CONCURSO PARRULEIRO DE FARIO

O domingo 15 de abril disputouse o primeiro Concurso Social dende Parrulo que ten lugar en Galicia e foi a Sociedade Fario de A Laracha quen o organizou.
Esta pesca dende parrulo está emerxendo en Galicia e está gañando novos adeptos.
Ainda que o tempo non acompañou, xa que o forte vento, a choiva e a saraiba non nos abandonaron en ningún momento, os "parrulistas" ou “parruleiros” foron quen de acadar algunhas troitas.
Non hai que lamentar ningún incidente destacable, agás o propio desta disciplina como é algún parrulo pinchado e algunha cana que agora descansa nas profundidades do Encoro de Vilasenín ou San Cosmade (Cerceda).
Os tres primeiros clasificados foron:
Antonio Prada, Alberto Vicente e Pablo Cuadrado.
Suso Vilar, Presidente de Fario-A Laracha

volver a indice de especiales