VIII Premios Trueiro en Padrón

Fotos: R. Vieira, S. Ortega y J. L. Brandón

Los VIII Premios Trueiro destacaron el trabajo llevado a cabo por personas, colectivos, sociedades y pescadores en favor de los ríos, la pureza de las aguas continentales y el deporte de la pesca.
El acto, presentado por el periodista televisivo Terio Carrera tuvo lugar en el Auditorio padronés que acogía a numerosos pescadores y aficionados llegados de las cuatro provincias gallegas.
Los originales premios de este año fueron diseñados por los orfebres de Joyería Modesto de Lugo.
Antes de la entrega de premios se proyectó el documental “A beleza do Ulla” de la factoría audiovisual de Trueiro.
En el transcurso de acto, la plantilla de trabajadores del Xornal Trueiro entregó la Insignia de Plata a su Director Editorial, Pepe Casal.
Juan Luís Barja Pérez; la Sociedad de Caza, Pesca y Tiro de Silleda; la Guardería del Ulla; Andrés Rios-DxT y Jesús Carbia “Louzao” fueron los distinguidos este año.
El Alcalde de Padrón, Antonio Fernández, cerró el acto destacando la simbología del agua para la comarca padronesa con los ríos Ulla, Sar y Rois; destacó la presencia de truchas, reos y salmones; habló de las pesqueiras y la lamprea y reparó en los numerosos pescadores y clubes de pesca que hay en toda la comarca.

INTERVENCIÓN DE MIGUEL PIÑEIRO

Sr. Alcalde, ilustres compañeiros de mesa, donas e cabaleiros, amigos pescadores, moi boas noites.
Como primeira varada, permítanme que felicite efusiva e sinceramente aos profesionais do Xornal Trueiro polo máis que merecido “Premio Galicia a xestión sostible no deporte” que días atrás lle concederon nos “VI Premios Galicia á Xestión Deportiva” entregados pola Asociación Galega de Xestores Deportivos que preside Eduardo Blanco.
Noraboa a toda a familia trueira.
Feita esta obrigada referencia, non quixera parecer e moito menos ser cansino. Gustaríame que esta intervención fose un canto de romántica prosa fluvial pero a realidade dos dous últimos anos sumíunos no pesimismo aínda que temos que ver o futuro con fundado optimismo.
Xa quixeramos todos nós que a pesca en Galicia estivese libre de episodios como o do Tea e o Louro; que a xestión da actividade se rexese por parametros modernos, científicos e rigurosos; que se respetasen os caudais ecolóxicos; que o cormorán estivese no seu sitio natural... que a pesca fose, en definitiva, unha actividade lúdica e dinamizadora afastada de talibanismos e empecinacións radicais.
O prohibicionismo enfermizo dos técnicos da Administración e a difunta Federación Galega de Pesca seguen nas berzas e nas antípodas do que debería ser a realidade do deporte da cana hoxe en día.
As circunstancias negativas que afectan ao sector obrigan a que poñamos de manifesto e denunciemos a estes auténticos ineptos aos que o destino puxo a dirimir responsabilidades sen estar respaldados para este privilexio.
Levamos anos tentando que se movan e aprendan. Que marquen o rumbo con sentido común e rigor científico pero a soberbia impídelles aceptar a realidade e o seu inmerecido estatus e a súa incapacitación lévaos a bunkerizarse permanentemente no equívoco.
Afortunadamente debo referirme ao aire fresco que acaba de entrar na Dirección Xeral. A única opción cando se comete un erro é a de rectificar e rectificaron pero a costa de perder dous anos.
A Dirección Xeral de Conservación da Natureza caracterizouse neste tempo polo inmovilismo absoluto. Nin contentaron aos tradicionais nin aos máis radicais ou vangardistas. Un verdadeiro desastre a nivel de xestión.
Cando xa se traballaba na nova lei de pesca, cando os salmónidos precisan da pesca sostible, cando as especies son masacradas pola contaminación… non se fixo absolutamente nada.
Dous anos perdidos.
Chegou o relevo e a nova Directora Xeral ten un ano tan só para poñer en marcha un novo modelo de xestión que aúna e non enfronte, que dialogue e debata en vez de atrincherarse no despacho como fixo a antecesora.
Afortunadamente a nova responsable xa ten amosado capacitación, formación, profesionalidade e coñecemento; e, o mellor de todo, sabe escoitar, mandar e xestionar.
Ten por diante un difícil labor e pouco tempo para obrar: Lei de Pesca, permisos de turismo rural, normativa oficial…
Agardamos que, unha vez liberados das inepcias de Verónica Tellado, e non me esquezo de Susana Cuesta, a nova Directora Xeral de Conservación -Ana María Diaz López- poña en práctica tódo-los seus coñecementos do sector e sexa quen de xestionar uns recursos que tocan fondo. Agardamos e desexamos que conte coa colaboración de todos. A nosa incondicional axuda xa a ten garantida.
Os tempos son chegados e debemos empurrar todos na mesma dirección en favor de pesca sostible. Non faltarán os talibáns, eses francotiradores do absurdo que darán unha vez máis mostra do seu fascismo á hora de non intentar chegar a puntos comúns. Continuarán apestados nos seus reductos virtuais e seguirán indo a outras latitudes europeas a matar salmóns sin que os vexan os seus correlixionarios de secta. Seguen, estes tipos, nas súas atalaias mesiánicas largando contra todo aquel que non milite no seu pensamento único.
E nin cos altavoces, xá sabedes a qué me refiro. Están afónicos porque non-os escoita ninguén e mentres non se sumen ao sentir inmensamente maioritario do colectivo da cana seguirán apestados e ninguneados.
Non quixera concluír sen que, nesta festa do sector e do xornalismo, me permita aplaudir o traballo libre e sen ataduras dos profesionais do Xornal Trueiro e o compromiso dos pescadores cunha actividade ancestral que atravesa polos seus peores momentos.
Parabéns aos galardoados deste ano, verdadeiramente merecidos os premios, e agardamos que se invirta a tendencia e que o futuro nos depare a xestión que merecemos e demandamos.
Gracias e boas noites.

