Actividades da S. P. C. R. FARIO de A Laracha

As VII Xornadas de Montaxe tiveron a Tino Pazos como monitor de moscas afogadas e ao Artesán Suso Vilar na montaxe de secas.
A mediados de febreiro procederon á limpeza das marxes do Río Anllóns, no couto de pesca da Laracha.
As xornadas de montaxe contaron na última sesión con Paco Castro na montaxe de poteiras para luras.
As actividades e iniciativas de Fario tiveron unha numerosa afluencia de público deixando ver que  os socios están desexosos de volver tentar as troitas do Anllóns ante a proximidade da desveda da troita.
Destacar tamén, que un ano máis FARIO é a única sociedade de pescadores galega inscrita no Proxecto Nacional de Limpeza de Ríos, promovido pola Asociación UNIPESCA en colaboración co Governo de España

volver a indice de especiales