XLVII CAMPEONATO DE PESCA DE PONTECALDELAS

OS CLUBES DE PESCA DA COMARCA DO SAR TRIUNFAN NO INTERNACIONAL DE PONTECALDELAS.
Caza e Pesca de Padrón e o Club de Pesca Deportiva Londra de Rois acaparan os primeiros postos no Campeonato Internacional de Pesca Fluvial de Ponte Caldelas que ven de disputarse na vila pontevedresa.
A proba tivo como esceario o Couto de Ponte Caldelas e o Couto de Cotobade no río Verdugo, no que o longo do fin de semana acolleu a participación das distintas categorías.
O sábado celebrábase o proba en categoría senior e categoría veteráns. Foi na categoría senior na que as sociedades da comarca do Sar se repartiron os premios desta xornada, acadando Caza e Pesca de Padrón o primeiro e terceiro posto, logrados  por Fernando Blanco González e José Luis Blanco González respectivamente que lle daría tamén a victoria por equipos, mentres o Clube de Pesca Deportiva Londra conseguia  a peza maior, unha troita de 37 cm e 435 gramos que foi capturada por José Del Río Somoza e un cuarto posto acadado por David Álvarez Lorenzo que lle daría o subcampeonato por equipos.
A xornada dominical arrancaba de novo as 8:30 da mañan cos campeonatos das categorías infantis, xuvenís e damas, donde o Club de Pesca Deportiva Londra se impuxo con rotundidad na categoría xuvenil, colocando o remate da proba no primeiro e segundo posto do podium a Jesús Canicoba Aboy e a Damián Otero Rodríguez respectivamente, na categoría infantil acadaron o cuarto e quinto posto logrados por Fabián e Brais Eiras Torrado o que sin dúbida daba continuidade o éxito acadado na xornada anterior polos pescadores de Rois, asegurando un bo futuro na pesca deportiva na comarca do Sar dado o bo facer das categorías inferiores do Clube de Rois.
O éxito acadado por estas duas sociedades, adquire máis valor si cabe, polo alto nivel competitivo dos participantes, entre os  que se encontraban integrantes de seleccións autonómicas con varios títulos tanto a nivel autonómico como nacional no seu palmarés e pescadores de sociedades do veciño país Portugal, o que lle dáoa o carácter internacional a proba.
Antonio Gestoso

volver a índice de especiales