VII XORNADAS DE LIMPEZA DO CLUB LONDRA

O Club de Pesca Deportiva Londra de Rois comezou as súas actividades da tempada 2010 coas VII Xornadas de limpeza e retirada de residuos dos ríos de Rois.
Por séptimo ano consecutivo os socios de Londra coa colaboración dunha representación do Club W. Latorre de Padrón e a empresa Destilerías Compostela, reuníronse para esta primeira cita das xornadas de limpeza que adicaron ao tramo do río Rois comprendido dentro do couto de Rois que xestiona o Club Londra.
Repartidos por parellas, dedicáronse a sacar toda clase de lixo e refugallos das marxes do río Rois, maioritariamente plásticos dado que as enchentas deste inverno arrastraron todo tipo de residuos nos que cabe destacar unha televisión e un conxelador, estes últimos máis difíciles de arrastrar hacia o río polas choivas, polo que se supón foron depositados nas súas marxes ou cauce por algúns desaprensivos que en vez de depositalos no punto limpio se adican a verter o que lle ven en gana no cauce do río.
Retiráronse sobre trescentos quilos de lixo o que supón unha cantidade parecida á do ano anterior, pero tamén valorando que este ano as enchentas arrastraron moito lixo hacia o cauce do Rois, polo que si non hubese enchentas, non haberia tanto lixo no río.
O mellor da xornada é que os participantes poideron comprobar a boa saúde do couto de Rois, que mostra unha imaxe preciosa nesta época do ano e no que se poideron ver abundantes troitas e de moi bo porte, polo que se espera un bo comenzo de tempada. Tamén o Club Londra agradece a colaboración e o compañerismo do Club W. Latorre de Padrón e de Destilerías Compostela que participaron activamente nesta primeira cita.
Despediron esta primeira cita no bar O' Pemento de Seira degustando uns pinchos ofrecidos polo Club Londra.

 A segunda cita abordou o cauce e marxes do río Valeirón ou Liñares.
Os Socios do Club Londra e acompañados de socios de W. Latorre de Padrón que colaboraron activamente nestas xornadas, afrontaron a limpeza, nesta segunda cita, das marxes e cauce do río Valeirón. Como sempre e repartidos por parellas ao longo do tramo deste río que abarca o couto de pesca de Rois, retiraron uns 200 quilos de residuos sólidos, maioritariamente plásticos que foron arrastrasdos hacia o cauce do Valeirón debido ás enchentes e fortes choivas que nos están a acompañar neste inverno e que para a fauna do río son fabulosas, pero non así para as súas marxes onde quedan depositados toda clase de desperdicios, como deciamos maioritariamente plásticos.
Pero sempre hai anécdotas cando se trata de retirar lixo dun rio. Se na primera cita levada a cabo no río Rois se retirou un conxelador e unha televisión, nesta última retirouse un barril “de dous canados”, que parecía estar a hinchar no río, como se facía antigamente, onde os colleiteiros levaban ao río os barrís para logo non perderen o viño. Debe ser que esta tradición de vendimar vai a menos nesta zona e os barrís acaban no cauce do río.
Polo demais a xornada transcorreu dentro da normalidade, no fermoso enclave natural que rodea este cauce e onde poideron quedar na retina dos participantes maravillosas imaxes destas paraxes que paga a pena conservar, así como a estupenda librea e silueta das troitas que se poideron ver a través destas augas rápidas e cristalinas, que de seguro farán disfrutar aos pescadores na temporada que se aproxima.
Púxoselle colofón a estas xornadas de limpeza con unha estupenda merenda no bar O Pemento de Seira ofrecida polo Club Londra.

volver a índice de especiales