JOSÉ RABUÑAL GAÑA O VIII CAMPIONATO “CONCELLO DE ROIS” 

Na oitava edición do Campionato Concello de Rois-Trofeo Cucharillas Edu, organizado polo Club LONDRA, tomaron parte trinta e dous pescadores.
O escenario da proba foi o couto de Rois que abrangue desde a desembocadora no Sar ata o Valeirón ou Liñares. 9 kms de tramo moi técnico e de augas cristalinas que puxeron a proba as mellores habilidades dos competidores.
O campionato disputouse en dúas mangas de dúas horas cada unha delas, tendo entre ambas unha hora para descansar e cambiar de control. A modalidade foi a de lance sin morte para o cal Cucharillas Edu puxo a disposición dos pescadores un lote de culleriñas.
Capturáronse un total  de dezaseis troitas que logo de seren medidas polos controis foron devioltas á auga.
O Xuiz da proba foi Luis Piñeiro Mirás.

CATEGORIA SENIOR MASCULINO:
1º- JOSÉ RABUÑAL CAAMIÑA. (Club LONDRA)
2º- JOSÉ EIRAS RODRÍGUEZ. (Club LONDRA)
3º- JOSÉ OTERO REBOREDO. (Club LONDRA)

CATEGORIA DAMAS:
1ª- YESSICA MOLDES OJEA. (PONTEMOAMAR)
2ª- MELANIE GESTOSO REY. (Club LONDRA)
3ª- CECILIA ABOY FABEIRO. (Club LONDRA)

CATEGORIA XUVENIL:
1º- MARTIN SECO VELO. (Club LONDRA)
2º- CRISTIAN FERREÑO COMESAÑA. (A.D.N. RIBADAVIA)
3º- IVAN BLANCO TARRIO. (Club LONDRA)

PREMIO Á PEZA MAIOR.
JOSÉ EIRAS RODRIGUEZ. (29 cm) (Club LONDRA)
PREMIO AO PESCADOR MAIS VETERANO:
MANUEL REY RODRÍGUEZ. (Club LONDRA)

Logo do xantar de confraternidade entregáronse os premios por parte das autoridades presentes.
Houbo agasallos para todos e se sorteou material de pesca entre os asistentes. O Club Londra rendeu homenaxe a D. José García García, ex-vicepresidente da Federación Galega de Pesca, recoñecendo a súa traxectoria e o labor desenvolvido a prol da pesca deportiva en Galicia.

volver a índice de especiales