XI XORNADAS DE LIMPEZA DO CLUB LONDRA. RÍO VALEIRÓN.

O Club de Pesca Deportiva LONDRA de Rois, ven de levar a cabo a primeira retirada de refugallos realizada no río Valeirón, enmarcada esta actividade dentro das "XI XORNADAS DE LIMPEZA E RETIRADA DE REFUGALLOS NOS RÍOS DE ROIS" que organiza este clube ininterrumpidamente dende xa hai nada menos que once anos.
A xornada permitiu achegarse o río, logo dun mes de intensos temporais e enchentas que impediron levar a cabo esta actividade programada para días antes.
Retiraronse uns douscentos quilos de refugallos que, por mor das enchentas, foron arrastrados hacia as marxes do Valeirón.
O Clube LONDRA, quere agradecer a tódo-los participantes o traballo realizado e tamén a presenza de membros de W. Latorre de Padrón, Bersan Automoción Citroën e Emerxencias Rois Voluntariado.
Ao remate, tódo-los participantes disfrutaron dunha merecida merenda na taberna O Pemento de Seira, por xentileza do Clube organizador. 
A limpeza do río Rois quedou programada para o vindeiro sábado 1 de marzo. Ás catro da tarde, concentraranse os participantes na praia fluvial de Seira.

volver a índice de especiales