II concurso social de parrulos de Fario-A Laracha

Parece que foi Dios…
Todo consiste en organizar algún campionato pra que choiva e faga frío. Isto é Galicia.
Ainda que non caeu saraiba coma o ano pasado, facía un frío de carallo e choveu a ratos, pero alí estiveron os parruleiros da Laracha dándoo todo.
A competición comezou as 9:00 h. da mañá e rematóu as 14:00 h. sen incidentes (desta vez nin pinchazos ni canas perdidas no fondo do encoro).
A competición estivo moi reñida dende case o comezo da proba, xa que as troitas non estaban moito polo labor de atacar os reclamos pola baixa temperatura das augas.
O primeiro en conseguir unha captura válida foi Tomás, e bastante despois tocoulle a Isaac. Xa había dous parruleiros con capturas.
O tempo apremia e o frío tamén.
Ao pouco tempo outros parruleiros súmanse a estes dous, Suso consegue a primeira e Lillo tamén.
Xa está liada.
Tomás apreta o acelerador e ¡zas! Ahí estááááá..... outra boa troita pra a bañeira do parrulo.
Comezan os piques... Tras varias plegarias, Suso acada outras dúas pezas que o sitúan no primeiro posto.
Tras algunha picada mais, sen captura, vai rematando a proba e os parrulos vanse retirando. Pero faltaba a sorpresa. A escasos 10 metros da chegada, Isaac consegue enganar a outra pintona, acadando con Tomás o segundo posto.
As troitas, devolvéronse con vida á auga ao rematar a xornada e logo de establecer a clasificación que quedou do seguinte xeito:

1º posto: Suso Vilar
2º e 3º posto: empate técnico entre Tomás Rodríguez e Isaac Rey

Gracias a tódolos participantes por unha xornada sen incidentes e en boa compaña.
Fario Comunicación

volver a indice de especiales