O Consello de Administración, o Consello de Dirección, o Comité Asesor e a Dirección do Xornal, reunidos en Santiago de Compostela, acordaron por unanimidade fallar os Premios Trueiro de 2015:

Premio Línea Tensa

Juan Luís Barja Pérez
Catedrático de Microbioloxía e Coordinador do Grupo de Investigación de Patoloxía na Acuicultura da Universidade de Santiago de Compostela.
Ademais dun intenso labor como investigador sobre o desenvolvemento de vacinas para peixes, ten unha destacada actividade no control e diagnóstico de patoloxías na acuicultura mariña e, especialmente, na acuicultura continental.
As súas observacións sobre a prevalecía de enfermidades infecciosas en peixes de ríos galegos e o seu asesoramento en estratexias para a prevención e control de patoloxías deberían ser determinantes na ordenación e xestión da pesca deportiva.

Premio Qué Pasa
Sociedade de Caza, Pesca e Tiro de Silleda
Fundada en 1.980, na actualidade conta con 348 socios.
Como entidade colaboradora da Xunta de Galicia, xestiona o coutos de pesca “Toxa” do río Toxa e “Taboada” do río Deza.
Destacar que a Feira Fecap de Silleda naceu a resultas dos contactos da directiva coa Semana Verde.
Coordinou a posta en marcha da Lagoa de Pesca do recinto feiral de Silleda.
Actualmente están acondicionando unha lagoa artificial nos seus terreos do Campo de Tiro de Vilar, agardando a concesión das oportunas autorizacións administrativas para crear unha Escola de Pesca.
Este ano organizaron un Taller de Montaxe cos “Artesáns da Pesca” e o 1º Curso de Iniciación á Pesca con Mosca impartido por Julio Seijas.
Todos os anos levan a cabo unhas xornadas de limpeza dos ríos Toxa e Deza.

Premio Donde hay que estar
Guardería do Ulla
O colectivo de pescadores e, en especial os ribereños do Ulla, son coñecedores da problemática que durante anos arrastrou a guardería do Ulla. Mesmo a sombra da sospeita caeu inmerecidamente sobre todos os eles cando un peón foi denunciado e expedientado polo trapicheo ilegal de dous salmóns. Durante anos, e en moitas ocasións, pagaron xustos por pecadores. Moitos membros desta gardería non teñen absolutamente nada que ver con estas e outras prácticas lamentables que se estilaban neste curso anos atrás.
Por iso, é un acto de xustiza outorgar este premio á Guardería do Ulla e que o recollan os que se sintan merecedores desta distinción.

