MORTANDADE NO RÍO ANLLÓNS
Por Suso Vilar, Presidente de Fario


A pasada fin de semana, detectouse un verquido superior ao habitual, no límite superior do couto de pesca de A Laracha, procedente, presuntamente, da depuradora desta mesma localidade. Tras una primeira inspección visual, detectamos que un manto de cor gris – branquecino cubría o río, e ainda que dada a época do ano na que nos atopamos o caudal do río e moi baixo, era imposible distinguir o fondo do cauce. O luns día 11 de xullo, tras una segunda inspección comenzaron a aparecer os primeiros cadáveres das troitas aboiando río abaixo. A sorpresa xurdíu, cando descubrimos que aquelo era tan só a punta do iceberg, xa que a maior parte das troitas mortas non se vían a simple vista e atopábanse, ou ben no fondo ou pegadas as raíces das árbores da ribeira e baixo os troncos caídos no río que facían de filtro.
O servicio de gardas da Xunta de Galicia, foi o encargado de retirar as troitas mortas e tomar fotografías do que estaba acontecendo no tramo de río comprendido entre a Ponte Formigueiro e o Muíño das Fervenzas na parroquia de Vilaño.
Os gardas contabilizaron en varios centos os exemplares recuperados por eles, entre os que se atopaban exemplares dende os 5 cm. (a cría deste ano) ata os 40 cm. Aproximadamente nuns 500 metros augas abaixo da depuradora, o río atópase completamente morto, xa que a cantidade de sedimento, procedente dos contínuos verquidos, xera unha grande cantidade de gases coma o metano, que aparte de deixar sen oxíxeno as augas, converten o tramo afectado nun tramo sen vida, debido ao escaso caudal que leva o río neste tramo e nesta época do ano.
Dende a Sociedade de Pesca e Conservación dos Ríos–Fario, é o noso deber e obriga, informar a todos os socios tanto deste desastre como da depuración de responsabilidades que se deriven da denuncia presentada pola gardería competente, e como mínimo, exixir que non se volva a repetir, xa que cando unha cousa e continuada como e o caso deste tipo de verquidos, non se trata dun “accidente” ou dun feito puntual e aillado. De pouco serve reducir o número de pescadores neste tramo, vedalo durante una campaña como estivo, contar cun servicio de vixiancia privada, co custo que supón para una entidade coma a nosa,  se nun par de días se aniquila a totalidade da vida nese mesmo tramo. ¿Cánto tempo levará recuperar o perdido?
O que está claro é que mentres o cauce non se recupere, de ben pouco serve botar un cisternazo de troitas de dubido procedencia nun tramo de río onde nin siquiera as rás poden vivir, e onde pasados uns días teremos que voltar a recoller os novos cadáveres que aparezan novamente

volver a indice de especiales