Comunicado do Concello de Ordes

O Concello de Ordes ante a denuncia de mortandade de troitas acaecida no rio Mercurín ao seu paso polo casco urbano quere manifestar:

1.- Este Concello ten aberta unha investigación sobre esta incidencia.

2.- A Policia Local levantou un atestado no que se constata que non houbo fugas de cloro da piscina municipal nin se visiona nin se constata ningún tipo de incidencia na transparencia da auga do río no cal se observan troitas vivas no seu leito.

3.- O Concello quere saber con exactitude o axente que provocou a mortandade enviando mostras para seu estudio toxicolóxico.

4.- Mentres non se sepa con precisión pódese sospeitar dunha orixe agrícola anterior ao Campo da Feira, punto onde aparecen mortas troitas.

5.- O Concello non vai a tolerar ningunha agresión ao medio ambiente, como así ven de manifiestar coa continua análise de augas e os peches de vertedoiros incontrolados.

6.- Manifestamos que ante calquer verquido ou indicio contaminante os veciños e veciñas de Ordes o comuniquen o máis rápido posible á Policia Municipal para actuar con prontitude e poder minimizar os seus efectos contaminantes.

7.- O Concello de Ordes ten unha especial sensibilidade no coidado do medio ambiente. Este tipo de actuacións cáusanos un profundo malestar e adicaremos os nosos esforzos á prevención e erradicación deste tipo de sucesos.

 

volver a índice de especiales