IX EDICIÓN DE LECER E PESCA
CAMPEONATO AUTONÓMICO XUVENIL

Celebrouse en Rois LECER E PESCA. Como en anos anteriores a praia fluvial de Seira ateigouse de rapaces e acompañantes, preparados para participar nesta novena edición.
Este ano o evento tivo unha dificultade engadida, sin dúbida o tremendo calor que acompañou aos pescadores, que máis que pescar, invitaba a pegarse un baño nas cristalinas augas do Rois cos 41 grados que as catro da tarde aplomaban sobre Rois.
Sen embargo e poñéndolle todas as gañas do mundo, 83 participantes, 20 destes na categoría xuvenil que disputarían o Autonómico Xuvenil, dispuxenronse a enfrentarse ás duras condicións meteorolóxicas, que ao longo da xornada fixeron estragos entre os participantes.
As capturas foron escasas no acto de promoción da pesca na praia fluvial, non así na categoría xuvenil que disputaba o campeonato autonómico ao longo do couto de Rois, nesta categoría capturáronse un total de 28 troitas que arroxaron a seguinte clasificación.

CAMPEONATO AUTONÓMICO XUVENIL.
1º. Raul Pérez Prieto, da Sociedad Val de Lemos.
2º. Aarón López Rodríguez, da Sociedad Val de Lemos.
3º. Angel Iglesias Quintáns, do Club Londra.
4º. Diego Villanueva Ilgesias, da Sociedade de Caza e Pesca de Cotobade.
5º. Carlota Guimarey Pérez, do Club Londra.
6º. Martín Seco Velo, do Club Londra.
7º. Jesús Canicoba Aboy, do Club Londra.
8º. Ricardo Pereira Gómez, do Club Londra.
9º. María Saco Sanchez, da Sociedad Val de Lemos.
10º. Melanie Gestoso Rey, do Club Londra.

Durante toda a xornada unha discoteca móvil amenizou o evento.
Logo de rematar a acción de pesca, os participantes e acompañantes degustaron  unha copiosa merenda. Logo da mesma, disfrutamos dunha demostración de pesca levada a cabo por dous membros da Selección Galega de Pesca a Mosca Xuvenil, Raul Pérez Prieto e Martín Seco Velo e tamén do membro do Club Londra Jesús Canicoba Aboy, na modalidade de lance, recente campeón do Open de España Copa Presidente da Xunta.
O broche final púxose coa actuación de Isla Letriska, co seu espectáculo Letriska Inmóvile que fixo as delicias de pequenos e maiores e coa entrega de premios e sorteo de premios a os participantes e gañadores do Autonómico Xuvenil clausurouse o acto.
O Club de Pesca Deportiva LONDRA, agradece a colaboración de todas as firmas que fixeron posible a celebración do evento, así como o Club Ciclista Padrones pola cesión do escenario donde se entregaron os premios. Agradecer tamén a colaboración da Consellería de Medio Ambiente e do distrito IV da gardería de pesca fluvial, a Delegación de Conservación da Natureza, a FGP, o Concello de Rois e as autoridades presentes, así como a todos aqueles que desinteresadamente colaboraron con este evento e as Sociedades e Clubes de pesca que nos acompañaron nesta xornada.

volver a índice de especiales