Agradecemento do Xornal Trueiro.

Boas noites.
Disculpen a ausencia do Director de Xornal Trueiro, Alberto Torres, quen por motivos laborais n
on pode acompañarnos neste entrañable momento.
En nome de todos os que estamos embarcados nesta marabillosa experiencia de traballar defendendo o medio natural do noso País, moitas grazas por este agasallo anímico.
Quedamos certamente agradecidos á Asociación Galega de Xestores Deportivos pero este recoñecemento, ademáis de senlleiro estímulo, non é máis que outro elo no noso camiñar na defensa a ultranza das arterias do noso País e na xestión sostible no deporte da cana.
Traballamos pola pureza da auga, pola pesca sostible e para que o pescador sexa recoñecido como o verdadeiro catalizador dunha actividade certamente ancestral.
Esa defensa, ademais do compromiso persoal e profesional, baseámola nos criterios científicos da USC e a Estacion de Hidrobioloxía Encoro do Con a quenes agradecemos o seu asesoramento.
Non podemos esquecer aos nosos anunciantes e ás firmas e empresas que confían en nós.
Xa de portas para dentro, noraboa a redactores, fotógrafos, columnistas, distribuidores, etc. A toda a famila trueira.
Mais nada. Reiteramos o noso agradecemento e, por suposto, os nosos parabens mais sinceros aos restantes premiados deste ano.
Graciñas e boas noites.

 

VI PREMIOS GALICIA Á XESTIÓN DEPORTIVA

ACTA DE CONSTITUCIÓN E RESOLUCIÓN DO XURADO

Con data un de outubro de dous mil quince reúnese en Santa Cristina (Oleiros), o Xurado dos VI Premios Galicia a Xestión Deportiva promovidos pola Asociación Galega de Xestores Deportivos (AGAXEDE), composto polos membros seguintes:

Presidente:
Eduardo Blanco Pereira (Presidente de AGAXEDE)

Vogais:
José Garrote Martín (Vicepresidente de AGAXEDE)
Ramón Francisco Ramón Santiago (Vocal Comunicación de AGAXEDE)
Roberto García Fernández (Representante da Secretaría Xeral para o Deporte)
Xurxo Dopico Calvo (Decano da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña)
Vicente Romo Pérez (Decano da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo)
Vicente Gambau i Pinasa (Presidente do Consello Xeral de COLEFs de España)
Andrés Ríos Mejuto (Director do xornal Deporte Campeón, en representación da Federación Galega da Prensa Deportiva)

Secretaria:
Joana Crespí Vich (Coordinadora técnica de AGAXEDE)

Co fin de valorar as candidaturas presentadas a convocatoria publicada o día 1 de maio de 2015, e dacordo cos criterios e categorias establecidas e unha vez estudiadas as mesmas, o Xurado resolve por unanimidade otourgar os seguintes Premios:

 

PREMIO AO/Á MELLOR XESTOR/A DEPORTIVO/A
ÁNGEL CID MANZANO

PREMIO O MELLOR CONCELLO DE MENOS DE 15.000 HABITANTES
CONCELLO DE VIMIANZO

PREMIO Á MELLOR ENTIDADE PÚBLICA
CONCELLO DE OLEIROS

PREMIO Á MELLOR ENTIDADE PRIVADA
FEDERACIÓN GALLEGA DE BOXEO

PREMIO AO MELLOR ESTUDIO OU INNOVACIÓN
INSTITUTO INTERNACIONAL DE TERAPIA FÍSICA E HIPOPRESIVOS

PREMIO AO MELLOR PATROCINIO DEPORTIVO
ABANCA

PREMIO A XESTIÓN SOSTIBLE NO DEPORTE
XORNAL DE PESCA DEPORTIVA TRUEIRO

PREMIO A XESTIÓN DEPORTIVA DE INTEGRACION SOCIAL
ONCE

PREMIO A MELLOR ACTIVIDADE OU PROGRAMA DEPORTIVO
CLUB AMC

PREMIO DE RECOÑECEMENTO ESPECIAL
DxT Campeón

En Oleiros (A Coruña), a dous de outubro de dous mil quince.
Ado: Eduardo Blanco Pereira, Presidente, e
Joana Crespí Vich, Secretaria.

volver a índice de especiales