IX XORNADAS DE LIMPEZA NOS RÍOS DE ROIS
25–02–2012.
RÍO VALEIRÓN, COUTO DE ROIS.

O Club de Pesca Deportiva Londra, levou a cabo este sábado o segundo día das IX XORNADAS DE LIMPEZA E RETIRADA DE REFUGALLOS NOS RÍOS DE ROIS, que organiza por noveno ano consecutivo, afrontando a limpeza do río Valeirón. Durante casi tres horas, uns vintecinco socios do clube, Bersán Automoción de Padrón e voluntarios, así como membros de Protección Civil de Rois, repartironse ao longo da canle do río Valeirón para retirar todo e canto non lle corresponde por natureza estar nas marxes e no propio do río.
Retiraronse uns trescentos kilos de refugallos, onde cabe destacar varios neumáticos e unha batería de coche, sorprendendo esto aos participantes polo lugar pouco transitable donde se encontraron estos resíduos, o cal indica que foron levados ao lugar por algún desaprensivo intencionadamente, o cal nos parece intolerable a estas alturas, onde os ríos estan baixos de caudal e calquera alteración no medio ou introducción neste de calquera obxeto contaminante, afecta gravemente a biodiversidade do lugar e do río, máis aínda cando existen puntos limpos para depositar esta clase de resíduos.
Os participantes manifestaron a súa preocupación pola escasez de choiva o que acarrea un baixo nivel dos ríos, aínda que amosaron a súa satisfacción pola saúde das suas augas e a fauna piscícola que estas albergan, esperando xa con ansia o comezo da tempada troiteira e disfrutando das fermosas paraxes que este tramo do Couto de Rois atesoura, especialmente o tramo que se encontra incluido dentro da Rede Natura, onde os muiños restaurados deixan ao descuberto parte da etnografía do lugar.
Como de costume, ao rematar os traballos, e coa satisfación un ano máis de facer un traballo digno, sobre todo para a conservación do Couto de Rois, os participantes degustaron unha merecida merenda na Taberna O Pemento de Seira, xentileza do club organizador, que agradece a todos os participantes o seu compromiso coa natureza de Rois e aos colaboración dos medios de comunicación que difunden as actividades que este club realiza o longo do ano.

volver a índice de especiales