XORNADAS DE LIMPEZA DO CLUB LONDRA

Por oitavo ano consecutivo, o Club de Pesca Deportiva LONDRA organiza as VIII XORNADAS DE LIMPEZA E RETIRADA DE RESIDUOS DOS RÍOS DE ROIS.

Estas actividades terán lugar os sábados 19 e 26 de febreiro.

O día 19 procederase a limpeza do río Rois. A concentración de socios e participantes será ás 4 da tarde na praia fluvial de Seira.

O día 26 farase o propio no río Valieron. A concentración de participantes será na Ponte de Basa.

Ao remate de cada unha destas xornadas de limpeza, o Club Londra convidará a todos os sócios, participantes e colaboradores a uns pinchos no Bar O Pemento de Seira.

A Directiva do Club Londra

volver a índice de especiales