IX CAMPIONATO DE PESCA CONCELLO DE ROIS

6–04–2012
Gabinete de Comunicación do Club Londra
Celebrouse en Rois o IX Campionato de Pesca Concello de Róis-Trofeo Cucharillas Edu, coa organización do Club de Pesca Deportiva Londra.
O escenario de competición foi o Couto de pesca Rois, que o clube ten consorciado coa Xunta de Galicia.
O día amenceu moi frío, cunha temperatura de tres graos e o vento en calma, nada que ver coas temperaturas de días atrás onde se superaran os 25 grados ao mediodía. Isto, engadido ao baixo nivel do río por mor da seca que se está a padecer, non auguraba un bo resultado en canto a capturas se refire, aínda que os pescadores, nos prolegómenos do campionato non perdían a espranza de acadar un bo resultado, xa que se ven moitas troitas e de bo tamaño.
Como en edicións anteriores, os participantes concentráronse ás sete da mañá na Taberna O´Pemento de Seira, na que se repartiron os dorsais, se sortearon as dúas mangas nas que se ía desenvolver a proba e se lle entregaron a todos os participantes unhas cucharillas sen morte, xentileza de Cucharillas Edu.
Ás oito deu comezo o campionato na primeira manga que se prolongaría ata as dez. Logo dunha hora de descanso para repoñer forzas, ás once daba comezo a segunda manga que se prolongaría ata a unha da tarde, tendo os pescadores media hora para entregar as plicas de novo na Taberna O´Pemento de Seira.
O reconto de plicas arroxaba un cómputo total de 17 capturas entre os 38 pescadores participantes, laiándose en algún caso da fuga dalgún que outro exemplar de bo tamaño, achacando isto á modalidade na que se levou a cabo a proba, sen morte, polo cal todos os aparellos empregados carecían de arponciño no anzol que non facilita a extracción da pesca.

Logo de rematar o reconto de plicas, o Xuíz da proba, Luis Piñeiro Mirás, procedeu a proclamación de vencedores, quedando clasificación como segue:
CATEGORÍA SENIOR:
1º- JOSÉ MARÍA BLANCO OTERO
2º- JAVIER TORRES PRECEDO
3º- ROY JUAN LÓPEZ MURIEL
4º- JOSÉ OTERO REBOREDO
5º- JOSÉ LUIS BLANCO GONZÁLEZ
6º. JOSÉ DEL RÍO SOMOZA
6º- IVÁN GESTOSO REY
7º- MANUEL RODRÍGUEZ VIDAL
8º- SANTIAGO RODRÍGUEZ VIDAL

CATEGORÍA XUVENIL:
1º- JESÚS CANICOBA ABOY
2º- MARTÍN SECO VELO
3º- RICARDO PEREIRA GÓMEZ
4º- FRANCISCO SÁNCHEZ GONZÁLEZ

CATEGORÍA DAMAS:
1ª- CARLOTA GUIMAREY PÉREZ
2ª- MELANIE GESTOSO REY
3ª- ALBA CASTRO BELLO
4ª- JESSICA MOLDES OJEA
5ª- CECILIA ABOY FABEIRO
6ª- NIEVES IGLESIAS CARRERA

TROFEO “CUCHARILLAS EDU” Á PEZA MAIOR:
JOSÉ MARÍA BLANCO OTERO (28 cm)

TROFEO PESCADOR MÁIS VETERANO:
MANUEL REY RODRÍGUEZ.

De seguido, os participantes e acompañantes trasladáronse ata o Restaurante Bernabé en Padrón onde participaron nun xantar de confraternidade, no transcurso do cal se entregaron os premios aos gañadores por parte das autoridades presentes, sorteáronse agasallos entre todos, entregándose tamén por parte do Clube Londra dúas distincións a sendas empresas (Destilerías Compostela e Citroën-Bersán Automoción) que apoian e patrocinan as actividades que este Clube realiza e donan a indumentaria que este Clube loce nos campionatos nos que participa.
Dende a Directiva do Clube Londra agradecemos a colaboración das firmas comerciales que donaron material de pesca e outros agasallos e a todos os que dunha maneira ou outra nos axudan a levar a cabo durante o ano todas as actividades que realizamos.
Tamén agradecer a presenza do Concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Rois, Manuel Cobas Rey, do Vicepresidente da Federación Galega de Pesca, José Manuel Rey Alvela, do noso Socio de Honra José García García, da gardería privada do Couto de Rois, Juán e Jesús e a de Medio Rural, Alberto Fernández, sendo estes tres últimos os que velaron para que a proba transcurrise con total normalidade e polo correcto cumprimento das normas en canto á normativa de pesca fluvial se refire.
Así mesmo, agradecemos o interese que amosan todos os medios de comunicación que difunden as nosas actividades, dando a coñecer o noso traballo pola conservación dos ríos e a práctica da pesca deportiva e sostible.

volver a índice de especiales