XII Xornadas de limpeza do Clube Londra de Rois

O sábado 7 de febreiro deron comezo as xornadas de limpeza que dende hai anos leva a cabo o Club Londra de Rois.
Como tódolos anos, estas xornadas de limpeza se centran no acoutado de Rois que comprende ao río Rois e ao seu tributario o Valeirón.
Neste primeiro dia retiráronse sobre todo plásticos, latas e algún que outro neumático pero este ano as marxes do río estaban máis limpos que en anos anteriores.
A esta xornada de limpeza asistiron 25 persoas, entre socios do clube, colaboradores e voluntarios. Como ven sendo costume, o Club Londra convidou aos participantes a unha merenda no Pemento de Seira.
A nova directiva do Club Londra agracede o traballo desenvolvido polos socios e colaboradores nesta primeira xornada de limpeza.
A proxima xornada será o día 28 de febreiro no Río Valeiron as catro da tarde.

volver a índice de especiales