|
XIV
CONCURSO DE PESCA CIDADE DE NARON
|
|
Certame atípico en canto a capturas xa que só dous participantes cobraron dúas pezas de talla legal. |
|
|
O
gañador foi José Manuel Pena cunha peza de 900 gr que lle deu así
mesmo o premio á peza maior. |
|
Destacar tamén ás boas
condicións nas que se atopa o río para o exercicio da pesca, en
canto a limpeza de marxes, tralos traballos de repaso de sendas de
pesca realizados polo equipo da Consellería de Medio Ambiente, así
como polas limpezas puntuais (concretamente nas zonas de Entreríos e
Fabián-Piscifactoría) realizadas por socios desta sociedade. Estes
traballos terán continuidade en meses próximos cun aplomado de
arborado na zona do cauce baixo do río (abaixo da Presa do Rei) e
cunha restauración de frezadeiros en varios tramos do río que será
desenvolvida tamén por socios desta entidade. Estes traballo están
autorizados polo Servicio de Medio Ambiente e por Augas de Galicia. |
|
|
|
|