VIII EDICION DE LECER E PESCA

7 – 07 – 2012
Ven de celebrarse a VIII edición de LECER E PESCA que organiza o Club de Pesca Deportiva LONDRA de Rois.
Como en edicións anteriores a praia fluvial de Seira, ateigada de rapaces e acompañantes, convertiuse no escenario ideal para que nenos e maiores disfrutaran dunha tarde de lecer e pesca, xa que as duas cousas estaban garantidas de antemán no programa do evento.
Inscribironse un total de oitenta rapaces de todas as idades que ían dende os 3 anos ata os 17, idade esta última límite para poder participar, cubrindo as prazas en apenas unha semana logo de abrirse a inscrición. Estiveron representados en Rois clubes de toda Galícia. Dende Lugo visitounos a Sociedade Val de Lemos, de Monforte, dende Pontevedra estiveron o Clube O Isco de O Grove, e o Náutico de Bouzas de Vigo, dende Ourense a Sociedade A.D.N. Ribadavia, sendo da provincia da Coruña os máis numerosos, Pesca Barbanza de Noia, W. Latorre de Padrón, Caza e Pesca de Padrón e o propio Clube LONDRA de Rois, así como pescadores de toda a comarca do Sar.
O extenso programa comenzaba as catro da tarde, extendéndose ata pasadas as nove da noite, dando comezo coa promoción da pesca deportiva na praia fluvial de Seira para os máis cativos. Á mesma hora daba tamén comezo o campeonato de categoría xuvenil federados, nos ríos que abrangue o Couto de pesca de Rois, o río Valeirón e o Rois, extendéndose isto ata as seis da tarde, donde logo de rematar, houbo unha demostración de pesca con cola de rata, realizado por dous membros da Selección Galega de Pesca a Mosca Xuvenil recén chegados do Pais Vasco, de onde viñan de participar no Campeonato de España, Raúl Pérez Prieto e Martín Seco Velo.
Entre tanto repartíuse a merenda entre todos os participantes e asistentes que a súa vez podían disfrutar das exposicións nos stands de montaxe de moscas e cullerillas, realizadas por Rafael de la Iglesia, Cucharillas Edu e Cucharillas Sar, amenizado todo esto por unha discoteca móvil.
Despois de disfrutar de esta merenda campestre, poidemos deleitarnos coa actuación de Roi “o caga bolas”, un dos mellores malabaristas, con mazas, diábolo, bolas e ata fouces, nun espectáculo que uneu os malabares coa máxia e o humor, facendo as delicias de grandes e pequenos. De seguido pasouse a entrega de trofeos os gañadores na categoría xuvenil e a todos os infantís por parte das autoridades presentes, tendo por norma dende a súa primeira edición, que de LECER E PESCA ningún neno marche sen premio ou agasallo, doados polas casas comerciais.
Dende o Club de Pesca Deportiva LONDRA, queremos agradecer a Consellería de Medio Ambiente a sua colaboración, xá que sen ela sería imposible a celebración desta xornada, a presencia das autoridades municipais, encabezadas polo Sr. Alcalde de Rois, D. Ramón Tojo e o Concelleiro de Medio Ambiente D. Manuel Cobas, o Socio de Honrra do Club LONDRA, D. José García García, o Vicepresidente da Federación Galega de Pesca D. José Manuel Rey Alvela, ós representantes de Cuharillas Edu e Cucharillas Sar, así como a D. Rafael de La Iglesia, montador de moscas para a pesca. Tamén agradecer a colaboración de todas as casas comerciais que nos doaron material de pesca para sortear e regalar entre todos os participantes, así como a todos os medios de comunicación e páxinas weeb que difunden as nosas actividades e en especial este evento.
A participante mais pequena, de tres anos de idade, foi agasallada cun exemplar do Libro “Siempre Moralejo” por xentileza de Xornal Trueiro.
Londra Comunicación

A clasificación do campionato xuvenil foi:
1º- Jonathan Argibay Juncal, do Clube O ISCO de O Grove.
2º- Angel Iglesias Quintáns, do Clube LONDRA de Rois
3º- Damián Otero Rodríguez, do Clube LONDRA de Rois.
4º- Raúl Pérez Prieto, da Sociedade VAL DE LEMOS de Monforte.
5º- Martín Seco Velo, do Club LONDRA de Rois.
6º- Carlota Guimarey Pérez, do Clube LONDRA de Rois.

volver a índice de especiales