X Xornadas de Limpeza do río Furelos

BALANCE POSITIVO DAS XORNADAS DE LIMPEZA
Rematadas as X xornadas de limpeza cun saldo positivo. 300 kg de lixo: plásticos, latas, unha bicicleta 0rbea, un coche de neno, restos dun xato pinto...
Vemos que a cantidade de lixo é cada vez menor. O traballo destes anos empeza a dar froitos e a conciencia e respecto nótase cada vez máis.
Grazas a tódolos voluntarios, casas colaboradoras, garderia de Médio Ambiente, Concello de Melide e Deputación da Coruña que subvenciona esta actividade.
Melide, 16 de setembro de 2014
O Presidente da Asociación
Xavier Pazo Blanco

volver a indice de especiales