|
Na vila pontevedresa de Pontecaldelas tivo lugar a XLII FESTA DA
TROITA. Como é tradicional, disputouse o Campionato Internacional de
Pesca Fluvial.
O Club Londra de Rois participou invitado pola organización e de
novo como en anos anteriores, volveu a conseguir un notable éxito.
Na categoría de Damas María Manuela Freire, que este ano está que se
sae, acadou o terceiro posto na clasificación, recordemos que esta
dama acadou nesta tempada sendas victorias no Campeonato de Rois e
no de Sigüeiro. Na categoría xuvenil subiron o podio, Alejandro
Reboiras e Eduardo Seco, acadando a primeira e segunda praza
respectivamente e na categoría infantil o mellor posto foi logrado
por Damián Otero que obtivo o cuarto lugar na clasificación.
É de destacar o mérito destes pescadores pois o campionato ten
caracter internacional no que tamén participaron equipos de Portugal
ademais dos de toda Galicia.
A directiva e todos os socios do Clube LONDRA queren darlle a
noraboa a estes pescadores e ao resto dos participantes que ano tras
ano van por Galicia dando a coñecer o Concello de Rois no ámbito da
pesca deportiva. A próxima cita será no campionato de pesca de
Ribadavia.
Antonio Gestoso. |