Premio A Nosa
Editorial La Capital-Deporte Campeón
Polo seu compromiso medioambiental denunciando as agresións que sofren as augas continentais e as rías galegas e especialmente polo labor divulgativo da pesca deportiva levado a cabo polo DxT.

Premio Trueiro
Jesús Carbia, “Louzao”
Nado en Santeles hai mais de 80 anos, a escasos metros do río Ulla e pertencendo a unha familia de pescadores, o Premio Trueiro deste ano comezou a pescar de pequeno, cando había peixe en abundancia.
Leva gañadas catro edicións do Concurso Internacional do Salmón en Augas Galegas, a última vez o ano pasado.
Ten un prado, a carón do couto de Ximonde, que todos os pescadores coñecen á perfección.
Sen dúbida, é o gran señor do Ulla.

Os Artesáns da pesca, representados por Paco Porto, entregáronlle un broche cunha mosca de salmón.

INTERVENCIÓN DE ALBERTO TORRES
Autoridades, compañeiros, benqueridos amigos. Boas noites.
Sirvan as miñas primeiras verbas para disculpar á nova Directora Xeral de Conservación. Ana Díaz, que non pode acompañarnos por problemas de axenda contraídos anteriormente e antes de nada, noraboa aos galardoados, agradecéndolle o seu compromiso cos ríos, cos peixes, co País.
A insignia de prata do Trueiro que este ano recibíu Pepe Casal representa o recoñecemento dos compañeiros do xornal a un traballo fundamental para o noso grupo, garante da liberdade para seguir pescando e escribindo da pesca. Temos a obriga de informar a toda Galicia do que acontece nos ríos, aportando, coma xornalistas, toda a documentación posible e necesaria para que a xente poida valorar o que ocorre na nosa terra de auga.
Nese compromiso adquirido hai xa algúns anos, queremos sumar esforzos non so para informar, tamén para por en valor os nosos ríos, os nosos peixes, e ás xentes que por eles traballan. Para eso naceron no seu día os Premios Trueiro.
O xurado, unánime e atinado, quixo con estas distincións subliñar e por no lugar que lle corresponde o enorme percorrido científico de Juan Luis Barja, un referente en microbioloxía a nivel contiental, sempre traballando no coñecemento da saúde dos nosos peixes, polo tanto, do noso medio.
Tamén o rumbo da Sociedade de Caza, Pesca e Tiro de Silleda, mellorarando os seus ríos, nas súas actividades, abrindo a pesca de Silleda para toda Galicia e para todo o mundo, dende os cativos aos avós.
Mirando ao futuro con decisión.
A Guardería do Ulla. O Pai Ulla é coma o tempo. Pon a cada un no seu sitio. Co paso dos anos quedou ben claro que no noso querido Ulla hai profesionais de gran altura e nivel, protectores de peixes e de pescadores moi por riba dos que sempre queren facer pagar a moitos polas accions duns poucos.
A DxT Campeón/Editorial La Capital. A casa xornalística do Trueiro. A súa rotativa imprimirá en breve o número 30 do xornal. Xornal Trueiro necesitou dun soporte profesional, que sempre nos brindou un grupo editorial comprometido co mundo da pesca.
En como non, a Xesús Carbia, “Louzao”. Para o Trueiro é unha honra estar sempre preto deste gran “Señor do Ulla”. Un home cunha historia pesqueira inmensa. Un gran home e, por rango, Mestre de mestres en Galicia.
Todos eles representan o esforzo por cuidar un patrimonio que debemos mimar porque podemos perdelo nun chisco de ollos. O noso país, a nosa auga, os nosos peixes, son obxecto de agresións que Trueiro seguirá denunciando. A nosa obriga é a de falar coa xente, escoitar e plasmar nos nosos medios as súas inquedanzas e as súas ideas para un futuro mellor.
Neste camiño estamos e seguimos grazas ao apoio fundamental dos nosos compañeiros, colaboradores e patrocinadores. O Trueiro, como moitos ríos, leva en crise dende o seu nacemento porque somos humildes e pequenos, pero somos.
