Hoxe
quérolle expresar a miña grande estima polo seu traballo pero sobre
todo agradecerlle a súa relación fondamente humana. Os seus consellos
constituíron e constitúen para min un tesouro particular dó que me
sinto especialmente recoñecido.
D. Emilio Pumar Durán, arquitecto técnico das obras, e o Director da
Oficina de Arquitectura e Urbanismo da nosa Universidade, D. Arturo
Campanero García, foron os colaboradores necesarios responsables do
magnífico ambiente de cordialidade do que manaban as solucións máis
axeitadas aos problemas técnicos que ían xurdindo.
Todo o persoal que a empresa constructora INDEZA puxo ao servicio da
Estación cumpriu con profesionalidade exemplar o seu cometido, e moi
especialmente D. José Luís Andión Campos que contribuíu coa súa
destreza, tempo e esforzo a superar as múltiples dificultades de
coordinación que foron aparecendo nas diferentes etapas da construcción.
Entre os meus colegas, o Prof. Victoriano Urgorri Carrasco, Director da
Estación de Bioloxía Mariña da Graña, e que ten o notable mérito de
ter pasado antes por este mesmo camiño, amosouse sempre xeneroso en
consellos e agarimoso alento.
O proxecto debe moito ao continuo apoio do antigo Decano da Facultade de
Bioloxía, o Prof. José Carlos Otero González, e ao actual, o Prof.
Jaime Gomez Marquez, ao seu equipo, e a tódolos compañeiros da
Facultade que, cada un á súa maneira, desempeñaron un papel decisivo.
Entre eles, os investigadores do Departamento de Bioloxía Animal, a
Dra. Mª José Servia e o Dr. Rufino Vieira son para min moito mais que
colaboradores sempre dispostos diante dos traballos decote arduos e monótonos.
Teño que recoñecer tamén a liberalidade no traballo que todos estes
anos amosou o Persoal de Administración e Servicios da nosa
Universidade, non só nos seus labores cotiáns, senón mediante os seus
aportes de información e de acertados criterios.
En fin, así e todo, non fixemos senón ampliar modestamente a
capacidade que temos na nosa Universidade de ofertar un servicio de
calidade nos ámbitos da docencia e da investigación. E quero rematar
aquí estas verbas manifestando a miña esperanza de que para os nosos
alumnos, a Estación sexa un acicate máis que leve aos dominios da
investigación Hidrobiolóxica a quen, sen se ter interesado ata o
momento por ela, poda asomarse agora coa garantía dunha magnífica
infraestructura de apoio. Eles terán nas súas mans o desenvolvemento
futuro da disciplina, porque para nós, ao final, e como di o himno
universitario "habebit humus".
Moitas gracias.
Castro
de Agudín, Cea, Vilagarcía de Arousa,
2004
|