ASOCIACIÓN DE  PESCA RÍO PAMBRE

Os amantes da pesca dispersados na Comarca de Palas de Rei, na  Ulloa, xa  dispoñen dunha asociación, impulsada por un grupo de 15 afeccionados para fomentar a práctica deste deporte no Concello de Palas de Rei.
O colectivo, dende o que tamén se pretende potenciar a práctica doutras actividades deportivas menos extendidas na zona e vinculadas co río e o medio ambiente, quedóu formalmente constituido no encontro de convocatoria aberto que se celebrou a última hora do pasado día 1 no local do bar Pardellas. Os socios fundadores da Asociación de Pesca Río Pambre (con este nome bautizóuse o colectivo) elexiron a Xunta Directiva, na que figura como Presidente Iván Bruzos  Cendán e marcáronse como obxectivo a medio plazo asumir a xestión do couto do río Pambre e defender os intereses do colectivo de pescadores.
O venres, 26 de outubro, tivo lugar ás 21:30 do serán no local do Bar Pardellas de Palas de Rei a charla informativa da Asociación de Pesca  Río Pambre, cunha participación  elevada de afeccionados á pesca fluvial. Seguindo a orden do día, deuse paso a un coloquio aberto, cordial e frutífero para continuar cun informe completo de toda as xestións levadas a cabo durante este mes de outubro pola Xunta Directiva, nesta ocasión o Presidente Iván Bruzos foi o encargado de poñer en coñecemento de todos un informe completo, unha vez que se aprobaron os estatutos pola Xunta de Galicia, Secretaría Xeral para o Deporte e foron ratificados polo Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia,  quedouse en iniciar unha campaña de captación de socios e de realizar a principio do 2013 unha Asemblea  para perfilar as actividades do ano e poñer a cota correspondente.
Seguidamente, pasou a formar parte da Xunta Directiva por unanimidade, en calidade de Vicepresidente D. Amador Montero Garcia (Palas de Rei).
Todo será debidamente publicitado a través da rede, dos medios de comunicación e con carteis distribuídos anunciando o evento oportuno.
Tamén se pon en coñecemento dos asistente que é primordial a colaboración de todos.
Unha vez rematado, o presidente deu as grazas  a todo los asistentes e colaboradores.
Palas de Rei, 29 de outubro de 2012
Iván Bruzos
, Presidente Asociación Río Pambre

volver a indice de especiales