IX XORNADAS DE LIMPEZA E RETIRADA DE RESÍDUOS NOS RÍOS DE ROIS

11–02–2.012
Cunha participación de trinta e cinco persoas, o Club de Pesca Deportiva Londra de Rois levou a cabo a primeira xornada de limpeza deste ano.
Nesta ocasión. Os participantes adecentaron o río Rois, nun tramo que abrangue parte do couto de pesca do mesmo nome, e que o Club ten consorciado coa Xunta de Galicia.
Por noveno ano consecutivo, dende a súa fundación, o Club Londra reúne aos seus socios e outras persoas colaboradoras que se sinten identificadas con esta iniciativa para levar a cabo un labor moi costoso nos inicios e que ahora, logo de nove anos retirando lixo do Rois e do Valeirón, converten estas xornadas nunha reunión para o disfrute nas marxes dos ríos de Rois de todos aqueles que participan nesta actividade, xa que a cantidade de lixo que se recolle, é menor cada ano que pasa.
Aínda que a cantidade que se retira é menor, sempre cabe destacar algún obxeto que chama a atención por encontralo no río ou nas súas marxes, como foi nesta primeira xornada, entre plásticos e alguna que outra botella, retirouse tamén un barril.
Ademais, retiraronse uns cento cincuenta quilos de refugallos e lixo, a maioría pequenos plásticos e botellas, quedando a canle e as marxes do Rois en perfecto estado para acoller a pescadores e sendeiristas.
Por outro lado, o Club Londra manifesta a súa repulsa contra o furtivismo, pois os participantes retiraron sete sedais durmintes, preparados para a pesca ilegal; incidencia que lamentamos e que se puxo en coñecemento da gardería para que tomen as medidas oportunas.
Un ano mais, o Club Londra, fai unha valoración moi positiva e despois de nove edicións xa se poden apreciar os resultados do traballo, tanto de campo como de concienciación veciñal, que pasaron de vivir de costas ao río, a aprecialo e a coidalo.
Unha vez concluída a xornada de limpeza, os participantes reuníronse na Taberna O Pemento de Seira, para reponer forzas cunha abondosa merenda, xentileza do club organizador.
O Club Londra agradece a todos os participantes a súa colaboración. Entre outros, botaron unha man socios do Club de Pesca W. Latorre e da Sociedade de Caza e Pesca de Padrón, así como as empresas Destilerías Compostela e Citroen Bersán Automoción.
A próxima xornada, terá lugar o vindeiro sábado 25 de febreiro, para acometer a limpeza do río Valeirón.
Antonio Gestoso, Presidente do Club Londra.

volver a índice de especiales