Somos un regato, pero a nosa auga chega ao mar. A nosa obxectividade está baseada en que chegue limpa e pura a pesar dos factores contaminantes que tamén rodean o mundo do xornalismo en non poucas ocasións.
Trueiro é o xornal dos peixes e dos ríos, pero o seu compromiso máis importante é cos pescadores, cos lectores e cos anunciantes.
Por eles seguiremos traballando para que non nos quiten dos ríos. Para que non se use a palabra pescador como algo nocivo. Para que se saiba que non queremos matar peixes, senon pescalos. Para que teña un lugar informativo o traballo das sociedades, dos grupos e colectivos polo ben da pesca, para que a pesca galega se coñeza mais no exterior e poida chegar algún día voltar ser un motor económico do País.
O País...
Fai tempo que manteño un discurso bastante persoal acerca do noso País. En Galicia temos todo moi ben definido, temos País -de todos- dende o agromar dos tempos. Non fai falla que veñan agora con pretensións de explicarnos o que é O País pero ¿facemos País?
Temos o queixo do País, o viño do País, o peixe do País. Comemos o noso País, nutrímonos del, danos a vida e, lonxe de devolverlle polo menos o mesmo, a vida, matámolo. Coidámolo, con perdón, coma o carallo.
Este é o País dos Mil Ríos, dos que escribiron nos seus libros Cunqueiro, Otero Pedrayo, Moralejo e Piñeiro. O País da auga. O dos tres salmónidos que xa quererían para sí a inmensa maioría dos pescadores españois: o salmón, o reo e a troita. Non hai salmóns en Extremadura, nin en Andalucía, nin en Madrid nin en Barcelona. A nosa auga é un bastión para estas especies, un privilexio para os galegos e temos a obriga incuestionable, de defendelo. É un sentimento que debe agromar de dentro de todos nos.
Nos últimos anos non melloramos nada nos ríos. Nada. Non hai mais peixes, non hai mellor calidade de auga, non hai sensibilidade co sector. Nada.
As medidas que se tomaron dende Conservación serviron únicamente para cortarlle dereitos ao pescador. Para cabrearnos máis. As normas, tomadas dende os despachos, e sen escoitar ao colectivo, o único que fixeron e sacar dos ríos aos troiteiros, deixando os cursos desprotexidos dunha figura tan importante para o regato como a londra ou o ameneiro.
A nosa obriga como xornalistas, a obriga do Trueiro, e seguir mantendo a liña tensa do compromiso que adquirimos con todos vos cando, fai oito años, comezamos este soño en papel, deste ateneo, do que teño o enorme privilexio de formar parte.
A miña gratitude con todos. Co Concello de Padrón, un dos concellos que sempre se amosa agarimoso con nos, con Xoiería Modesto de Lugo, que plasmou cun arte impresionante o que son os premios Trueiro. Cos asistentes a este acto, grazas coma sempre, e co inigualable Terio Carrera, que xa con canas, adquiriu tamén o rango de mestre na sua profesión e na vida hai moito tempo.
Por último, quero agradecer a disposición da nova responsable da Dirección Xeral de Conservación por recibirnos días atrás e escoitar as nosas demandas. Como todos os galegos, nos tamén temos que soportar decisións muy duras, erradas, inxustas, dende a esfera política, neste caso dende a anterior dirección xeral. Se pola sua antecesora fose, o Trueiro non existiría. Estaríamos pechados, pero tivo que ler portadas moi clariñas sobre a sua nefasta xestión e aquí seguimos. Seguimos existindo, aguantamos, e existiremos. Porque mentres un de nos, e somos moitos, poida escribir, existirá Trueiro, seguirá polo cauce, sen desviarse, sendo, coma sempre foi, o xornal dos pescadores, dos peixes, dos ríos e dos que queremos auga limpa nesta terra que tanto nos da. Neste País, de todos,  ao que lle debemos todo, entre outras cousas, que exista o Xornal Trueiro.
Moitas grazas e boas noites.

volver a índice de especiales