O Club Londra no Concurso de Ponte Caldelas

O Clube de Pesca Deportiva Londra de Rois participou no Concurso de Pesca Deportiva da XLIX Festa da Troita de Ponte Caldelas 2015 celebrada os días 30 e 31 de maio no río Verdugo. Ao igual que tódolos anos anteriores, o Clube Londra presentou competidores a tódalas categorías.
O sábado 30 de maio foi o turno dos senior, presentándose José Eiras Rodríguez, Carlos Torrado Barros, David Álvarez Lorenzo e José Otero Reboredo.
O domingo, foi para as mulleres, xuvenís e infantís. Presentándose Carlota Guimarey Pérez, Melani Gestoso Rey e Yessica Moldes Ojea na categoría de damas; Jesús Canicoba Aboy, Ángel Guimarey Pérez, Lucas Otero Álvarez, Brais Blanco Tarrío e Martín Mosquera López na categoría de xuvenís e os irmáns Fabián e Brais Eiras Torrado na categoría de infantís.
Logo da participación dos socios ao longo da fin de semana, compre mencionar que o Clube de Pesca Deportiva Londra acadou o terceiro posto por equipos.
David Álvarez Lorenzo acadou o terceiro posto na categoría senior e mencionar tamén o excelente resultado no equipo feminino pois as dúas primeiras clasificadas foron Melani Gestoso Rey e Yessica Moldes Ojea, acadando primeiro e segundo posto respectivamente.
Se che interesa ser partícipe de todos estes logros, ano tras ano, podes facerte socio ou contactar connosco a través do correo electrónico clubdepescalondra.rois@gmail.com

volver a índice de especiales