SEGUNDO DÍA DAS "X XORNADAS DE LIMPEZA NOS RIOS DE ROIS

LIMPEZA DO RÍO VALEIRÓN
Este sábado levouse a cabo a segunda cita das "X XORNADAS DE LIMPEZA E RETIRADA DE REFUGALLOS NOS RIOS DE ROIS" que organiza o Club de Pesca Deportiva Londra no couto de pesca de Rois que xestiona este club en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicia.
Como de costume, logo da preceptiva concentración nesta ocasión na ponte de Basa, os participantes dispuxéronse a percorrer e acondicionar as marxes e contorna do río Valeirón, recollendo toda clase de refugallos que quedaron depositados nas veiras e no leito debido as enchentas e riadas das últimas semanas.
Retiraronse uns douscentos quilos de residuos entre os vintecinco participantes, entre os que se encontraban socios do clube convocante e do veciño Club W. Latorre de Padrón, así como representantes de diversas empresas da zona como Destilerías Compostela e Bersan Automoción, colaboradores habituais do clube.
Ao finalizar, os participantes disfrutaron dunha merecida merenda na Taberna O´Pemento de Seira por xentileza do Club Londra.
Con estas xornadas, o Couto Rois queda libre de refugallos. Agora queda pendente de próximas actuacións que se levarán a cabo proximamente como son o acondicionamento dos camiños e postos de pesca xunto coa reposición de sinais e carteis indicativos do couto.
O Club Londra, um ano mais, acomete o inicio da temporada de pesca cos deberes feitos e cun escenario de pesca idôneo para acoller aos primeiros pescadores.
O Club Londra agradece a participación de todos aqueles que puxeron o seu graíño de area participando nestas xornadas.

volver a índice de especiales